venres, 21 de abril de 2017

A miña amiga a escuridade

A MIÑA AMIGA A ESCURIDADE



Ella Burfot (2008), A miña amiga a escuridade, ilust. Ella Burfot, Bahía Edicións, [36páx]. (ISBN 978-84-96893-53-5). 

Breve descripción do formato e contido da obra: Este conto trátase dun album ilustrado, de tamaño mediano e forma cadrada. As tapas son duras e ten 36 páxinas. Estas constan de moi pouca letra mentres que as ilustracións son grandes pero case sempre o mesmo colorido. O que máis destaca neste conto é a escuridade, píntana de cor negra e grande, ten un tacto diferente ao resto da páxina, máis suave. Na cuberta podemos ver como sae María co seu peluche dándolle a man á escuridade, o fondo e de cor negro e a escuridade ten outro tacto e un cor más escuro que o fondo. Podemos ver como María non lle ten medo e se divirte con ela. Por outro lado na contracuberta sae a lámpada do cuarto de María coa súa cunca e teteira  iluminando unha frase no medio da escuridade. Por último a destacar ao comezo do conto e ao final sae dúas páxinas con debuxos da escuridade co seu distinto tacto ao resto.


Este conto trata sobre unha nena chamada María que está xogando, pero de repente a escuridade entra pola ventá e pouco a pouco invade o seu cuarto. A nena non se asusta e cóllea da man e ponse a bailar e xogar con ela, sen medo ningún.

Potencialidades: Esta historia presenta a escuridade como amiga dos nenos e nenas, é un conto ideal para evitar o medo a ela. Pódese traballar o momento de ir a durmir e os medos que teñen os cativos neses intres. A escuridade é un tema que moitos pequenos temen á hora de durmir sós

. É un conto ideal para contar ao ir á cama.

Ningún comentario:

Publicar un comentario