Llenas, A. (2012). O
monstro de cores. Barcelona: Editorial Flamboyant, [48 pp.]. (ISBN:
978-84-941578-8-2).
Breve descrición do formato
e contido da obra: É un libro con formato en cartoné. A cuberta contén o título do
libro e os nomes da editorial e da autora. Tamén se aprecia unha ilustración
que nos serve para poder encamiñar a historia, na que se ve un monstro verde
cun xogo de burbullas de cores. Na contracuberta aparecen as burbullas coas que
xogaba o monstro na cuberta, que é o que podemos ver tamén na portada. A
historia que se conta é a dun monstro que ten unha lea coas emocións, dado que non é capaz de ordenalas e identificalas. Logrará o seu obxectivo coa axuda dunha nena. Para representar as emocións recórrese ás burbullas de cores. Con elas logra saber cal é
cada emoción e, polo tanto, saber como se sente en cada momento.
Breve descrición do formato
e contido da obra: É un libro con formato en cartoné. A cuberta contén o título do
libro e os nomes da editorial e da autora. Tamén se aprecia unha ilustración
que nos serve para poder encamiñar a historia, na que se ve un monstro verde
cun xogo de burbullas de cores. Na contracuberta aparecen burbullas coas que
xogaba o monstro na cuberta, que é o que podemos ver tamén na portada. A
historia que se conta é a dun monstro que se fai un lío coas emocións que están
representadas por burbullas de cores e debe ordenar as cores para saber cal é
cada emoción e, polo tanto, saber como se senten en cada momento.
É un álbum ilustrado
narrativo, no que as ilustracións son fundamentais. Nelas podemos ver que os
personaxes son redondeados. Cada emoción vaise desenvolvendo nunha páxina,
cunha cor asociada. Nestas ilustracións podemos ver que utiliza a acuarela e
ceras como materiais maioritarios. Ademais é un libro que esixe a implicación
do lector para interaccionar coa lectura, que vai avanzando a través da
relación que fai entre as emocións e as cores. O álbum tamén conta cun campo
semántico adaptado en todo momento para o lectorado potencial que serán nenos e
nenas e mestres e mestras de educación infantil e, polo tanto, para todo o
lectorado.
Potencialidades formativas: a lectura desta obra permite
que nenos e nenas teán coñecemento de cada emoción, que saiban identificalas e
diferencialas. Os xogos cromáticos favorecen esta distinción e tamén tomar
conciencia sobre o que sentimos en diferentes situacións, como xestionamos o
que sentimos e as respostas que observamos ao noso redor cando experimentamos
cada unha destas emocións.
Recursos educativo: https://www.youtube.com/watch?v=t8yy_AIeTAA
Ningún comentario:
Publicar un comentario