Amosando publicacións coa etiqueta Cooperación. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Cooperación. Amosar todas as publicacións

martes, 14 de abril de 2020

por cuatro esquinitas de nada


Ruillier, Jérome (2004). Por Cuatro Esquinitas de Nada, traduc. Élodie Bourgeois, Barcelona: Juventud. [32 pp.]. (ISBN: 978-84-261-3447-9).

Descrición do formato do libro: Por Cuatro Esquinitas de Nada é un álbum literario escrito por Jérome Ruillier que ten forma cadrada de 22x22 cm. É un libro de tapa dura, resistente e fácil de manexar para nenos de 5-6 anos e o grosor das páxinas é adecuado. A cuberta é minimalista e a simple vista non resulta moi atractiva para nenos e nenas, xa que só mostra un cadrado e un círculo de cores rechamantes entrando por unha tea furada, na que aparece o título do libro e do autor, mentres que na parte inferior dereita aparece o nome da editorial. A contracuberta tampouco é moi atractiva, xa que mostra o debuxo dunha serra, o cadrado que aparecía na cuberta e outro círculo nun fondo verde. Por enriba dos debuxos aparece o argumento do conto e na esquina inferior esquerda o ISBN e o código de barras xunto á páxina web da editorial. Nas gardas do libro volven aparecer o círculo e o cadrado e na primeira tamén a información de publicación do libro. 

Descrición do contido do libro: a obra conta cunha sintaxe narrativa e ilustración no que se pretende un contacto precoz coa estrutura narrativa dende o punto de vista literario e plástico. Este libro desenvolve unha experiencia lectora na que se esixe a implicación e a atención do lector para a produción de sentido e ofrece dous niveis de lectura: unha historia de amizade, sacrificio e empatía e outra de aceptación da diversidade de cada persoa e da inclusión da mesma nun grupo. Conta a historia de Cadradiño que quere xogar na casa dos seus amigos redondiños pero non pasa pola porta porque é redonda coma os seus amigos. Os amigos dinlle que lle van ter que recortar as esquinas pero el non está de acordo porque lle vai doer. Non saben que facer porque Cadradiño é diferente e nunca será redondo. A voz do narrador presenta aos protagonistas, introduce o conflito e pecha a historia, o que se coñece como narrador heterodiexético. As voces dos protagonistas expoñen problemas e sentimentos mediante a prosa e ademais o protagonista, Cadradiño, compórtase coma un neno de 5-6 anos polo que os nenos poden sentirse identificados con el. En canto á arquitectura textual, este álbum preséntase a dobre páxina, tanto as ilustracións coma no texto, e recorre a repeticións “Entonces recortan cuatro esquinitas, cuatro esquinitas de nada” e personifícanse obxectos xeométricos coma círculos e cadrados aos que se lle atribúen calidades e sentimentos humanos. Utilízanse campos semánticos adaptados ao lectorado como poden ser o das figuras xeométricas (círculo, cadrado...) ou o da psicomotricidade (alargarse, torcerse...). 

Potencialidades educativas da obra: A lectura deste álbum ilustrado ofrécenos traballar a solidariedade e a cooperación que é un tema moi adecuado para estas idades, xa que están empezando a deixar de lado a individualidade e comezan a utilizar o pensamento colectivo. Como outros temas que podemos traballar estarían a inclusión social, a resolución de conflitos, a igualdade, a tolerancia... todo enfocado a que os máis pequenos e pequenas comprendan que cada persoa é única e que non por ser diferente aos demais ten que ser excluída dun grupo ou discriminada. 

Recursos educativos:  

Mayte C. (2016). Por cuatro esquinitas de nada. Recuperado de https://www.youtube.com/watch?v=DBjka_zQBdQ&feature=emb_title

mércores, 1 de abril de 2020

A que sabe a lúa?



Grejniec, Michael (2007). A que sabe a lúa?, trad. Carmen Barreiro, Pontevedra: Kalandraka, (+ 3 años), col. Tras o monte, [36 pp.]. (ISBN: 978-84-8464-625-8).


Descrición do formato da obra: trátase dun álbum ilustrado cun tamaño de 19,5x29 cm, tapas duras e 36 páxinas. Na cuberta dianteira aparece un debuxo da lúa chea e unha xirafa, o título na parte superior e o nome do autor. Na contracuberta aparece a lúa na fase minguante. En canto as gardas, na dianteira introdúcenos na obra e ensínanos unha lúa chea cuns ollos mirando por riba dela; a traseira remata a obra co peixe falando. No lombo só aparece o título da obra. No interior, as ilustracións ocupan as páxinas impares completas, mentres que o texto aparece nas pares sobre un fondo branco.

