venres, 31 de marzo de 2017

AZUL E ROSA

Pillado, Ana (2009), Azul e Rosa. Vigo: A Nosa Terra, col. Lila Lilaina, (+ 3 anos). [24 pp.] (ISBN: 978-84-8341-064-6).


Breve descrición do formato e contido da obra: Álbum ilustrado de pouco volume, tapa dura e grosa, de formato cadrado. A cuberta presenta dúas cores: a metade superior rosa e a metade inferior azul, cunha ilustración que continúa na contracuberta. Trátase dunha nena que agarra tres globos de cores distintas (amarelo, verde e vermello). Destaca a súa vestimenta de diversas cores e estampados, e o seu pelo violeta. O título, situado na metade superior rosa e a dereita da ilustración, mostra tres cores: a palabra ‘Azul’ de cor azul, a conxunción ‘e’ de cor branco e a palabra ‘Rosa’ de cor rosa. Debaixo do título aparece o nome da autora e na esquina inferior dereita o nome da editorial. Finalmente, na parte inferior esquerda está o nome da colección á que pertence a obra. Trátase da colección Lila Lilaina disposta a romper os tópicos arredor dos nenos e nenas. O seus tres títulos: Roi quere ser mamá, Carlota e o príncipe azul e Azul e Rosa cuestionan certos símbolos, hábitos e costumes sobre a separación entre sexos e o que se espera dos nenos e das nenas.

No interior do libro o texto está tanto nas páxinas pares como nas impares. O carácter das ilustracións son imaxes fixas con cores de distintas tonalidades, unhas máis escuras e outras máis claras. Tamén destacan a diversidade de estampados que aparecen nas roupas dos personaxes e a súa autenticidade.

O contido trata sobre unha nena chamada Lila e o seu irmán Pilo. Reciben a visita da seu avó e a súa avoa que lles traen un agasallo para cada un. Lila recibe unha bufanda e un gorro de cor rosa e Pilo recibe o mesmo, pero de cor azul. Tanto a nena como o neno se mostran agradecidos cos seus avós, pero Lila pregunta porque todas as cousas que lle regalan son rosas, pois a ela gústanlle todas as cores. O avó dille que o rosa é unha cor moi favorecedora para as nenas, pero Pilo di que a el tamén lle gusta. Tanto el como a súa irmá explican aos seus avós de que a todo o mundo lle quedan ben todas as cores. Isto fainos reflexionar e o seu avó recoñece que sempre lle gustou ter un xersei rosa e a avoa un chapeu azul. Finalmente, os nenos trócanse os agasallos e axudan aos seus avós a pintar a súa casa de cores.

Ao final do libro, atopamos unhas follas para fotocopia. Na páxina par aparecen Lila e Pilo espidos e na páxina impar debuxos de pezas de roupa azul, rosa e branca para poder e pintar e vestir a Lila e Pilo como máis nos guste.

Potencialidades: Este libro e toda a colección de Lila Lilaina, como xa comentei anteriormente, serven para cuestionar certos símbolos, hábitos e costumes sobre a separación entre sexos e o que se espera dos nenos e das nenas. Tanto certa literatura infantil como xoguetes que existen no mercado seguen a perpetuar certos preconceptos sobre o propio de rapaces e o propio de rapazas.

                        

Esta narración serve para erradicar os estereotipos sexistas e potenciar a liberdade e a igualdade, suprimindo a clasificación que establece a sociedade en función do xénero. Neste caso podemos observar como os dous irmás están libres de pensamentos sobre o propio dos nenos e das nenas e axudan a razoar aos seus avós, mostrándolles as súas reflexións e liberándoos duns pensamentos marcados pola sociedade, xa que ningún dos dous opta por esas cores por gusto, se non polo que se lles impón. Isto demóstranos que  dende a educación dos máis pequenos podemos cambiar mentalidades e chegar a construír un mundo mellor e libre, rematando con estereotipos de toda clase. Con este libro podemos estimular nos nenos un razoamento crítico sobre os aspectos que se tratan no conto, como as cores propias de nenos e nenas. Podemos propoñerlles preguntas para saber que pensan sobre isto, que farían eles ante estas situacións e como as trocarían.

