Páxinas de interese

mércores, 13 de maio de 2020

Cando Martiño tivo ganas de mexar na Noite de Reis


Heras, C. (2000). Cando Martiño tivo ganas de mexar na noite de reis, ilust. Kiko Dasilva, Pontevedra: Kalandraka Editora. (ISBN: 978-84-8464-438-5).

Descrición do formato e o contido: libro de capa dura de Chemas Heras. Na cuberta aparece o título, no cal se destaca a palabra Martiño nun formato diferente, exemplificando as nubes, e a Noite de Reis en letra máis grande, o nome do autor e ilustrador, todo o conxunto nun fondo ilustrado no cal se ve a figura po protagonista espido escapandolle a un monstro. Na contracuberta aparece unha imaxe dunhs agasallos ao carón dunha árbore de nadal e unha fiestra pola cal están mirando os tres reis magos. A seguir aparece a páxina de dereitos, na que se reflicten, mediante unha listaxe informativa, datos de autoría, ilustración e copyright. Na portada recóllense os datos da cuberta acompañados dunha iustración diferente. Esta vez o protagonista aparece mexando enrriba da lua e o seu nome no mesmo formato que o da portada. Dende o punto de vista do contido, esta obra aborda, mediante o humor, a temática do nadal, exemplificada na obra coas ganas de mexar que lle entran ao protagonista a noite de Reis. O tren que lle pedira aos Reis viña atado a un penico que ao protagonista non lle importou arrastrar coa locomotora e resto de vagóns do tren. A anécdota parte de como solventa o protagonista as ganas de mexar na noite de Reis, sabendo que seu pai lle advertira que tiña que estar durmido. A obra en si representa un suceso común nas crianzas. Este álbum ilustrado propicia unha lectura que esixe a implicación do ector para seguir o fío da historia e acadar o obxectivo final: vivenciar o Nadal a través da ilusión dos cativos. A estrutura asenta en parágrafos breves que se refiren ás ilustracións, permitíndonos identificar o mencionado no texto. Obsérvase unha forte ligazón entre as ilustracións e o contido, especialmente reflectido na exprescion facial e corporal das personaxes. As ilustracións, elaboradas cun forte colorido, presentan unha forte expresividade o que fan da obra un atractivo dos lectores. A escrita aparece reflectida enrriba das ilustracións e cando se mencionan as cores aparece cada palabra coa súa cor correspondente.

Potencialidades educativas: a lectura desta obra permítenos abordara temática do Nadal dende a ilusión coa que o viven as crianzas. Convídanos a recordar a maxia dese acontecemento tan especial coa que vivíamos cando eramos pequenos/as. Fomenta a imaxinación a partir dun sentimento e de maneira transversal, aborda a aprendizaxe das tres cores primarias. Debido as imaxes da obra, pode adaptarse a calquer idade, xa que a súa efusividade é capaz de captar a atención de calquer público. Esta obra fomenta a imaxinación.

Recursos:
Avance da obra: https://issuu.com/kalandraka.com/docs/cando-martinho-g_f31e5234cad2e8
Experiencias do alumnado: https://www.youtube.com/watch?v=q4098UHWUhA
https://www.youtube.com/watch?v=FLpvW-YsO-Y

Ningún comentario:

Publicar un comentario