Dende o punto de vista do contido, os animais querían saber a que sabía a lúa e para iso intentaban chegar a ela, pero non podían alcanzala. Decidiron subir uns enriba dos outros, pero cada vez que os animais se achegaban a lúa afastábase un pouco. Logo de que a tartaruga, o elefante, a xirafa, a cebra, o león, o raposo, e o mono non consigan chegar á lúa, é o rato o que logra arrincarlle un anaco e compartilo co resto dos animais. Esa noite descobren que cada un descobre no seu sabor aquel que máis lle gusta, vendo recompensado o seu esforzo e colaboración. Porén, no fondo do mar hai un peixe que o está vendo todo e non entende tanto esforzo, cando el podía ver unha lúa no mar máis preto.
As ilustracións son sinxelas e ofrecen unha lectura visual do narrado e, ademais de remarcar a secuenciación progresiva dos acontecementos. 

Potencialidades educativas: a lectura desta obra permite reflexionar sobre o valor da amizade, o esforzo e o afán de superación e o respecto cara ás opinións dos demais. Tamén nos permite analizar diferentes perspectivas e pensar en que a verdade non é absoluta. A presenza de diferentes animais permítenos traballar as súas características e pensar nos sabores que cada un deles percibe ao comer a lúa, abrindo o traballo a campos como as comidas, os gustos, os opostos etc. 

Recursos educativos: 

Vídeos da narración da historia en galego: https://www.youtube.com/watch?v=f03MdJvFk8A

martes, 14 de marzo de 2017

Nadarín

Lionni, Leo (1963), Nadarín, Pontevedra: Kalandraka, (+3 anos) [15 pp] (ISBN: 978-84-8464-628-0)

9788496388604.jpg

Formato: trátase dun álbum ilustrado, tamaño A4, rectangular e de tapas duras. O estilo de debuxo da cuberta mostra o método artístico das ilustracións de todo o conto: trazados característicos das acuarelas, os fondos represéntanse con azuis fríos, brancos ou grises, e os outros elementos contrástanse utilizando cores máis vivas ou cálidas. Os componentes das ilustracións teñen un carácter translúcido e aparecen moitas veces superpostos un con outros. As imaxes son preciosas e sorprendentes, invitan a calquera a coller o conto e comezar a ler.

20170314_183029.jpg  20170314_183019.jpg

Contido: o conto relata a historia dun pez chamado Nadarín. Nadarín era o único pez de cor diferente e ademáis, nadaba moito máis rápido. Un día un atún moi grande comeu a todos os peixiños, excepto ó noso protagonista, que consegue escapar. Comeza entón unha viaxe polo océano e encontra a moitas outras criaturas fascinantes do mar hasta que da con outro banco de peixes iguais ca cos que vivía antes. Ante a ameaza do enorme atún que regresou, deciden traballar en equipo, formando a figura dun peixe moi grande, con Nadarín como ollo. Desta forma asustaron ó seu inimigo.

Potencialidades: con esta obra podemos traballar aspectos de amizade, tolerancia, confianza nas nosas posibilidades, colaboración e traballo en equipo. O conto pon especial énfasis en que ser diferente non é un aspecto negativo, senón que cada un coas súas propias peculiaridades aporta algo e enriquece as nosas comunidades. Sería moi interesante tamén traballar aspectos artísticos como a plástica, pois o estilo do álbum inspira a buscar actividades usando diferentes materiais e técnicas.

martes, 7 de marzo de 2017

El conejo blanco

Ballesteros, Xosé (2003), El conejo blanco, ilust. Óscar Villán, Pontevedra: Ed. Kalandraka, (+3 años) [40 pp.] (ISBN: 8484642356).


 


Breve descripción del formato y contenido de la obra. Cuento narrativo, de tamaño medio, con tapas duras, con puntas agudas y con 40 páginas. En la portada aparece el personaje principal, es decir, el conejo blanco y en la contraportada una hormiga del revés.

