Páxinas de interese

sábado, 29 de abril de 2017

Pepiña Maruxiña Quere voar



Pepiña Maruxiña
Quere Voar
 
Castro Lima, Manuel (2013), Pepiña Maruxiña quere voar, ilust. Francisco Ameixeiras Sánchez, Barafunda Editorial. [36 pp.] (ISBN: 9788494198502)

Breve descripción do formato e contido da obra: É un conto ilustrado en pequeno formato cadrado. O conto narra a historia dunha xoaniña chamada Pepiña Maruxiña, que emprende unha aventura polo xardín á procura dunhas ás.
Pólo camiño coñecerá diferentes animais que a axudarán a cumprir os seus desexos de voar. O conto de Pepiña está baseado na tradición popular de cantarlle ás xoaniñas para protexelas, pero tamén para que emprendan o vóo, para preguntarlles polo tempo atmosférico, para coñecer con quen vas casar, para que faga bo tempo e boas colleitas.

Potencialidades: Este fermoso conto embárcase na aventura co obxetivo de recuperar esta tradición oral mediante o conto ilustrado, pretendendo espertar nos máis cativos o interese pola cultura do noso e o respecto á natureza. É moi importante que os nenos desde edades tempranas, aprendan, a través dos seus pais e os seus educadores, a respetar e a valorar la natureza. O amor pola natureza os levará a apreciar o mundo natural e a actuar en correspondencia con estos sentimentos, contribuyendo a seu coidado e preservación.
A tradición oral e un gran potencial educativo e consigue que os nenos se relacionen co contexto e lles permite interesar polas costumes e as tradicións do seu entorno. Nesta historia, a nosa protagonista Pepiña Maruxiña, persegue o seu sono, isto ensínalle un valores nenos polos cales deben intentar o que realmente queren, xa que con constancia poden conseguir os seus propósitos.  É fundamental a recuperación da tradición oral forme parte da educación dos nenos. Este conto de tradición popular pode aportar os nenos coñecementos sobre as creacións vivas que poden estar nas xeraciones anteriores e deste xeito poderán comprender aspectos da vida cotidiana pasada portando uns valores lingüísticos- literarios.
Outros dos puntos a destacar deste conto e a importancia de converter os seus sonos en realidade e a disciplina de traballar todos los días coa mente posta no logro dos seus obxetivos. Lograr as metas e unha das habilidades máis importantes que os nenos poden aprender, e canto máis temprano aprendan, máis probabilidades tendrán de ter resultados exitosos na vida. Unha vez que os nenos aprendan esta habilidade, podrán alcanzar máis éxito na escola e na casa. Aprender a definir estas metas, a desenrrolar a súa planificación e a traballar para así avanzar e axudarlle os nenos a tener mellores resultados na escola e noutros ámbitos da vida. Ensinarlles a que aprendan cómo lograr as súas metas e desta maneira darles unha sensación de que son capaces de facer todo o que dexesen con esforzo e constancia.


Ningún comentario:

Publicar un comentario