Este dossier, autoría de Nuria Alonso Gómez, Nuria Blanco Álvarez e Brenda Pedreira Estévez (2020-2021), recolle unha proposta de lecturas para a educación literaria da infancia. A seguir inclúense as fichas bibliográficas das obras literarias seleccionadas e a súa análise.
Piñeiro
Ficha bibliográfica
Rubio, Antonio (texto) (2018). Piñeiro, Ilus. Óscar,Villán, trad.Manuela, Rodríguez, Pontevedra: Kalandraka Editora, col. do berce a lúa, setembro 2018, (20) pp. (ISBN): 978-84-8464-856-7. [Primeira edición maio, 2014]
Procedencia do volume consultado:
Biblioteca Pública Rosalía de Castro (Campus de Ourense).
Análise dos paratextos
Tanto a capa coma a contracapa son de cartón duro e de cor azul. Na capa aparece unha árbore acompañada do nome do conto, editorial e autores. Na contracapa encontrase unha margarida, acompañada dos datos do conto.
As cores empregadas para ambas e para o conto en sí son neutras.
O conto está composto por un texto sinxelo e de fácil lectura ao estar en maiúscula xa que o fai máis visual. O texto ten sonoridade, o que nos permite contalo cantado. As páxinas están cubertas polos dous sentidos.
Tras o análise dos paratextos do conto, podemos interpretar que este conto é apto para 1-2 anos.
Imaxes
Potencialidades formativas
Con este conto os nenos e nenas poden aprender algún número ordinal e vocabulario sinxelo.
Recursos asociados á obra para mediadores:
Do mesmo autor e pertencente á mesma colección podemos atopar contos de características similares.
Outros recursos:
Videos de youtube contando o conto: Videos.
Oigo
Ficha bibliográfica:
Oxenbury, Helen (texto e ilust.) (1985), Oigo. Barcelona: Círculo de lectores S.A. (14) pp. (ISBN: 84-226-8478-0).
Procedencia do volume consultado:
Biblioteca municipal de Nigrán.
Análise dos paratextos:
Tanto a capa coma a contracapa son de cartón duro. Na capa aparece un neno tapando un oído e un can ladrando. Tanto a capa coma a contracapa teñen o borde de cadros brancos e azuis.. Na contracapa encóntranse dous nenos, un tumbado e outro agarimandoo. No lombo amarelo atopamos o autor, a editorial e o título. Na capa traseira atopamos ademais os datos editoriais.
O conto case non ten texto, en cada aprella de páxinas atopamos unha palabra en castelán que representa aquilo que fai ruído.
Nas páxinas pares aparece a palabra acompañada dun debuxo descritivo. Nas páxinas impares unha demostración ilustrada de como fai ruido. Por exemplo, na páxina par atopamos can e un debuxo dun can, e na páxina impar o neno acompañado do can ladrando. As cores empregadas nas imaxes son cores claras que aportan tranquilidade ao conto.
Tras o análise dos paratextos do conto, podemos interpretar que este conto é apto para 0-1.
Imaxes
Potencialidades formativas:
Con este conto os nenos e nenas poderán coñecer vocabulario básico e os sons que realizan eses obxectos.
Recursos asociados á obra para mediadores:
Do mesmo autor e pertencente a mesma colección podemos atopar contos de características similares.
Polo Pepe (POP UP).
Ficha bibliográfica:
Denchfield, Nick (texto) (1997). O polo pepe. Ilus, Ant Parker, trad, Marta Gallas, Vigo, editorial SM Xerme, col, E, 2013 (12) pp, (ISBN) 978-84-9854-39. [primeira edición octubre, 2013], [segunda edición setembro, 2015].
Procedencia do volume consultado:
Biblioteca Pública Rosalía de Castro (Campus de Ourense).
Análise dos paratextos:
Se nos fixamos nos paratextos deste conto, podemos apreciar a simple vista que é un álbum ilustrado, en formato cadrado, pequeno e de follas fortes e resistentes para que os nenos e nenas o poidan coller e manipular.
