Tullet,
Hervé (2013), Sin título, trad.
Esther Rubio, Francia: Kokinos, [38 pp.] (ISBN:978-84-92750-96-2).
Breve descrición do formato e contido: conto ilustrado que se caracteriza por
ter unha forma rectangular, coas tapas duras e os cantos rematados en punta. En
canto á cuberta, no centro atopamos o título do libro en letras maiúsculas; na
parte superior aparece o nome do autor en letra máis pequena. O fondo é de cor
branca e ten algúns personaxes principais debuxados por toda a tapa. Por outro
lado, na contracuberta, atopamos unha breve descrición do libro na que se
dirixe directamente ao lector, xunto cunha foto do autor e algúns garabatos ao
redor . Neste caso utilízanse diferentes tamaños de letra, para darlle un ton
diferente ás frases que están entre parénteses. Utilízase unha gran variedade de
cores.
En
relación ao interior da obra, este libro destaca pola súa orixinalidade, xa que non é común que un libro teña este título. As ilustracións mesturan diversas técnicas, estando compostas de debuxos, fotografías e múltiples
garabatos, dando a impresión de que son follas pintadas por algunha persoa e
non un libro común. Ademáis, aparecen fotografías do propio autor, algo que o lector non agarda. Éstas abarcan as páxinas impares e pares, dando lugar a
ilustracións dun gran tamaño. Nalgunhas follas non aparece ningunha frase,
sendo o debuxo o elemento principal, e noutras van aparecendo os diferentes
diálogos que teñen todos os personaxes entre si. En canto á letra, xógase co
seu tamaño, enfatizando así algunhas palabras, que aparecen en distintas partes
dependendo da páxina na que nos atopemos. As frases son breves e emprégase un
vocabulario sinxelo. As
cores son moi variadas: cada personaxe aparece sempre coas mesmas
cores, variando unicamente os garabatos que os rodean; isto tamén inclúe a diversidade, pois todos os personaxes son diferentes e conviven nun ambiente de respecto. Na maior parte das
follas emprégase un fondo branco, exceptuando as páxinas nas que se narra un
conto moi breve, que teñen un campo como fondo, e as páxinas nas que os
personaxes están ás escuras, sendo o fondo neste caso totalmente negro.
O
contido trata de dous debuxos que se decatan de que alguén abriu o libro e, como aínda non está acabado, tratan de entreter cos seus compañeiros o lector.
De súpeto, decátanse de que nos contos adoita aparecer algunha historia e van
chamar ao autor, que aínda está rematando esta obra, para que os axude.
Potencialidades: con esta
obra conséguese que os nenos e nenas estean atentos ao que vai pasando, xa que,
ao se dirixir ao propio lector, fai que sexa moi divertido e interactivo. Ademais causa
impaciencia e esperta a imaxinación dos nenos e nenas polo que pasará na
seguinte folla, grazas á súa variedade de ilustracións e cores. É un bó recurso á hora de traballar a diversidade, xa que todos os personaxes que aparecen na obra son distintos. Seguindo a temática do libro, pódese animar aos nenos/as que inventen e debuxen a súa propia historia, alimentando así a súa creatividade. Outra potencialidade é que os nenos tamén poden imaxinar outra historia guiándose polos debuxos, imaxinando o que vai pasando. E o máis importante e do que vai o propio libro: ao non estar rematado, poden ser os propios nenos os que inventen o final.