MAMÁ CABRA, S.
BORRÁS e G. SÁNCHEZ (2019). A fraga do
meu avó. Ilust. María Lires. Vigo: Editorial Galaxia, col Sonárbore, 26 pp.
(ISBN: 978-84-9151-359-9).

Ao longo das páxinas amósanse fermosas ilustracións cheas de cor, entre os
elementos do libro destacan as árbores, as follas, animais… Para a realización
das mesmas empregouse unha técnica mixta mediante diversas texturas realizadas
a man con pintura acrílica e diversas técnicas experimentais. En todas as ilustracións
predominan as cores verdes e marróns propias do mundo natural.
En cada par de páxinas aparece unha canción escrita en verso, baixo o
título da mesma en letra maiúscula. A tipografía empregada é sinxela e de cor
negra, adoita aparecer sobre fondo branco, agás nalgunhas páxinas sobre fondo
verde ou marrón. Cada canción ocupa a páxina enteira e na contigua amósase unha
ilustración relacionada co contido.
Dende o punto de vista do contido
pódese dividir en dúas partes: un primeiro poema no que, póndolle voz ao
bosque, se lle transmite aos nenos/as a necesidade do seu coidado para poder
seguir gozando del coma ata agora. A outra parte corresponde cun conxunto de
letras de cancións, das que podemos gozar co Cd que contén no final. Estas
cancións intentan transmitir diversas mensaxes para o coidado da natureza como:
aproveitar os papeis por ámbalas caras, intentar diminuír o uso dos
transportes, non tirar lixo. Ademais preséntanos a problemática dos bosques
autóctonos e dos espazos naturais e todo o que eles nos proporcionan; todo isto
cheo de música, poesía e alegría.
Potencialidades: A fraga do meu avó ten como
principal obxectivo acercar os máis pequenos/as á problemática actual dos
bosques autóctonos e conciencialos da importancia destes. Esta lectura axúdanos
a mostrarlle aos nenos e nenas todo o que non proporciona o medio natural e a
diversión e felicidade que nos facilita. Ademais incide nas prácticas que
debemos de cambiar para mellorar a problemática actual. Este álbum ilustrado
permite achegar aos máis pequenos ao mundo da natureza, propiciando tamén novos
coñecementos e aprendizaxes relacionadas co medio ambiente. Todo isto faino coa
axuda da poesía, da música que tanto apaixona aos pequenos/as e de fermosas e
rechamantes ilustracións.
Recursos:
Mamá Cabra (2019) A fraga do meu avó [Arquivo de vídeo] Recuperado de https://www.youtube.com/watch?v=F08Rpn55wVU
Ningún comentario:
Publicar un comentario