Na cuberta aparece no centro o polo pepe e ao lado un monte de grao de millo, tamén aparece o nome do autor do texto e o autor das ilustración e a editorial.
As ilustracións son moi sinxelas, con figuras ben contrastadas contra fondos brancos e e cores intensos coma o azul, sendo moi fácil recoñecer o protagonista xa que sempre sae en gran tamaño, ocupando case por completo as páxinas.
Este álbum ilustrado está formado por frases moi sinxelas e cunha letra de gran tamaño as cales describen cómo é o polo e que é o que fai, este tamaño da letra nunca cambia ao igual que a súa cor.
O texto está relacionado coas imaxes que aparecen en cada páxina.
Despois de analizar os paratextos podemos interpretar que este conto é apto para nenos e nenas dunha franxa de idade de entre 1 e 2 anos.
Imaxes.
Potencialidades formativas:
Con este álbum ilustrado os nenos e nenas poderán coñecer as partes do corpo dos poliños e das aves en xeral. Por outra banda tamén serve para conciencialos sobre a boa alimentación, que neste caso lle serve ao polo pepe para medrar.
Recursos asociados á obra para mediadores:
En outros formatos podemos atopar o conto acompañado dun peluche do protagonista do propio conto. Posteriormente o autor a partir deste conto, publicou outros como por exemplo o polo pepe e os colores.
Outros recursos: a partir deste conto álbum ilustrado creouse unha canción do polo pepe.
Cosas que parecen cosas
Ficha bibliográfica.
Benegas, Mar de (texto) (2020) Cosas que parecen cosas. Ilus Alberto Albarrán, Barcelona. Combel edicións, col. E, (18) pp. (ISBN) 978-84-9101-641-0 [primeira edición: febreiro, 2021].
Procedencia do volume consultado: Biblioteca Pública Rosalía de Castro (Campus de Ourense).
Análise dos paratextos:
Se nos fixamos nos paratextos deste conto, podemos observar a simple vista que conta cunha cuberta dura, ao igual que cada unha das súas páxinas, na cal aparece o título, a autora do texto e o autor das ilustracións. Ademais, abaixo de todo podemos apreciar o nome da editorial. Na portada predomina a cor laranxa pero tamén aparece a cor azul simulando as nubes e unha luna de cor amarela deitada nelas. Na cuberta traseira podemos ver que aparece un código de barras, a colección, outra vez o nome da editorial, a autora do texto e autor das ilustracións, o ano da edición o ISBN e un pequeno resumo, nesta cuberta traseira predomina a cor azul ceo.
Ao abrir o conto podemos ver que a páxina está completamente pintada de laranxa, cun oco no de cor amarelo simulando o sol, e debaixo deste comeza o texto. O texto é claro e sinxelo en todo o conto, coa letra sempre no mesmo tamaño e cor. A letra do conto vai alternando de lugar as veces aparece na páxina dereita, outra na esquerda e outra nas dúas. Se comparamos o texto coas imaxes podemos decatarnos de que as imaxes sempre son maiores que o texto polo que podemos deducir que se lle dan máis importancia. As imaxes sempre están relacionadas e van acorde ao texto, pois cando fala do sol aparece a imaxe do sol, cando fala do xeado a imaxe do xeado, cando fala dunha pelota a imaxe dunha pelota e así sucesivamente ata o final. Xoga moito coas tonalidades e as cores, o que fai que sexa moi visual para os máis cativos e cativas.
Este conto trata as adiviñas, e en cada páxina podemos descubrir imaxes novas, as cales parecen unha cousa pero ao final son outras.
Despois de analizar os paratextos podemos interpretar que este conto é apto para nenos e nenas dunha franxa de idade de entre 1 e 2 anos
Imaxes:
Potencialidades formativas: Este conto danos a oportunidade de xogar ás adiviñas. Ademais aparecen diferentes elementos que podemos aproveitar para traballar como son as frutas, o sol, un xeado ou unha pelota, elementos moi comúns no día a día e que seguramente eles e elas xa coñecen.
