Amosando publicacións coa etiqueta confianza. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta confianza. Amosar todas as publicacións

martes, 12 de maio de 2020

O patiño feo




Andersen, H. C. (2005). O patiño feo. Trad. Manuela Rodríguez. ilust. Ana Sande, Pontevedra: Kalandraka Editora, (a partir de 3 anos), [40 pp.]. (ISBN: 978-84-8464-525-2).

Descrición do formato e o contido: É un álbum ilustrado de cartoné creado por Hans Christian Andersen y adaptado por Manuela Rodríguez. Foi recoñecido no Programa Nacional de Lectura (SEP México) – 2006. Este libro está escrito en lingua galega. Conta con 40 páxinas. A cuberta presenta unha paisaxe na que se atopan tres patiños, un deles é o patiño feo, que mostra unha cara triste mentres marcha camiñando rapidamente, os outros dos patiños van detrás del camiñando por un camiño no que se van reflectindo as sombras dos patiños pola Lúa branca que se amosa na marxe superior do conto. O ceo móstrase de cor azul escuro, como é propio da noite. O que se mostra na cuberta é algo revelador, xa que aparecen algúns dos protagonistas da historia. As cores empregadas son vivas e alegres, mesturando frías con cálidas. A cuberta contén o título nun tamaño grande e de cor branca, o nome do autor e da ilustradora, ademais do nome da editorial. Na contracuberta aparecen máis patiños xogando entre eles mentres camiñan por un carreiro, así como algúns datos da edición. As gardas están tinxidas de cores vivas, nelas aparecen as catro estacións, dende o verán, no que se pode observar unhas herbas, ao outono que se reflicte nas follas de cores laranxas e marróns, na neve que simboliza o inverno e nas flores que dan lugar a primavera. Antes da portada aparece unha ilustración dos ovos dos patiños onde aparecen os títulos de crédito. Na portada aparece a continuación dos ovos dos patiños e os datos da edición (título, autor e adaptación, ilustradora e editorial) sobre un fondo de cor ocre escura. O texto está en minúsculas e nel resaltan algunhas palabras, como acontece nas últimas follas do conto.
O título desta obra pódenos levar a pensar en calquera situación na que poidan contar a vida triste deste patiño feo, pero en realidade trata dunha historia cun final fermoso. O patiño feo nace máis tarde cós seus irmáns, sae dun ovo máis grande cós demais e non se parece a ningún dos outros, polo que a nai pensa que quizá fose un pavo e non un pato, daquela para comprobalo decide ir ao lago. Ao ver que pode nadar sen ningún problema a nai sentiuse mellor. Despois foi presentarlles os seus fillos aos demais animais, que se rían del porque era diferente. Canso de que acontecese isto decidiu marchar. No seu camiño encontrou con gansos, cunha muller anciá mais o seu gato e a súa galiña, cun labrego e os seus fillos, ata que finalmente apareceron os cisnes, estes nadaron ao seu redor e acariñárono co bico, era un máis. Sntiuse moi feliz de ser un cisne. O texto conta cun narrador en terceira persoa, que introduce o diálogo entre as personaxes. A narración ten unha estrutura lineal que transcorre durante as catro estacións.
Con respecto ás ilustracións, ao longo do álbum combinan planos xerais, americanos, medios e a detalle, nos que aparecen todas as personaxes. A maioría son ilustracións a toda páxina. A gama de cores é a mesma que a empregada na cuberta, na contracuberta e nas gardas. As ilustracións caracterízanse por ter cores moi vivas, para chamar a atención dos lectores. As expresións das personaxes son moi expresivas.

Posibilidades educativas: a lectura deste álbum ilustrado que reflicte as emocións, polo que resultaría interesante fomentar a identificación e xestión de sentimentos que poden experimentar os máis novos. Ademais, axuda tamén a comprender aos nenos e nenas que todos podemos ser fermosos se nos atopamos no lugar adecuado. Pode resultar un libro moi útil que nos axude para traballar o acoso escolar a través desta historia na que o patiño feo escapa da súa familia polas burlas que recibe. Con lecturas coma esta estamos contribuíndo a que cativos e cativas coñezan historias de superación que lles axudarán a se enfrontar aos seus propios medos e a fomentar a súa autoestima.