Este cuento narra la historia un conejo que decició hacer caldo para comer y, para ello, fue a buscar coles a la huerta. Al regresar a casa no pudo entrar porque dentro estaba la cabra cabresa y si entraba, le saltaría a la cabeza. El conejo lleno de miedo le pidió ayuda a su amigo el buey, a su amigo perro y a su amigo gallo pero ninguno le ayudo porque todos le tenían miedo a la cabra. Finalmente el conejo blanco, se econtró con su amiga la hormiga y esta si le ayudo. Al llegar a la casa del conejo, tocaron la puerta y la cabra les dijo lo mismo, que si entraban les saltaría en la cabeza. La hormiga que no tenía miedo le dijo que o salía o la picaría en la barriga y como la cabra no le hizo caso, el pequeño animalito entró por la cerradura de la puerta y pico a la cabra en la barriga. Así, el conejo pudo comer el caldo e invitó a la hormiga y a todos sus amigos.

Potencialidades.  Las ilustraciones que aparecen en este cuento son artísticas y divertidas. El fondo es de color fucsia y las imágenes son de colores empleados son alegres.  Existe coherencia entre las ilustraciones y el texto ya que las imágenes reflejan todo lo que el autor escribe y a lo largo de todo el libro podemos ver que por encima de lo que está escrito hay pictogramas que ayudan a seguir mejor la historia.
Este cuento tiene elementos repetitivos y nos enseña que no por ser más pequeño que los demás tenemos que tener miedo. También muestra la importancia de la amistad y de ayudarnos unos a otros.

mércores, 1 de marzo de 2017

El pequeño delfín


(2011), El pequeño delfín, ilust. Paz Rodero, Girona: Panini España S.A., col. Para leer en la bañera, [6 pp].



Breve descripción del formato y contenido de la obra: El pequeño delfín es un álbum interactivo que se caracteriza principalmente porque se puede meter en la bañera. En cuanto al formato podemos decir que es cuadrado y de tamaño pequeño. Sus puntas son redondeadas para que los más pequeños puedan jugar sin ningún tipo de peligro. El álbum es acolchado y está hecho de un plástico impermeable, lo que permite que al meterlo en la bañera y mojarlo no se estropee. Todo el interior del libro es de color azul claro y el texto está escrito en la parte superior de las páginas en un azul más oscuro.
En cuanto al contenido, este álbum trata de un pequeño delfín que ha perdido a su madre, por lo que todo el cuento gira en torno a su búsqueda. El pececito pasa por diferentes aventuras y se encuentra con diversos animales que le ayudaran a conseguirlo.

Potencialidades: Este álbum es ideal para usar durante la hora del baño, y hacer de esos momentos un entorno ideal de aprendizaje y descubrimiento. Por otro lado es una forma divertida y original de incitar a los más pequeños a la lectura, ya que lo pueden usar como un juego más.
Por otro lado el cuento nos enseña el valor del trabajo cooperativo y de la amistad, así como de la importancia de luchar por lo que queremos. También es un modo de conocer más sobre el mundo marino y de los seres que viven en el.


xoves, 16 de febreiro de 2017

A QUE SABE A LÚA?

Grejniec, Michael (2009). ¿A que sabe a lúa?, ilust. do autor, trad. Carmen Barreiro, Pontevedra: Kalandraka, (+ 4 anos), [36 pp] (ISBN: 978-84-8464-564-1).


Breve descrición do formato e contido da obra: conto narrativo ilustrado de 36 páxinas, en cada secuencia narrativa o texto vai sobre fondo branco, alternando á esquerda ou á dereita cunha páxina ilustrada sobre fondo negro, onde se ven aos animais na cima da montaña intentando chegar á lúa, menos no último par de páxinas que nos encontramos cunha ilustración a dobre páxina para rematar o conto.
As ilustracións compoñen unha estrutura acumulativa progresiva, posto que vemos como suceden as imaxes dos animais subidos uns ás costas doutro, e en cada ilustración aparece toda a serie. O texto, mentres tanto, compón unha estrutura narrativa que conta a historia pero non repite a serie ata o momento do desenlace; o texto cumpre cunha estrutura acumulativa final.

En canto á encadernación, trátase dun formato rectangular de tamaño bastante grande, con cantos rematados en punta, as súas medidas concretamente son 19,5 × 29 cm. Presenta cubertas de cartón duras e grosas: na dianteira, aparece un gran debuxo da lúa chea máis un dos animais e contén o título do volume, o nome do autor e a editorial; por outra banda, na contracuberta aparece soamente a lúa en fase minguante. A primeira garda do libro introdúcenos á obra ensinándonos unha gran lúa chea cuns olliños mirando por debaixo dela; a última remata a obra co peixe falando. No lombo aparece unicamente o título da obra.

