Battut, Éric (2011). Todos menos uno, Barcelona: Editorial
libros del zorro rojo. [32 pp.]. (ISBN 13: 978-84-92412-84-6).
Descrición do formato
e do contido: Todos menos uno é un álbum ilustrado de ÉricBatutt, cuxos temas
principais son a aceptación dun mesmo e a diversidade. Non é fácil ser distinto
debido ás críticas, pero conseguir ser feliz é posible. Este libro axuda a que os lectores perciban as críticas e
discriminacións que reciben certas persoas por non ser iguais á maioría. Cada
persoa debe aceptarse tal e como é, valorándose a si mesmo/a.
Desde
o punto de vista formal, trátase dun libro de tapa dura, con formato cadrado
28x23 cm. Na cuberta pódese ver o título da obra, o nome do autor e a imaxe dun
chícharo agarrando unha pluma moi grande, utilizando cores moi verdosas. A
contracuberta é de cor verde tamén.
Desde
o punto de vista do contido, este libro presenta a historia dun chícharo que
quere ser diferente ao resto dos que vivían con el na súa casula, entón un día
decidiu saltar dela. Percorreu varios lugares coñecendo outros animais. O chícharo
ía fixándose e elixindo o que máis lle gustaba de cada animal para así sentirse
ben consigo mesmo, por exemplo, ao pavo real arrancoulle unha pluma, pintouse
da cor do tigre...., aspectos que se adiantan na cuberta do álbum.
Un
tempo máis tarde volveu ao casulo cos compañeiros e todos se sorprenderon nun
principio, aínda que despois ríanse e burlábanse del. Isto levou ao
protagonista a cavar un burato na terra e agocharse nel, ata que tempo despois floreceu
unha nova planta chea de chícharos felices e diferentes.
O
texto conta cun narrador heterodiexético, o cal presenta ao protagonista,
introduce o conflito e pecha a historia, de estrutura recorrente, con encadeamentos.
O protagonista destaca pola súa sinxeleza e humildade. Utilízanse frasescurtas
e as ilustracións achegan novos conceptos, por exemplo, nomes de animais, obxectos,
os propios animais. As ilustracións aparecen en páxinas separadas, agás unha que
ocupa a dobre páxina. Están realizadas sobre fondos brancos, nos que se van incorporando
cores novas gradualmente.
Potencialidades
educativas: Este álbum é
recomendable para traballar con nenos/as para que vexan a importancia que ten a
diversidade e a aceptación de un mesmo para ser feliz. Debemos respectar aos
demais por moi distintos que sexan, os seus gustos, a súa vestimenta, as súas
preferencias, é dicir, as súas decisións. É un libro que inspira a que cada
persoa elixa o seu propio camiño en cada momento da súa vida. Dende pequenos
dámoslle verdadeira importancia ao que pensan os demais de nós, con este libro
podemos reflexionar acerca da importancia que lles damos a esas opinións e da
maneira que inflúen sobre nós. Tamén se pode falar da integración, debido a que
o chícharo estaba integrado cos demais pero el non se sentía a gusto, o que pode
pasar perfectamente con alumnos/as nunha aula de educación infantil.
Recursos educativos
Carlos, J (2011). Soñando cuentos: http://sonandocuentos.blogspot.com/2011/04/todos-menos-uno.html
Opinión de JudithMilligan (Equipo boolino) acerca do
libro: https://www.youtube.com/watch?v=EkpBDMvZpek
Pekeleke (2020): https://pekeleke.es/libros/todos-menos-uno-de-eric-battut/
Versión apoiada por imaxes da obra: https://www.youtube.com/watch?v=jJ7dSgeXLyY
Versión apoiada por imaxes da obra: https://www.youtube.com/watch?v=FnohWGEg5_M
Versión apoiada por imaxes da obra: https://www.youtube.com/watch?v=EOb8EIa2Jg0
Versión animada da obra: https://www.youtube.com/watch?v=PWhONec2WFc
Ningún comentario:
Publicar un comentario