Tamén, a partir do conto, podemos facer algunhas actividade sobre as cores, iniciándoos na súa aprendizaxe.

Por último, cabe destacar que este libro atopeino nun estante da biblioteca o Día Internacional da Muller, acompañado doutros tantos dedicados a este día en concreto.

Tres con Tango

Richardson, Justin y Parnell, Peter (2006), Tres con Tango, ilust. Henry Cole, trad. Francesc Strino,  Barcelona: RBA, (+3 anos) [28pp.] (ISBN: 84-7871-580-0).  
Breve descrición do formato e contido da obra: Conto infantil que podemos clasificar como álbum ilustrado, xa que existe correlación entre o contido textual e as imaxes.
Presenta un formato rectangular, de pouco volume. As tapas son duras e de cantos rectos.  Na cuberta aparecen os protagonistas da historia, que neste caso son animais,  dous pingϋins e maila súa cría. A imaxe mostra a versión en galego, Con Tango son tres, máis a proposta coa que traballo está en castelán, unha primeira edición da que dispoño en branco e negro. O título está situado na esquina superior dereita, formando parte do ceo. Xoga cos tamaños das palabras, destacando o nome Tango sobre as demais. O nome dos autores e do ilustrador aparece na esquina inferior dereita, formando parte do hábitat dos pingüíns.
Os garda páxinas destacan pola cor branca. Aínda que no é o normal o garda páxinas vén presentado coma unha portada. Aparece un fondo branco coa imaxe, neste caso, só  a dos pingüíns sen a cría. No centro en liña vertical , en primeiro lugar o título, Tres con Tango, facendo o mesmo xogo co tamaño das letras como observamos na cuberta. Debaixo do título, aparece o nome dos autores e do ilustrador. A continuación a imaxe dos pingüíns cariñosos.  Debaixo da imaxe en pequeno aparece o nome da editorial RBA.
Os garda páxinas que se atopan ao final do libro presentan unha nota do autor, onde explica que a historia foi unha realidade, ocorreu de verdade.
A continuación, o contido que posúe fai referencia  o  nome dos autores, editorial, ISBN, así como os referentes agradecementos.  Estas dúas páxinas que vemos a continuación, presentan unha zona situada no Parque de Nova York.
Despois destas páxinas comeza a historia, da vivencia dos distintos animais que forman parte dun Zoo, centrándose nunha parella de pingϋins.  As ilustracións presentan cores vivas nas primeiras páxinas, nas que explica a ambientación e o lugar onde acontece esta historia. Nas páxinas onde vemos o lugar onde viven os pingϋins, predominan as cores grises, azuladas e brancas.  Algúns imaxes presentan unha forma ovalada, que esvaece no seu contorno e recorda a imaxe dun ovo. As ilustracións son fieis a realidade.
No que respecta ao texto existe predominio da imaxe sobre este. Presenta onomatopeas, como a que avisa a rotura do ovo.  
Tres con Tango trata a historia dunha parella de pingϋins, chamados Roi e Silo que viven no Zoo de Nova York. O seu coidador cedeulles un ovo doutra parella para que o coidasen, cando este viu que incubaban unha pedra. Así comeza a súa aventura de coidar un ovo e ser pais. Do ovo nacerá Tango e os seus pais felices ensinaranlle todo o que hai que saber para a vida.
Esta obra foi moi criticada polos movementos conservadores en EE.UU., pola sexualidade dos  pingϋins. Tamén foi declarado pouco apropiado noutros lugares como Singapur.
 Potencialidades: Da a coñecer un novo animal, o pingϋin, así como o  lugar e as características onde viven. Os protagonistas deste conto aparecen un tanto humanizados. É dicir, os sentimentos que profesan Silo e Roi por formar unha familia, como fan os demais pingϋins. Cando Tango naceu, os coidados que recibiu, as mostras de cariño que lle profesaban, crea empatía. O coidador soubo aproveitar esa necesidade que tiñan os pingϋin por ter unha familia, e fixo realidade ese soño dándolles un ovo que poder criar.
 Ao ler a historia aos nenos podemos preguntarlles como coidan eles á súa familia, que lles ensinan e ao revés. Aprender a importancia da familia, dos distintos tipos de familia, a diversidade.
Aprenden novo vocabulario con palabras como incubación, e que hai zonas pechadas con distintos lugares onde viven animais de diversos países. Tamén se pode aproveitar esta lectura, para facer unha escapada ao Zoo.
Outro tema a tratar é o respecto aos animais e o lugar onde viven.
  