Na historia os animais querían saber a que sabía a lúa, pero por máis que o intentaban non podían descubrilo porque non eran capaces de alcanzala e aínda que intentaran tocala, a lúa tomábase isto como un xogo e afastábase cada vez un pouco máis. Non obstante, déronse conta de que formando unha torre de animais chegarían ao seu obxectivo; deste modo, todos os animais subíronse uns enriba dos outros, pero seguen sen poder saboreala. Finalmente, un diminuto rato escala a torre e logra coller un anaquiño da lúa para saboreala. Unha vez feito isto, decide compartir o seu descubrimento con todos aqueles animais que o axudaron a alcanzar a lúa. 
Parece que a historia remata aí, pero cando volteamos a páxina encontrámonos o que, en principio, sería un segundo final. Na última páxina do libro, onde deberían estar as gardas, aparece un noveno animal, aquel que estaba na garda do principio da historia, mirando cos seus ollos á lúa e que non se sumou ao esforzo colectivo; o peixe non entendía nada do sucedido posto que vía a imaxe da lúa que se reflectía na auga, moi preto del.   

Potencialidades: A historia contada, compón elementos de fábula, de lenda e de conto folclórico, fálanos de cooperación, solidariedade e soños compartidos. O que nos ensina a historia é a darnos conta da importancia da cooperación para lograr un obxectivo común, aínda que sexamos diferentes, sen importar as características de cada individuo. Tamén nos mostra o tema de que existen diferentes perspectivas sobre como vemos o mundo.

O autor e ilustrador, como recurso literario, utiliza a repetición constante da mesma frase, o que provoca nos nenos que poidan anticipar o que vai ocorrer, algo que sen dúbida lles encanta e os engancha á historia. Ademais, a lúa burlona aporta un punto de humor. Por outra banda, as ilustracións, baseadas en debuxos con acuarelas realizadas en papel maché, son sinxelas pero moi expresivas; logrando que o conto alcance unha sensación case tridimensional.

En canto a forma da narración, trátase dunha estrutura narrativa simple, repetitiva e acumulativa, o que repercute moi favorablemente en que os pequenos memoricen mellor a historia e presten maior atención, ademais de lograr que a comprensión sexa tamén máis doada para eles. En contra, cabe mencionar que moitas veces nesta historia non se presta atención á ambigüidade do modo en que remata. Persoalmente penso que o autor decide deixar un final aberto e propiciar unha dúbida reflexiva; o segundo final cuestiona calquera discurso sobre as estruturas narrativas simples e lineares.

Podemos aproveitar este conto para traballar os animais coas súas respectivas características e as fases nas que se encontra a lúa.

¿A que sabe a lúa?

Grejniec, Michael (2011), A que sabe a lúa?, ilust. do autor, trad. Carmen Barreiro, Pontevedra: Kalandraka Editorial, col. Libros para soñar (+ 5 años) [36 pp.] (ISBN: 978-84-8464-564-1).


Descrición do formato e contido: a presente obra é un clásico contemporáneo da literatura infantil. Trátase dun álbum ilustrado de 19,5x29 cm encadernado en tapas duras e con páxinas de papel couché. Dende o punto de vista estético, as ilustracións destacan pola súa sinxeleza. Dita obra presenta cor nas 36 páxinas que a conforman e a distribución das imaxes e do texto, sobre fondo branco, proporciona un grande equilibrio.

A que sabe a lúa? conta a historia duns animais que desexaban
descubrir o sabor que tiña a lúa: "sería doce ou salgada?" Tan só querían probar un anaco, pero, por máis que se estiraban, non eran capaces de tocala. Entón a tartaruga tivo unha xenial idea: “Quizáis entre todos poidamos alcanzala". 
Trátase dunha historia, a medio camiño entre a fábula e a lenda, que regala ao lector unha ensinanza que fala sobre a xenerosidade, a solidaridade e os soños compartidos. Posúe unha boa dose de humor, aportada pola sorrinte lúa, burlona e un pouco saltarina. A historia fala de desexos, a primeira vista inalcanzables, como a lúa, pero que conseguen facerse realidade grazas á cooperación e á axuda mutua dos personaxes desta historia: unha tartaruga, sobre a cal se sostería o mundo, según a mitoloxía; o elefante, a xirafa, a cebra, o león... ata que finalmente un deles, o  máis pequeno de todos, o rato, consegue tocar a lúa.

Potencialidades: a través dunha estructura de repeticións e acumulacións de personaxes (un recurso moi frecuente nos contos tradicionais) preténdese que os nenos/as reflexionen sobre  valores coma a solidaridade, a forza da unión… á par que poden traballar sobre animais, sabores ou distancias. É un libro que invita á participación dos máis pequenos.