A que sabe a lúa?
Ficha bibliográfica
Grejniec, Michael (texto e ilus) (2021). A que sabe a lúa? (Wie schmeckt der Mond? 1993), Trad. Carmen Barreiro. Pontevedra, Editorial Kalandraka, col. Tras os montes, décimo sexta edición, xaneiro 2021 (26) pp. (ISBN): 978-84-8464-625-1. [Primeira edición: maio, 1999]
Análise dos paratextos.
A cuberta e contracuberta son duras. Na cuberta aparece a lúa, protagonista do conto, xunto a un animal, co que podemos intuir que o texto vai relacionado con eles. Tamén aparece reflectido o nome do conto co autor e editorial deste. Na contracuberta volve a salir a lúa con outra perspectiva acompañada do nome da editorial e código de barras. Estamos ante un conto narrativo.
Contén gardas lisas, en cor gris tanto antes da cuberta como antes da contracuberta. Despois atópase unha primeira portada, na que aparece o título no medio da páxina, enriba o nome do autor e debaixo a editorial, tras esta atopamos os datos do conto, e ao carón desta unha segunda portada con outra imaxe da lúa, nome e editorial. A continuación da segunda portada aparece unha imaxe da lúa que ocupa as dúas páxinas.
De seguido xa comeza o texto do conto. Na doble páxina unha ten fondo branco co texto e na outra xogan cun fondo de tonos oscuros para que destaquen os debuxos que hai, como son a lúa e os animais que van aprecendo ao longo do conto. Nas última páxinas a imaxe volve ocupar ambas páxinas.
O texto está en minúsculas pero te un tamaño mediano polo que facilita a lectura e ten carácter acumulativo.
Tras a análise dos paratextos do conto, podemos interpretar que este conto é apto para 2-3 anos.
Imaxes
Potencialidades formativas:
Neste conto traballase a acumulación, con el o alumnado tamén aprende diferentes animais
Outro recursos:
Vídeos de youtube: Videos
De la cabeza a los pies
Ficha bibliográfica
Carle, Eric (texto e ilust.) (2017), De la cabeza a los pies (From Head to Toe, 1997), Trad. Esther Rubio, Madrid: Editorial Kókinos, col. Eric Carle, (24) pp. (ISBN:978-84-16126-99-6). [primera edición: 1997]
Análise dos paratextos
Capa e contracapa duras. Na capa aparece un gorila pintado con cores azuis escuras. O título está situado na parte superior dereita e baixo o nome do autor. O nome do autor está posto en cores vermellas o que fai que resalte sobre o resto de letras. Na capa traseira atopamos un neno e a un flamenco. Sobre estes un pequeno texto que invita a ler o conto. Na parte inferior desta atópase a colección e o código de barras. No lombo blanco, aparecen o autor, o tútilo e a editorial.
Tras a capa, e antes da capa traseira, atopamos dúas páxinas de gardas, cunha mestura de cores vivas.
A continuación atópase unha páxina cos datos editoriais do conto e a continuación a portada. Nesta atopamos o título do mesmo xeito que na capa, pero neste caso o elemento principal desta é un neno que se está a tocar a cabeza e o pé.
O conto conta unha historia sinxela en castelán. O texto e breve en cada páxina. A letra é minúscula e sinxela de ler. Nel invítase aos nenos a imitar o que se narra.
As imaxes sitúanse a doble páxina, contando a mesma historia en ambas. Nelas aparecen un neno acompañado dun animal. Tanto os nenos coma os animais varían en cada parella de páxinas. As cores son variadas pero non fortes. As imaxes son debuxos realizados polo mesmo autor da historia.
Trátase dun conto de narrativa.
Tras o análise do conto, pódese deducir que está destinado a nenos entre 2 e 3 anos.
Imaxes:
Potencialidades formativas:
Con este conto os nenos poderán aprender algunhas características dos animais que aparecen.
