Onde estás, caracol?
Isern Susana (2013),Onde estás,caracol?,ilust. Salaberria
Leire, OQO editora.[ 21 pp]. (ISBN: 978-84-9871-465-4).
Trátase dun conto con cuberta e contracuberta de cartón
duro, forma cadrada e rematadas en punta.
A cuberta consta do título do conto e unha ilustración de
moitas cores na que se pode apreciar unha lagartiña no medio dun bosque.
Na contracubeta atopamos outra ilustración que é a
continuación da ilustración na cuberta na que tamén podemos ver a un caracol
pequeniño enriba dunha folla.
O conto consta de vinte dúas páxinas nas que podemos
atopar unha ilustración acompañada dun pequeno texto.
As ilustracións ocupan dúas páxinas do libro ( páxina par
e impar), utilizan colores chamativos
para os nenos ( roxo, amarelo, laranxa, verde…) e os personaxes principais , o caracol e a
lagartiña, sobresaen na imaxe xa que están nun tamaño máis grande.
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEia_5l80QTsrhTHK2NSeTBXhd7Jfks50iAv-3F2Sb-JNMYviRIIgj3QUXCjWoUurn-IvGfR_U_2iuMpgCyzgk311aTxTAlIsxfIdO9FRpZY7hCEjvMbB-tcQoJWIegjYosZXp2jyGxbF90/s280/IMG_20170421_132104.jpg)
A obra conta a historia de dous amigos, unha lagartiña e
un caracol, que se querían moito e pese a que son moi distintos e teñen moitas
dificultades para estar xuntos , gracias a imaxinación e a constancia conseguen
superar as dificultades e estar xuntos para sempre.
Potencialidades:
Este libro conta con moitas potencialidades para
traballar con nenos e nenas de educación infantil.
Por un lado podemos traballar as partes do día ( mañá,
tarde e noite) xa que no libro as lagartiñas saen por o día, os caracois pola
tarde e pola noite os grilos.
Por outro lado os
diferentes animais que aparecen no libro e o hábitat no que viven ( a largatiña
sempre está o sol, o caracol, o sapo e a lesme en lugares húmidos).
Ningún comentario:
Publicar un comentario