Amosando publicacións coa etiqueta onomatopeas. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta onomatopeas. Amosar todas as publicacións

martes, 21 de marzo de 2017

VIOLÍN

Rubio, Antonio (2014), Violín, ilust. Óscar Villán, trad. Manuela Rodríguez, Pontevedra: Kalandraka Editora, [12 pp.] (ISBM: 978-84-8464-855-0).
 
Breve descrición do formato e contido da obra: É un álbum ilustrado de formato cadrado que mide 16 cm. x 16 cm. Está encadernado en cartón duro e os seus cantos son redondeados.

A cuberta e a contracuberta son de cor laranxa. A cuberta preséntanos un neno que está a tocar un violín. Na parte superior da cubeta, en letras brancas, atópase o nome do autor, Antonio Rubio, e o do ilustrador, Óscar Villán. Mentres que na parte inferior, atópase o nome da obra e da editorial, Kalandraka. 

A fundación da editorial Kalandraka, en 1998, abre unha nova etapa na historia da literatura infantil e xuvenil galega, e mesmo de todo o ámbito español. Esta comezou a traducir os seus títulos ao castelán, catalán, éuscaro e mesmo ao inglés. 
Os álbums ilustrados de Kalandraka aproveitan recursos semióticos. Ademais, presentan unha ampla mostra dos ilustradores galegos actuais, gañadores de premios a nivel do Estado ou internacionais. Este camiño aberto por Kalandraka foi seguido por outras editoriais galegas ou do resto do ámbito español: Baía, A Nosa Terra, Everest... Contamos polo tanto, cunha importante produción de álbums ilustrados en galego, autóctonos ou traducidos, de calidade literaria e artística superior, polo xeral, á do período anterior. 


A contracuberta preséntanos o nome da colección, “Do berce á lúa”, xunto co ISBN e o nome da editorial. A colección Do berce a lúa, está dirixida a nenos e nenas de 0 a 3 anos de idade, para quen se deseñou especialmente os pictogramas.



Este pequeno relato permite que o oído dos nenos e das nenas poda recoñecer o mundo da sonoridade, das onomatopeas e sensacións. Instrumentos musicais, palmas e bicos envoltos nas ilustracións.

Potencialidade: Violín é un libro moi práctico para os nenos e nenas polo seu pequeno tamaño, e a vez é moi versátil a pesar da súa aparente simplicidade. 

Esta obra é ideal para traballar os instrumentos musicais dunha maneira lúdica e atractiva. A partir desta obra, podemos fomentar nos nenos e nenas a memorización, a través das frases e dos sons, e posteriormente pódeselle presentar unha maior dificultade, de maneira que as frases e os sons atópense salteados. Así mesmo, os nenos e nenas poderán imitar os xestos que se fan con cada un dos instrumentos e facer ritmos coas distintas onomatopeas que aparecen na obra (pom pom pom, glin glin glin...).  

A partir desta obra podemos traballar algúns factores como poden ser: a memoria, elementos musicais, as cores, os ritmos, a atención, o ritmo, entre outros aspectos. 

Ademais, con este pequeno conto, podemos captar a súa atención a través de cancións, polo que é importante xogar coa voz, as pausas e o ritmo. https://www.youtube.com/watch?v=iM_kCRSh31Y