Outros recursos:
Vídeos de youtube: Vídeos
Monstruo rosa
Ficha bibliográfica
Dios, Olga de (texto e ilus) (2020). Monstruo Rosa. Premio Apila primeira impresión 2013 ao mellor albúm ilustrado. Zaragoza, Apila edicións, décimo novena impresión, novembro de 2020 (30) pp. (ISBN): 978-84-939736-4-3. [primeira edición: setembro, 2013]
Análisis de paratextos
Tanto a capa como a contra capa son duras. Na capa aparece en grande o título e debaixo a autora xunto a edición do libro. Tamén aparece unha línea de terra e un arcoiris que una a capa coa contracapa. Na contracapa tamén aparece un texto que anima a súa lectura facendo fincapé na importancia de entender a diversidade como un elemnto enriquecedor que é, nela tamén aparecen uns debuxos como si fose un pobo. Este conto trátase dun albúm ilustrado.
Conten gardas despois da cuberta e antes da contracuberta, nas de despois da cuberta aparece un pequeno texto indicando as persoas que adica ese conto e na parte traseira só hai unha garda rematando o debuxo do conto, formado por unha liña ascendente e paxaros.
Na seguinte páxina atópanse os datos editoriais, e a continuación a portada, na que volve aparecer o nome do libro e da autora dentro da forma dunha nube e enriba de esta o arcoiris xa presente na capa.
O texto é simple e claro, está acompañado de debuxos para facer a lectura máis agradable e doada de comprender. As cores que conforman o libro son claras e oscuras, exceptuando as páxinas finais que están decoradas de cores moi vivas.
Tras a análise do conto, pódese deducir que está destinado a nenos entre 3-4 anos.
Imaxes
Potencialidades formativas:
Con este conto aprenden a traballar a diversidade como un tema enriquecedor da nosa sociedade.
Llena, Anna (texto e ilus) (2012). O monstro de cores , Trad. Okodia-grupo traductor 2015. Barcelona, Editorial Flamboyant, (40) pp. (ISBN): 978-84-941578-8-2.
Procedencia do volume consultado:
Biblioteca Pública Rosalía de Castro (Campus de Ourense).
Análise dos paratextos
Na cuberta aparece o monstruo en catro cores, vermello, amarelo, verde e azul cun oco no medio a modo de cuadro, donde se observa o título do libro co nome da autora: Anna Llenas e o tipo de libro, neste caso pop-up. Este conto trátase dun albúm ilustrado.
Este libro non conten gardas, polo que despois da capa xa comeza o conto. É un conto de fondo blanco para que destaquen máis as cores do monstruo e a nena, que neste caso son os protagonistas, como xa comentei anteriormente é unha edición pop-up polo que fai que o libro tamén sexa máis interesante e lles chame máis a atención aos nenos e nenas. O monstruo dende a primeria páxina xa resulta moi atractivo para o alumnado, pois é sinxelo e resulta contundente na súa expresividade. E todo iso nunha composición despexada moi próxima ao débuxo infantil, algo que tamén lles axuda a sentirse máis identificados no momento da lectura. O texto é breve para que a lectura sexa máis doada.
Tras o análise dos paratextos do conto, podemos interpretar que este conto é apto para 3-4 anos.
Imaxes
Potencialidades formativas:
Con este conto os nenos traballan as emocións e tamén as cores, xa que asocian cada emoción a unha cor diferente.
Recursos asociados á obra para mediadores:
Este conto ten tamén unha versión en pop-up e kamishibai. Os monstrons tamén están dispoñibles en peluche para utilizar a par que se conta o conto.
Macedonia de versos.
Ficha bibliográfica.
Blanco Concha de (texto), (2018). Macedonia de Versos. Ilus, Lidia Nokonoko, Aira edicións, (33) pp. (ISBN) 978-84-947807-3-8. [primeira edición: Octubre, 2018].
