Autor: Tracey Moroney, Editorial: Edicciones SM, ISBN: 9788467516760, literatura de 5 a 8 anos.
Breve descripción do formato e do contido da obra: Este conto é un álbum ilustrado de forma rectangular e con cuberta dura. Concretamente ten 24 páxinas e estas están representadas de forma horizontal. Cabe destacar que as páxinas están moi ben ilustradas,os debuxos son grandes e moi ben representados, o que quere dicir que ainda que non haxa moito texto no conto, a través das imaxes xa podemos ir interpretando a historia e saber o qué se nos quere trasmitir.
Este conto narra a historia dun coelliño co cal os nenos de entre 3-6 anos se sentirá identificado, pois o coello vive situacións cotiás que viven os cativos. Concretamente neste conto poderemos experimentar como se sente o coelliño cando se encontra triste, que pensamentos ten, e cómo lle pode axudar poder falar con alguén que o escoite.
Potencialidades: Este conto forma parte dunha serie de colección de libros nos cales en cada un deles o protagonista, neste caso un coelliño experimentará diferentes emocións: cando se sinte triste, cando ten medo, cando está celoso... Neste en particular, pode axudar a identificar aos máis cativos cando están tristes, o porqué o están, porque senten ao mesmo tempo medo, como podelos axudar a superar eses medos,etc. É un conto que está moi ben xunto co resto da colección para traballar coa educación emocional dos nosos nenos.
Esta é unha ferramenta de carácter educativo ligada á materia de Didáctica da Lingua e Literatura Infantil, da Facultade de Ciencias da Educación de Ourense (Universidade de Vigo). Nela vanse ir recollendo as descricións das lecturas que realizaremos ao longo do cuadrimestre e incidirase sobre todo nas potencialidades das obras seleccionadas, o que pode ser de axuda para outros docentes e mediadores en xeral (bibliotecarios, pais e nais etc.)
Este conto paréceme moi axeitado tanto para os nenos como para os pais. Para os nenos, para que vexan o exemplo do coello e de como cando expresa os seus sentimentos se sentíu mellor. Para os pais, para que vexan a importancia de falar cos seus fillos e que estes lles expresen os seus sentimentos, o cal os fan sentir mellor. Este libro pertence a unha colección de libros que tratan sobre distintas emocións, como o que subín eu "Cuando estoy celoso".
ResponderEliminar