Os de arriba e os de abaixo


Valdivia, Paloma (2009), Os de arriba e os de abaixo, ilust. Paloma Valdivia, trad. Manuela Rodríguez, Pontevedra: Kalandraka Editora, col. Demademora, (+3), [36 pp.] (ISBN: 987-84-8464-691-4).


Breve descrición do formato e contido da obra: Formato de 22 X 22 cm e tapa dura. É un álbum ilustrado que combina as imaxes cun pequeno texto en cada unha das páxinas, as cales teñen unha cor crema como fondo e son bastante coloridas. Destaco a peculiaridade de que a última páxina pode ser lida se lle damos a volta ao conto, porque as letras están ao revés. Hay personaxes na parte superior e inferior dalgunhas páxinas. Se estamos co libro na posición normal veremos aos da parte superior cara arriba e os da inferior cara abaixo pero se lle damos a volta ao conto, ocorre o contrario. A letra é dun tamaño adecuado para favorecer a concentración e non dar lugar á distracción do lector.
 

                                                     







 



O conto di que existen dous tipos de habitantes: os que viven arriba e os que viven abaixo. Uns pensan que os outros son diferentes pero a realidade é que as diferenzas son mínimas ( cando uns levan bañador outros levan paraugas, cando os de arriba sementan os de abaixo recollen a colleita...).

Potencialidades: O que pretende este conto é que os nenos coñezan e saiban aprezar a diversidade porque aínda que existen diferentes gustos, razas ou ideas todos somos persoas e merecemos ser valoradas. Considero que o tema da diversidade é un tema dos máis interesantes para traballar cos alumnos de Educación Infantil.


“A Avoa do Ceo”





Lavatelli, Anna (2015), Avoa do Ceo, ilust, David Pintor, trad. Isabel Soto, El Patito Editorial [24 pp.] (ISBN: 9788494321368).



Breve descripción do formato e contido da obra: É un álbum ilustrado de formato rectangular en forma apaixada e tapa dura, con especial coidado na impresión dos magníficos debuxos de David Pintor e cunha caligrafía que facilita a lectura dos máis pequenos. Na súa cuberta o libro amosa unha fermosa avoa nun ceo ideal. Neste volume trata a morte donde se ve lo unida que estaba unha neta coa súa avoa que acaba de falecer.
A nena nada máis comezar a historia pregunta si a súa avoa irá a comer con eles e a súa nai contesta que a avoa foi o ceo. Cando llega a casa a nena irá o xardín co seu muñeco, se acostará na herba e observará as nubes e as súas formas, pois quere descubrir onde está a súa avoa. Verá que se aproxima e falará con ela. Na obra veremos a unión que nadie ni nada pode romper, a relación entre unaha avoa e a súa neta, unha relación que no conoce límites e na que todo é posible, incluso montar na bicicleta e salir a percorrer  o horizonte, co seu querido perro, entre unha nube e un raio de sol. A nena regresa tranquila a casa, a morte xa non da medo, porque cando o cariño sigue  nos deixa o recordo dos bos momentos máis gratos que compartimos e iso nunca morre, si sabemos recordalo. David pintor conseguiu con estas ilustracións enriquecer o texto e facernos ver todo o que a nena imaxina e quere ver. 