Procedencia do volume consultado:
Biblioteca pública Rosalía de Castro (Campus de Ourense)
Análise dos paratextos:
Como xa se fixo mención anteriormente, na ficha técnica, imos analizar os paratextos do conto Macedonia de Versos, escrito por Concha Blanco e ilustrado por Lidia Nokonoko.
Se nos fixemos, podemos apreciar a simple vista que é un conto de cuberta dura, onde aparece o título e o nome da autora e ilustradora. Nesta cuberta podemos apreciar unha nena deitada encima dun tipo de froito, neste caso un melocotón, e agarrada a un oso da propia froita, sendo a figura da nena moito máis pequena que a froita. Na cuberta traseira atopamos outra vez o título do conto, o nome da autora do texto, o nome da autora das ilustracións, a editorial e o debuxo de dúas nenas, encima do óso dunha froita facendo a imitación dun barco.
Á hora de analizar o texto, podemos ver que se unha letra clara pero non moi sinxela, pero mantendo durante todo o conto o mesmo tipo de letra, tamaño e cor. Podemos observar que en cada unha das páxinas que as imaxes son máis grandes que o texto polo que destacan as imaxes por encima do texto.
Macedonia de versos é un álbum infantil que aproxima os nenos e nenas ao mundo das froitas. Os nenos e nenas poden ir descubrindo os diferentes tipos de froitos de Galicia mediante versos e ilustracións, permitíndolle aos cativos e cativas saber o nome das froitas en galego.
Se analizamos as imaxes do conto podemos ver como xa dixemos antes que se lle dan moita importancia. As imaxes van acorde co texto, xa que en cada páxina acompaña o texto coa imaxe da froita que se está a mencionar, podendo así os nenos e nenas relacionar o nome da froita coa súa imaxe.
No texto debemos resaltar que hai palabras que aparecen en negriña, iso pode ser porque son as características máis importantes da froita da que se está a falar.
Despois de analizar os paratextos podemos interpretar que este conto é apto para nenos e nenas dunha franxa de idade de entre 4 e 5 anos.
Imaxes:
Potencialidades formativas:
Con este conto podemos traballar os diferentes tipos de froitos que hai en Galicia, mediante as ilustracións do conto e diferentes actividadeds, axudándolle aos nenos e nenas a coñecer máis sobre estes
Recursos asociados á obra para mediadores:
A propia editorial facilita unha unidade didádtica onde hai varias actividades, a maioría delas enfocadas a educación primaria pero estas podemos adaptalas a educación infantil.
Bebé bigotes.
Ficha bibliográfica.
Patacrúa (texto) (2006). Bebé bigotes. Ilus Alexandra Cimatoribus, Pontevedra, OQO editora, (36) pp (ISBN) 84-96573-51-6 [primeira edición Xullo, 2006].
Procedencia do volume consultado:
Biblioteca Pública Rosalia de Castro (Campus de Ourense)
Análise dos paratextos:
Analizando os paratextos deste conto de narrativa infantil podemos oberservar que é un conto de cartoné e que na cuberta aparecen dous anciáns paseando cun carrito de bebé, arriba e en letra grande aparece o título do libro, debaixo deste o nome do autor do texto e a autora da ilustración, e abaixo de todo, á dereita o nome da editorial.
En canto ao texto, aparecen palabras ou frases resaltadas en negrita ou cunha letra un pouco maior, isto pode ser porque son máis importantes. As imaxes sobresaen por encima do tamaño do texto, xa que se lle dan máis importancia. Ademais resaltamos que a cabeza do anciá e da anciá é desproporcionada ao seu corpo, xa que é moito maior ca este. Xógase coa cor nas imaxes, xa que aparecen diferentes tonos, e todas as cores empregadas son cores cálidas.
Neste conto empregan o sentido do humor para tratar o tema de onde veñen os nenos ao mesmo tempo que se desenvolve o tema da idade e a procreación dunha maneira moi delicada.
