venres, 28 de abril de 2017

Cosas que me gustan

Editorial: Todolibro
Ano de publicación: 1.995
Lugar de publicación: Madrid
ISBN: 84-7883-374-9
Idade recomendada: A partir de 1 ano de idade.

Breve descrición do formato e contido da obra:Álbum ilustrado, cadrado, de tamaño pequeno, con tapas e follas duras. Na cuberta aparece o título do libro escrito con letras de distintas cores e por baixo, o debuxo dun carro marelo cunha roda azul cheo de flores de cores e un paraugas verde. 



Ademais na esquina inferior esquerda podemos apreciar o nome da editorial. Todo isto sobre un fondo branco enmarcado por unha liña azul e un marco alaranxado.

Por outra banda, na contracuberta, podemos ver o título doutros contos da colección ademais dos datos de edición enmarcados do mesmo xeito que a cuberta.


No interior do libro, aparecen debuxos de diferentes elementos da natureza cunha gran variedade cromática como un paxaro, o arco da vella, unha bolboreta, un peixe etc. sobre un fondo branco e frases curtas que comezan con "Me gustan..." e o nome dos dous elementos naturais que poden apreciarse cada vez que pasamos de folla. 



Potencialidades: Con este libro, podemos abarcar a temática das cores relacionada con elementos do noso entorno, o nome de ditos elementos e tamén serve para iniciarse na lectoescritura xa que cada imaxe vai acompañada polo seu nome correspondente.





Ningún comentario:

Publicar un comentario