Amosando publicacións coa etiqueta natureza. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta natureza. Amosar todas as publicacións

venres, 3 de abril de 2020

El viento y la contaminación




DE LA JARA, Fátima, LUENGO, Rosa e DOMÍNGUEZ Gerardo (2004). El viento y la contaminación. Zaragoza: Editorial Luis Vives, col. Requetesol (ISBN: 84-263-4056-3)

Libro ilustrado escrito por Fátima de la Jara e Rosa Luengo e que conta con ilustracións de Gerardo Domínguez. Composto en cartoné, presenta na cuberta o título e o nome das autoras e o ilustrador, así como unha ilustración na que aparecen os protagonistas con cores escuras e apagadas, revelando o final do conto: o sol, o vento e a lúa traballando xuntos para espantar as nubes provocadas pola contaminación. Na contracuberta, de cor branca, aparecen os títulos que acompañan a esta obra na colección “Requetesol”. Na parte inferior aparece un debuxo da historia: o mundo cuberto de fume e nubes. 
No interior da obra aparecen unhas gardas de cor laranxa, cun pequeno debuxo dos protagonistas na seguinte orde: sol, vento e lúa. A garda inicial e final son idénticas, excepto que na inicial os debuxos aparecen no lado dereito e na final no esquerdo. Despois da páxina de dereitos, a portada  é de cor branca e, ao contrario que a cuberta, dálle maior importancia ao título, ao nome das autoras, do ilustrador e da editorial. Na parte superior aparece en pequeno a mesma imaxe que na cuberta.
O libro componse de 28 páxinas de 22x22. Respecto ás ilustracións e o texto, podemos observar que a veces se sitúan en páxinas diferentes e noutras mestúranse, dándolle así máis importancia ao texto ou ás ilustracións. Tanto o tipo de letra empregada como as ilustracións son grandes e sinxelas. Do texto debemos destacar que substitúe palabras claves como “sol”, “tierra”, “viento”... por debuxos. Nas ilustracións, principalmente, aparecen só os personaxes, menos en dúas: Nunha aparece o planeta contaminado e noutra unha flor crecendo. Por último, debemos destacar que as ilustracións se mostran como se fosen debuxos e con pouca realidade. Pecha o volume un glosario no que aparecen os debuxos empregados no texto coa palabra á que fan referencia ao seu carón.

Dende o punto de vista do contido, a obra presenta un planeta que está cuberto de fumo e nubes pola contaminación que provocan as fábricas e os coches. Por este motivo, os raios do sol e da lúa non chegan á terra e non pode dar comezo a primavera. Pídenlle axuda ao vento, que colaborando co sol, sopra forte e fan que desaparezan as nubes. Finalmente comeza a primavera e crece unha flor. O narrador en terceira persoa mestúrase coas voces dos personaxes que dialogan e que son: o sol, a lúa e o vento. O sol móstrase como un personaxe orgulloso que desconfía do vento, pero finalmente, colabora con el. A lúa, pola contra, descríbese como un personaxe delicado con raios suaves. Por último, o vento amósase como un personaxe agradable e cooperativo, aínda que a imaxe negativa del a ofrece o sol por consideralo maleducado e malvado, capaz de destruír a natureza e as casas. 

Potencialidades educativas: 
Dende a dimensión lúdica propiciase o xogo e a atención ás palabras importantes para entender a historia mediante a substitución das letras por debuxos. Poténciase a atención visual mediante o uso de pictogramas. É un recurso para traballar a temática da natureza, o medio natural e a súa dependencia do noso coidado. Facilita a asociación de debuxos con palabras. É un recurso óptimo para coñecer a importancia da meteoroloxía e algúns fenómenos meteorolóxicos. É un libro moi visual debido ao uso de pictogramas e ilustracións, o que facilita así a comprensión da historia. Ofrece datos de interese que permiten traballar co tempo cronolóxico, atmosférico, co coñecemento do contorno, do universo e do sentido da especie humana nel.

domingo, 30 de abril de 2017

La selva tropical


Prado Riveiro, Ana (2008), La Selva Tropical, ilustr. Alena Emilova, Daniel Alonso, ilustr. das cubertas Mr. C Idea studio, Madrid: Santillana Ediciones Generales, Col. Libros para jugar, [8pp.] (ISBN:978-84-03-09829-9).




                                                         Resultado de imagen de la selva tropical, libros para jugar


Breve descrición do formato e contido da obra: Libro pop-up en cartoné ilustrado, despregable en 3D, con encadernación de tapa dura e que dispón de peche lateral, con dúas cintas de raso. O seu tamaño é de 32x26 cm, inclúe unha lámina para desprender diferentes persoaxes e figuras da selva, e cando xa están desprendidos, poderán ser gardados nun sobre con solapa que contén outra das súas páxinas, como se indica: "debaixo da pranta xigante". Unha vez aberto o libro e despois de poder ler unha primeira carta destinada ó lector, onde se lle dan varios consellos e indicacións para poder continuar coa aventura, atopamos a páxina que contén a carpeta portafiguras, e a partires de ahí...o libro se transforma nunha frondosa selva tropical 3D, con prantas, frores e animais, tamén en 3D.

