Mercé, Viana (2004), Os
tres amigos, ilust. Xan López Dominguez, trad. Ignacio Chao, Pontevedra:
Xerais, col. Paseniño, [22 pp]. (ISBN: 84-9782-153-X).
Breve descrición do formato e contido da obra: Libro ilustrado poético no cal os protagonistas son unha
fada e unha anguía que saen xuntas a xogar ao mar, ata que un día atopan a un
golfiño que os leva de excursión e amósalles cousas fermosas que esconde e
pasan unha bonita experiencia.
En primeiro lugar, destacar esta forma de poesía,
estrofa con dous versos pareados con rima consonante, sempre se encontra nas páxinas
pares, e preséntanse dobremente, en letra manuscrita e en maiúscula. No medio
destas, encóntrase o debuxo dunha anguía que cobra animación se pasamos as
páxinas de corrido. Nas páxinas impares están as ilustracións a toda cor que relatan o texto de
forma gráfica.
Desde o meu punto de vista o que máis me gusta é o
final aberto, xa que estimula a imaxinación e creatividade do lector, aspecto
que considero importante para os máis pequenos e pequenas. Debe estar presente
nas aulas, o alumnado debe poder ter autonomía para decidir e expresar as súas
opinións. Por iso, penso que é un bo conto para que pensen no final que cada un
lle queira dar segundo o seu criterio. Pode ser un punto de partida, para unha
asemblea sobre o final no que cada persoa aporte as súas ideas.
Por outro lado a temática do mar. No conto faise
unha viaxe dicindo algunhas cousas coas que nos podemos atopar no fondo mariño.
Resultaría interesante traballar vocabulario neste campo, por exemplo os nomes
dos peixes, as partes do barco…
O formato facilita o recoñecemento de diferentes
tipos de modalidades para o inicio da lectura, dando tamén ao lector, autonomía
para elixir que ademais mostra a dimensión lúdica asociada ao proceso da
lectura (texto en relación as imaxes), entendido este como un xogo produtivo e
dinámico.
Ningún comentario:
Publicar un comentario