Páxinas de interese

mércores, 8 de abril de 2020

A avoa adormecida


PARMEGGIAN, R (2014). A avoa adormecida. Ilustr. Joâo Vaz de Carvalho, trad. Xosé Ballesteros. Pontevedra: Kalandraka Editora, 40pp. (ISBN: 978-84-8464-914-4)

Descrición do formato e o contido: álbum ilustrado cunha cuberta dura e resistente e follas grosas. A súa forma é rectangular cunhas dimensión de 18,5x28 cm. Na súa cuberta podemos ver unha ilustración dunha persoa maior contenta deitada nunha cama. Aparecen tamén o título en letra grande e negra e os nomes do autor, ilustrador e da editorial. Nas gardas aparecen diversos debuxos de papaventos con diferentes tonalidades de marróns, que parecen querer simular a morte co sentido de voar e irnos ao ceo coma os papaventos. Na primeira folla aparecen os datos correspondente á ficha bibliográfica do libro; a seguinte corresponde coa portada na que aparece o título da obra en cor negra cunha tipografía de tamaño mediado enriba dunha imaxe dunha casa. Por último, na contracuberta, aparece unha ilustración dunha parella maior dentro dun círculo sobre un fondo escuro.
Ao longo das páxinas pódese observar un fondo branco sobre o que resaltan as ilustración, sinxelas e de tons fríos (marrón, gris, azul…) semellando a tristeza. Utilízase a técnica de acuarela e o lapis; a tipografía utilizada é sinxela, de cor negra e dun tamaño pequeno. Contén textos reducidos e simples nos que se transmite o paso do tempo e a dor da perda de persoas próximas a nós.

Dende o punto de vista do contido, un neno vai contando a súa vida en compañía da súa avoa. Vai explicando todas as cousas divertidas que facían xuntos no pasado e compáraas co presente dominado por unha fase na que a súa avoa está a piques de morrer, deitada nunha cama. A historia remata sen a avoa que xa está voando alto cos papaventos.

Potencialidades: coa lectura desta obra pódense abordar distintos temas de interese: a morte, enfermidade do alzheimer ou demencia, o amor e importancia dos avós. A partir desta lectura pódese abarcar temas coma a morte ou enfermidade de forma máis cautelosa, natural e menos dura para os nenos/as. Ademais de reforzar as relacións avó-neto/a que tanta importancia teñen.

Recursos:

Brabadegos (2015) Vogar sobre o mar do cuarto en que soña. [Mensaxe nun blog]
Pontelectura infantil (2018) A avoa adormecida [Mensaxe nun blog] Pontelectura
Nicolás, R. (2015), A avoa adormecida de Roberto Parmeggiani [Mensaxe nun blog]

Ningún comentario:

Publicar un comentario