Recursos educativos:
Ademais este conto permítenos traballar diferentes estratexias de dramatización, como pode ser o teatro, os monicreques, as máscaras, etc. Son recursos educativos moi diversos que axúdanos a poder traballar diferentes potencialidades nas aulas, entre elas atopamos as seguintes:



martes, 7 de marzo de 2017

Caperucita Roja


Deneux, Xavier (2015), Caperucita roja, Barcelona: Ed. Combel, (+4 años), [16 pp.] (ISBN: 9788798259988).




Breve descripción del formato y contenido de la obra. Cuento narrativo, de tamaño medio, con tapas duras, con puntas redondeadas y 16 páginas. En la portada aparece el personaje principal, Caperucita Roja con su cestita, detrás de unos árboles que están en relevo; en la contraportada, la cabeza del lobo dentro de un recuedo.

Este cuento narra la historia de una niña que siempre llevaba puesto un abrigo rojo y, desde entonces, le llamaron Caperucita Roja.. Un día su madre le dio una cestita con algunos alimentos para que la pequeña se lo llevase a su abuelita que vivía en el bosque y estaba enferma. Pero, en el medio del camino, se encontró con un lobo que la engañó, mandándola por el camino más largo y así el llegó primero a casa de la abuelita. El lobo entró, se comió a la abuelita, se puso su camisón y se mentió en la cama a esperar a Caperucita. Cuando esta llegó, se fue acercando al lobo mientras le decía que tenía unos dientes muy grandes, unos ojos enormes, etc. y la niña se aproximó tanto al lobo que este saltó de la cama y se comió también a la pequeña. Como ya tenía la barriga llena, le entró sueño y se pueso a dormir, pero por allí pasaba un leñador que había escuchado mucho ruído en casa de la abuelita y decidió ir a mirar. Al ver la barriga del lobo supo lo que había pasado y se le ocurrió abrir la barriga del animal, sacar a la abuelita y a Caperucita y llenarla de piedras para que el lobo no se diese cuenta.

Potencialidades.  Las ilustraciones que aparecen en este cuento están en relevo y representan, perfectamente, todo lo que sucede a lo largo de la historia. Existe coherencia entre las ilustraciones y el texto ya que las imágenes reflejan todo lo que el autor escribe.
Con esta historia podemos aprender que no hay que fiarse de desconocidos pero, también la importancia de la familia y de ayudarnos unos a otros. Además este cuento refleja la figura femenina, sin menciionar la figura del padre o del abuelo.


xoves, 2 de marzo de 2017

O pito Cairo

Núñez, Marisa (2010), O pito Cairo, ilust. Helle Thomassen, Pontevedra: Kalandraka, (+3 anos) [40 pp.] (ISBN: 978-84-95124-85-5).

Breve descrición do formato e contido da obra. Conto narrativo de tamaña mediano, de tapas duras, con puntas agudas e corenta páxinas. Na cuberta aparece o personaxe principal do conto (O pito Cairo) e leva ás costas unha saqueta; na contracuberta aparece unha especie de cadro no que podemos ver a Cairo escapando. 
 
Este conto popular narra a historia dun poliño que un día se atopou cunha bolsa chea de moedas de ouro e decidiu levarlla o rei.  Ao largo do camiño vaise atopando con diferentes obstáculos pero acaba cpmendo todo o que se lle cruza no camiño. Cando chega xunto o rei, este decide quedarse coa saqueta e comer o pito pero Cairo comeza a soltar pola boca todo o que tragara anteriormente e gracias a eso sálvase.
 
Potencialidades. Este conto popular ofrecenos varias repetecións ao longo de toda a narración as cales lle axundan aos nenos a seguir mellor a historia. Tamén podemos traballar a astucia e a confianza cara personas que non coñecemos.