Na cuberta podemos observar unha gran escea da selva, con varios animais salvaxes debuxados con cores vivas, onde destaca como non podería ser doutra maneira, a cor verde das grandes follas. Na parte superior atópase o título do libro en cor negra, cun grande S en cor verde, e na marxen superior dereita, unha referencia á colección á que pertence este volume: Libros para xogar. Na contracuberta complétase esa imaxe da paisaxe tropical cunha fermosa fervenza e unha misteriosa edificación ó fondo. Na parte superior inclúese un pequeno resumo a modo de guía que nos anima a adentrarnos no interior desta aventura que está por descubrir.


      Resultado de imagen de la selva tropical, libros para jugar

Os lectores que se adentren nas súas páxinas, poderán experimentar todo tipo de sorpresas, no interior desta misteriosa xungla atestada de frores exóticas e prantas, pola que se mesturan feros animais, atrevidos exploradores e na que non falta un gran río pragado de crocodilos. Ingredientes suficientes para que os máis intrépidos se animen a embarcar nunha viaxe apaixoante que lles descobrerá novos escearios en tres dimensións.

           Resultado de imagen de la selva tropical, libros para jugar     Resultado de imagen de la selva tropical, libros para jugar

A colección á que pertence este libro, leva por nome: Libros para xogar. Vive unha aventura é unha colección desenvolta pola editorial Santillana e está composta por 10 volumes de gran formato, divididos en catro grupos ben diferenciados: edificios, natureza, diversión e viaxe. Como nexo de unión, tódolos libros comezan cun pequeno relato por medio do cal cada protagonista se dirixe ó lector, adiantándolle as paisaxes que van visitar e animándoo a participar na aventura, inclúe unha páxina como xa comentamos, con persoaxes ou obxectos troquelados, cos que se pode desenvolver a historia nun esceario tridimensional, e que poderán ser almacenados nun sobre, cuio aspecto se adapta a cada ambiente. O total de títulos que podemos atopar son:

1- La selva tropical 

2- El circo 

3- El fondo del mar 

4- El parque de atracciones 

5- El interior de la tierra 

6- El valle de los dinosaurios 

7- La casa encantada 

8- La granja 

9- El viaje por el cielo 

10- El castillo medieval

Potencialidades:  Libros coma este tratan de cubrir as posibles aficións dos lectores.Os elementos interactivos cos que os nenos poden xogar neste libro pop-up, se convirten en parte fundamental de cada volume. En cada caso, cando se desplega o pop-up, aparecen portas e fiestras que se abren e pechan, escaleiras que se extenden ou plegan e trampillas e pestanas tra-las que se ocultan algúns persoaxes, cuio paradeiro deberá descubrir o lector, quen, nalgún caso tamén terá que montar certas pezas. Coa imaxinación, cada neno e nena que interactúe con este exemplar, poderá experimentar unha historia diferente cada vez que o colla nas súas mans. A liberdade para estructurar o fío, o nó e o desenlace é completamente libre. Por outra banda, podemos empregar este libro-xogo para poder compartir en familia, cos amigos ou ben na escola entre varios colaboradores.

Temas que podemos traballar a partir deste volume en concreto, varían dende a natureza, ós animais, a paisaxe, a localización, o espazo, as cores, as distintas formas, as cantidades...entre outros.
---------------------------------------------------------------
O deseñador, seguidor de Sabuda, o gran mestre do pop-up, e de Anton Radevski, personaxe clave do libro móvil en Bulgaria, cre que dos puntos destacables da colección, aparte do deseño e da enxeñería, ós que adicou preto de dous anos, son o colorido das ilustracións e a complicidade que cada libro establece co lector. "Se trataba no sólo de montar un pop-up,sino de crear un escenario de juego, en el que los niños pudieran incluir sus propios juguetes", según o propio artista.

xoves, 16 de febreiro de 2017

Onde está o poliño de Rosalía?

Hutchins, Pat (2015), Onde está o poliño de Rosalía?, trad. Silvia Pérez Tato, Pontevedra: Kalandraka Editora, [15 pp.] (ISBN: 978-84-8464-940-3).


Breve descrición do formato e contido da obra:  Trátase dun libro ilustrado de tapa dura e con forma rectangular (25 x 20 cm). O trazo do debuxo é sinxelo e con cores moi vivas.
Na portada atopámonos cos protagonistas, a galiña Rosalía e o seu poliño, e o lugar onde ocorre a historia, a granxa. A historia desenvólvese coa constante busca do poliño por parte de súa nai, a galiña Rosalía. O poliño xogaba pola granxa sen ter conta dos perigos que corría se o cazaba un gato, un enorme peixe ou un raposo, mentres a súa despistada nai o buscaba incesantemente por todos os espazos da granxa. O final do intrigante conto é co paseo de ambos protagonistas, o poliño e a galiña Rosalía.



Potencialidades: Este conto paréceme axeitado para nenos a partir dos dous anos e medio. Pódenos servir para coñecer onde viven as galiñas, a súa alimentación, de onde veñen os ovos, como nacen os polos e as galiñas e aprender vocabulario novo (carretilla, cesto...). Ademais, a partir deste conto podemos traballar outros aspectos sobre as granxas.