MC BRATNEY, Sam (2017). Adivina cuánto te quiero. Ilustr. Anita
Jeram, trad. Esther Rubio. Madrid: Kókinos, 32 pp. (ISBN: 978-84-8342-06-5)
Descrición do formato e o contido: álbum ilustrado cunha cuberta dura e resistente e dimensión de 25x22. A
súa cuberta amosa os personaxes deste álbum ilustrado no centro entre o título
do mesmo. Na primeira folla aparecen os datos correspondente á ficha
bibliográfica do libro; a seguinte corresponde coa portada na que aparece o
título da obra en cor gris cunha tipografía de tamaño axeitado para o potencial
destinatario da obra enriba dos personaxes da historia. Por último, na
contracuberta, en poucas liñas, exprésase a esencia da obra e do amor en si
xunto cunha ilustración das protagonistas.
Ao longo das páxinas pódese observar un fondo branco sobre o que resaltan
as ilustración, sinxelas e de cores pasteis. En todas as páxinas aparecen as dúas
protagonistas da historia e un paisaxe con árbores, prado e ceo. Son imaxes
reais que nos axudan a interpretar e entender o que ocorre ao longo da
historia. A tipografía utilizada é
sinxela, de cor negra e dun tamaño axeitado. Adóitase ver en todas as páxinas
do libro en distintas disposicións. A linguaxe é clara e comprensible para a
infancia.
Dende o punto de vista do contido nárrase a
historia dunha lebre mamá e a súa filla na cal ámbalas dúas “compiten” en
demostrar quen quere máis a quen. Un narrador externo conta a historia, a lebre
pequena cor de abelá estira os seus brazos, brinca, álzase na punta dos pés…
pero a lebre grande cor de abelá polo seu maior tamaño sempre parece demostrar
máis amor. A lebre pequena pensou que nada podía estar máis lonxe que a lúa e
quedou durmida. A historia remata coa lebre pequena durmida, mentres a súa nai
lle di que a quere ata a lúa e volta.
Potencialidades: coa
lectura desta obra pódense abordar distintos aspectos, coma unha reflexión
sobre o amor e a súa imposibilidade de medilo, a expresión dos sentimentos e
emocións e tamén coñecementos relacionados coas medidas e lonxitudes. Este álbum ilustrado aporta diversas opcións de traballo cos máis pequenos
e pequenas: pódese traballar a expresión das súas emocións mediante diversos
xogos, unha caixa chea de palabras relacionadas co afecto pode ser o punto de
partida para comezar a expresarse. Tamén se pode aproveitar para traballar
conceptos relacionados coas medidas mediante diferentes actividades de lóxica
matemática ou incluso psicomotricidade.
Recursos:
Beatriz, M (2016)
Adivina cuanto te quiero-Sam Mc Bratney- cuentos infantil [Arquivo de vídeo].Recuperado de https://www.youtube.com/watch?v=M9yLpuvdHc8
Elisa L. y Santiago Y
(2004) Guía de lectura [Mensaxe nun blog]. El valor de un cuento. Recuperado
de http://blog.uclm.es/cepli/files/2016/07/Fad_Adivina.pdf
Luís, E (2013). Adivina cuánto te quiero en español [Arquivo de vídeo].
Recuperado de https://www.youtube.com/watch?v=5q9gLH6u9f4. Neste video pódese escoitar e ver o conto de
forma animada.
Tulabooks (2016)
Adivina cuanto te quiero. Ficha de lectura y actividades [Mensaxe nun blog]
Cuentos para crecer. Recuperado de https://cuentosparacrecer.org/blog/adivina-cuanto-te-quiero-ficha-lectura-y-actividades/
El análisis es adecuado al libro y me parece muy intetesante que destaque como potencialidad educativa la existencia de un amplio vocabulario sobre el afecto. Esto puede ayudar a los/as niños/as a expresarse, como bien indica.
ResponderEliminarMe gustaría añadir que en ningún momento se dice si la libre grande color avellana es un hombre o una mujer por lo que los/as niños/as pueden identificar este personaje con su madre o padre indistintamente. Es decir, mientras leen este cuento pueden pensar en la persona que les haga sentir este tipo de afecto.