Despois de analizar os paratextos podemos interpretar que este conto é apto para nenos e nenas dunha franxa de idade de entre 4 e 5 anos
Imaxes:
Potencialidades formativas:
Este conto danos moito xogo para poder traballar a idade e a procreación dunha maneira moi sinxela, un tema moi pouco tratado na literatura infantil. Tratando ademais a cuestión de onde veñen os nenos e as nenas.
Outros recursos: Un pequeno corto sobre o conto de bebé bigotes.
A avoa adormecida
Ficha bibliográfica
Parmeggiani, Roberto (texto),, A avoa adormecida (A avó adormecida, 2014), ilust. João Vaz de Carvalho (2015)Trad. Xosé Ballesteros. Pontevedra: Editorial Kalandraka, col. Eric Carle, (24) pp. (ISBN:978-84-16126-99-6). [Primeira edición: xaneiro 2015].
Análise dos paratextos:
A capa que atopamos é unha capa dura, nela aparecen o autor e o ilustrador do conto, a editorial e no debuxo un primeiro plano dunha avoa de pelo branco durmindo sobre unha cama de sabas azuis.
As gardas tamén son brancas con cometas, tanto as dianteiras como as traseiras.
Na portada atopamos novamente os datos anteriores sobre un fondo branco, na parte inferior dereita hai unha pequena casa de cor gris. Na páxina anterior a portada atopamos a páxina de datos editoriais,
O texto ñe breve en cada páxina. As oracións empregadas son sinxelas A historia narra unha realidade de moitas familias, facendo entender mediante metáforas sutís aos nenos e nenas como afontar a morte dun xeito pouco traunático.
As imaxes son debuxos sinxelos, en cores tranquilos e apagados. As imaxes non acompañan o texto porque é un álbum con dúas historias: a textual e a visual.
Trátase de un conto de narrativa.
Tras o análise do conto, podemos deducir que este conto está destinado a nenos e nenas de 5 a 6 anos.
- Imaxes:
Potencialidades formativas:
Con este conto podemos traballar o tema da morte cos nenos e nenas, e a relación entre netos e avós.
Vacío
Ficha bibliográfica
Llenas, Anna (texto e ilust.) (2015), Vacío, Alborote: Bárbara Fiore Editora, (74) pp. (ISBN: 978-84-15208-72-3). [Primeira edición: 2015]
Procedencia do volume consultado:
Biblioteca Pública Rosalía de Castro (Campus de Ourense).
Análise dos paratextos
Na capa principal atopamos un fondo marrón, semellante ao cartón. No medio aparece un debuxo dunha nena cun oco na parte da barrig. Baixo a nena atópase o título en letras maiúsculas e en cor branco. Sobre a “O” final hai unha pequena tartaruga. E sobre esta o título da autora. No lombo atopamos os datos principais do conto e na capa traseira atópase un pequeno texto que invita a ler a historia, baio este unha flor vermella e na parte inferior desta unha equena reflexión. Abaixo de todo o nome da autora e sobre este o código de barras.
Este conto ten dous pares de gardas dianteiras, as primeiras rosas con círculos que segurn o estilo das ilustracións do conto, as segundas son brancas cunha pequena dedicatoria. Na parte traseira volvemos atopar dous pares de gardas, en primeiro lugar unhas brancas coa nena protagonista tumbada, ao carón atopamos a páxina de datos editoriais. Tras estas, outras gardas rosas iguais as dianteiras.
O texto deste conto é breve e sinxelo, en cada páxina podemos atopar pouca letra o que resulta moi atractivo e doado de entender para os máis cativos. As oracións son sinxelas facilitando a compresión.
As imaxes están realizadas pola autora do texto. Contan a tavés de imaxes o que se percibe no texto. Isto facilita a compresión dos nenos.
Trátase dun álbum ilustrado.
Tras o análise do conto, podemos deducir que este conto está estinado a nenos e nenas de 5 a 6 anos.
Imaxes:
Potencialidades formativas:
Con este conto podemos traballar a autoestima dos nenos, e o autocoñecemento. Tamén podemos traballar o establecemento de relacións de confianza cos iguais.