DÍAZ, R. (2010). ¿
Hay algo más aburrido que ser una princesa rosa? Barcelona: Thule Edicions (ISBN: 978-84-9259-558-7).


As imaxes interiores seguen o mesmo estilo que a cuberta
e contracuberta. En xeral son imaxes animadas sobre fondos sinxelos e de cores
escuras ao principio, cando lle din que ten que vestir de rosa, mentres que se van volvendo máis alegres cando lle din que pode
vestir das cores que queira, igual que os príncipes.
O texto é moi sinxelo, de carácter argumentativo, e con
diálogos. Segue unha estrutura lineal, breve e cun vocabulario doado e
comprensible para nenas e nenos. O tema central é o cuestionamento dos roles de
xénero, en especial a través da connotación das cores que caracterizan ás nenas
e as que caracterizan aos nenos. Isto reflíctese no que lle ocorre á
protagonista, que ten toda a roupa e a habitación de cor rosa, malia que a ela
non lle gusta. É por iso que lle vai preguntando a diferentes personaxes porqué
ten que vestir de rosa e non doutras cores, ao cal todos lle responden que é
así porque é unha flor. Todo muda cando o último personaxe, o X, lle di que
pode vestir da cor que queira.
Potencialidades
do conto: a lectura desta
obra permite abordar cuestións relacionadas cos roles de xénero, en especial o
condicionamento que sufrimos dende que nacemos polo feito de ser homes ou
mulleres. A lectura de obras coma esta permite reflexionar sobre estes
condicionamentos e tomar consciencia da necesidade de erradicalos. Para iso, é
necesario analizar a realidade e valorar a diferenza, a diversidade e a
liberdade individual e colectiva. Achegar modelos como a protagonista a nenas e
nenos dende idades temperás é apostar por un futuro en equidade, ao traballar
moitos aspectos sobre a igualdade e a deconstrución dos roles de xénero.
Traducións/premios: esta obra chegou ás librerías en novembro de 2010; foi
traducida a catro idiomas e xa ten máis de dez
edicións en castelán e catro en catalán. Como adaptacións salientamos a versión teatral, de moito máis alento, tanto
polo número de páxinas coma polo de personaxes, polo tanto pódese
considerar como unha obra nova baseada neste conto. Tráiler da adaptación ao
teatro: https://www.youtube.com/watch?v=HXLXZhVn3R8&feature=emb_logo
Ningún comentario:
Publicar un comentario