Páxinas de interese

domingo, 26 de marzo de 2017

Historiada resurrección do papagaio.



HISTORIA DA RESURRECCIÓN DO PAPAGAIO.


Galeno Eduardo, 2008, Historia da resurrección do papagaio, ilust. Santos Antonio, Edicións Kalandraka (2008).[24pp]. (ISBN: 978-84-8464-685-3)


Breve descripción do formato: É un album ilustrado rectangular con cuberta dura, coas páxinas en disposición horizontal, concretamente 24 páxinas, todas elas ilustradas co fondo branco e con texto ou ben nas páxinas da dereita ou da esquerda. Este libro pertence a unha parte do libro "Libros do zorro roxo" (2008) .
A historia narranos como o papagaio cae nunha pota de auga fervendo de sopa, e a nena que era a sua amiga chora a súa morte. Debido os constantes choros da nena vanse enterando as árbores as que reaccionan caéndolle as follas, as laranxas, os homes... cando a noticia chega ao ceo é unha triste noticia, polo que decide revivir o papagaio de varios cores, en honor as árbores, laranxas.... A nena volve sonreir por que resucitou o seu amigo, e ainda que teña diferentes cores ela quéreo igualmente.





Potencialidades:  Este libro podemolo utilizar para traballar conceptos como a morte e a tristeza, xa que son términos que se lle fan moi difíciles de entender aos nenos, e como pasa no libro, gracias a todo o que rodea a nena, mostranlle todo o seu afecto, necesidade esencial cos nenos a estas edades, e gracia a este afecto o seu mellor amigo que é o papagaio resucita.



















Ningún comentario:

Publicar un comentario