Páxinas de interese

domingo, 30 de abril de 2017

LA TARTA DE HADAS


LA TARTA DE HADAS



Escoffier, Michaël (2014), La tarta de hadas, ilust. Kris Di Giacomo, trad. Esther Rubio,Editorial Kokinos, (de 3 a 8 anos) [36 pp.] (ISBN 978-84-041054-6-3).


Descrición de formato e contido: É un álbum de tapa dura de tamaño 35 x 27,50 cm. As ilustracións a dobre páxina son moi cómicas. As personaxes abarcan gran parte das páxinas  e o texto escrito con diferentes tipografías sitúase sobre o fondo dos escenarios. Diferénciase claramente o texto do pai do do fillo xa que ainda que todo está escrito en maiúscula cada personaxe ten un tipo diferente. Nalgúns casos utiliza os “bocadillos” para enmarcar o texto. Tamén se utiliza o aumento de tamaño da letra e incluso a “negrita” para resaltar a parte do texto que se quere enfatizar. Este tipo de letra é ideal para os nenos/as que se están iniciando na lectura. É unha narración construida solo con ágiles diálogos. Mais o mellor son as expresións do  pai e do seu fillo que recrean moi ben a situación.


Esta é unha divertida historia que transcorre na casa dunha familia de sapos á hora de comer. Un sapito, famento, impaciente e caprichoso á hora de comer, dubida de que a tarta que lle preparou o seu pai sexa realmente de hadas, como el lle di. O seu pai está acostumado a inventarse argumentos increíbles total de que coma. Desta vez ten que probarlle que son dragones e que pode voar se termina toda a comida. O  final é moi divertido cando o pai cumpre a promesa de voar: salta pola ventana e, xusto nese momento, un hada pequeña e a súa nai o atrapan para convertelo no ingrediente necesario da tarta de dragón que preparará a nai esa noite.
Potencialidades A tarta de fadas é un claro exemplo da imaxinación e dos argumentos que teñen que inventar os pais as veces con tal de convencer aos seus fillos/as para que coman. O autor deste libro logra que os nenos/as desterníllense da risa con este divertido libro que conta cun final moi divertido. 
Moitos padres, que viven a hora de comer como unha batalla diaria, sentiranse identificados co pai diste conto, e o utilizarán para convencer aos  seus nenos/as de que a comida que está na  mesa é exquisita e que hai que comela. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario