Páxinas de interese

xoves, 14 de maio de 2020

Se che pica un mosquito


      Se che pica un mosquito


Gastó, Jordi. (2020).Se che pica un mosquito, ilust.Christian Inaraja, (Ballesteros, Xosé. Trad.) Pontevedra: Kalandraka, [22 pp.]. (ISBN: 978-84-1343-002-7).
Descrición do formato: o álbum con texto de Jordi Gastó, traducido por Xosé Ballesteros e ilustrado por Christian Inaraja. É un volumen en acartone con dimensións son de 17.5 x 22 cm. A cuberta ten un fondo en colores pasteis que nos transmiten un sentimento de tranquilidade. Sobre este fondo aparece un neno e o mosquito que o acaba de picar escapando, nesta imaxe preséntase o problema inicial que lle sucede ao protagonista ao que se lle dá unha solución. Enrriba da ilustración aparece en letras grandes e amarelas o título do libro e enrriba con letras máis pequenas o nome do autor e o ilustrador. Na contracuberta vese só ao mosquito, imaxe que adianta a conclusión final da historia, ademáis de todos os datos de edición.
Contido da obra: cóntase a historia dun neno ao que lle pica un mosquito pero móstrase tranquilo porque coñece un remedio, que consiste nos seguintes pasos: primeiro dar 3 pinchos á pata coxa, segundo berrar alto, terceiro tes que convidar a unha amiga e cantar xuntos, cuarto traer bandeirolas e tocar o tambor, quinto repartir doces, sexto ir a unha festa, sétimo viaxar a unha illa onde viven monstros e fadas, construír un castelo con torre e dragón, inchar un globo para viaxar por diferentes lugares ata a noite. Pero se fixeches todo isto e a picadura aínda segue, ao día seguinte tes que volver repetilo. Todo isto preséntase nun texto moi breve e rimado que marca o ritmo da historia e facilita a súa memorización. As imaxes ocupan sempre a parte central de cada páxina, mentres o texto aparece debaixo en letras minúsculas. Os debuxos son figurativos e cunha liña negra ao redor, destacando moito sobre o fondo plano, o que permite centrar a atención nas accións dos personaxes.
Potencialidades: con esta obra podemos traballar a educación emocional, concretamente a emoción do medo a un becho. Este libro preséntanos as picaduras de mosquito como algo molesto e inevitable, pero o protagonista aporta aos nenos e nenas algúns consellos que lles axudarán a manter a mente ocupada ata que desapareza o comechón. Tamén nos da pé a realizar actividades onde se traballe a imaxinación e a creatividade. É unha obra indicada para  traballar en calquera curso de Educación Infantil, adaptando as actividades complementarias á idade e coñecementos previos das crianzas. Tamén propicia a lectura visual polas imaxes de gran tamaño que ocupan o centro da páxina e representan as accións do texto, así como a memorización da historia, facilitada polas estruturas rimadas.
Recursos educativos: 
Loli Blanco e Helena García (2020). Se che pica un mosquito / Si et pica un mosquit. Recuperado de: http://www.kalandraka.tv/gl/video/mosquito  (consultado o 12/5/2020).

Ningún comentario:

Publicar un comentario