PARMEGGIAN, R (2014). A avoa adormecida. Ilustr. Joâo Vaz de
Carvalho, trad. Xosé Ballesteros. Pontevedra: Kalandraka Editora, 40pp. (ISBN:
978-84-8464-914-4)
Descrición
do formato e o contido: álbum ilustrado cunha cuberta dura e resistente e follas grosas. A súa
forma é rectangular cunhas dimensión de 18,5x28 cm. Na súa cuberta podemos ver
unha ilustración dunha persoa maior contenta deitada nunha cama. Aparecen tamén
o título en letra grande e negra e os nomes do autor, ilustrador e da
editorial. Nas gardas aparecen diversos debuxos de papaventos con diferentes
tonalidades de marróns, que parecen querer simular a morte co sentido de voar e
irnos ao ceo coma os papaventos. Na primeira folla aparecen os datos
correspondente á ficha bibliográfica do libro; a seguinte corresponde coa
portada na que aparece o título da obra en cor negra cunha tipografía de tamaño
mediado enriba dunha imaxe dunha casa. Por último, na contracuberta, aparece
unha ilustración dunha parella maior dentro dun círculo sobre un fondo escuro.
Ao longo das páxinas pódese observar un fondo branco sobre o que resaltan
as ilustración, sinxelas e de tons fríos (marrón, gris, azul…) semellando a
tristeza. Utilízase a técnica de acuarela e o lapis; a tipografía utilizada é
sinxela, de cor negra e dun tamaño pequeno. Contén textos reducidos e simples
nos que se transmite o paso do tempo e a dor da perda de persoas próximas a
nós.
Dende
o punto de vista do contido, un neno vai
contando a súa vida en compañía da súa avoa. Vai explicando todas as cousas
divertidas que facían xuntos no pasado e compáraas co presente dominado por
unha fase na que a súa avoa está a piques de morrer, deitada nunha cama. A
historia remata sen a avoa que xa está voando alto cos papaventos.
Potencialidades: coa lectura desta obra pódense abordar distintos temas
de interese: a morte, enfermidade do alzheimer ou demencia, o amor e
importancia dos avós. A partir desta lectura pódese abarcar temas coma a morte ou enfermidade de forma máis
cautelosa, natural e menos dura para os nenos/as. Ademais de reforzar as
relacións avó-neto/a que tanta importancia teñen.
Recursos:
Brabadegos (2015) Vogar sobre o mar do cuarto en que
soña. [Mensaxe nun blog]
Brabadegos. Recuperado de http://brabadegos.blogspot.com/2015/01/vogar-sobre-o-mar-do-cuarto-en-que-sona.html
Pontelectura
infantil (2018) A avoa adormecida [Mensaxe nun blog] Pontelectura
infantil.
Recuperado de http://pontelecturainfantil.blogspot.com/2018/04/a-avoa-adromecida.html
Nicolás,
R. (2015), A avoa adormecida de Roberto Parmeggiani [Mensaxe nun blog]
Caderno
da crítica. Recuperado de https://cadernodacritica.wordpress.com/2015/01/28/a-avoa-adormecida-de-roberto-parmeggiani/
Ningún comentario:
Publicar un comentario