Potencialidades: Este álbum ilustrado narrativo da vida cotiá que contan unha historia orixinal, pero dentro da cotidianeidade da vida dos nenos cunha gran sensibilidade ante a morte dunha avoa. A anécdota soe ser pouco relevante, e o máis importante é amosar ao lectorado infantil o mundo no que vive, a vida cotiá coas súas posibilidades, diferentes ambientes e ocasións especiais tipificadas. Este tipo de álbumes publícase normalmente en coleccións dun mesmo protagonista que vai pasando polas diferentes experiencias vitais. Os protagonistas son sempre nenos ou animais que se comportan coma nenos.

Este fermoso libro está pensado para tratar cos máis cativos tratar de forma natural a reacción dunha nena ante a morte da súa avoa. Hai que ter en conta o difícil que resulta  tratar un tema tan difícil como a morte e no que a autora o fai con suavidade e poesía con palabras sencillas como encontra a forma de contar esta historia. Este maravilloso libro paréceme que reflexa moi bien esa unión que existe entre os avós e os netos.  Desta forma os nenos poderán ver a morte dunha maneira tan sinxela e dulce que uno nin se da conta de que cada unha das protagonistas están nun  plano diferente.
A autora do libro lévamos a sumerxirnos nunha historia divertida, alegre e colorista con a mesma naturalidade coa que os nenos enfréntanse a toda na vida. A obra constitúe unha invitación a imaxinar o que podemos recordar os momentos máis gratos, nos pequenos segredos, as inocentes travesuras que sempre compartimos cos nosos avós e como no tamén de todas as cousas que nos “cubren”.

Outro gran protagonista do libro é o ilustrador David Pintor no que tanto a neta como a avoa están magníficamente elaboradas e que soubo plasmar a perfección o conto que nos ofrece Anna Lavatelli. O ilustrador seguiu fiel o seu estilo pese a o delicado do asunto e o seu arte colorista e brillante axudou a aportar naturalidad e alegría o texto. Deste xeito, este álbum ilustrado representa a todos os nosos seres queridos, os que se foron para sempre. Eles viven nos nosos recordos e mentres os sigamos recordando permanecerán o noso carón.



  




Los versos del libro tonto

Giménez, Beatriz. (2010), Los versos del libro tonto, ilust. Valdivia, Paloma, España: Faktoría k de libros, [64pp] (ISBN: 978- 84-15250-03-6)

Breve descrición do formato e contido: libro de poesía que se caracteriza por ter unha forma rectangular, coas tapas duras e os cantos rematados en punta. Por unha banda, na parte superior da cuberta aparece o título da obra en letras maiúsculas, simulando que están feitas a man. Debaixo, na parte dereita aparece o nome da autora e a ilustradora en cores suaves e letra pequena. Destaca a ilustración dunha árbore, que ocupa a maior parte do espazo. Igual que co título, simula que está feita a man, podendo ser o debuxo de calquera neno/a. Nas súas polas podemos observar a un libro personificado e a uns pequenos bichiños (os versos) que deixan voar a nosa imaxinación. Na parte dereita inferior atópase o nome da editorial. Por outra banda, a contracuberta é moi sinxela, pois na parte central atópase de novo o nome da editorial, en letra moi pequena, e na parte inferior aparecen de novo os bichiños da portada, cada un dunha cor. En ambos casos emprégase unha cor clara para o fondo, dándolle máis énfase ás ilustracións.

En canto ao título, fai referencia a que, ao estar pechado durante moito tempo, o libro volveuse tonto, e os seus versos fuxiron en busca dun dono. En relación ao interior da obra, está formada por 25 composicións. No inicio atopamos un índice, no que se presenta unha estrutura de inicio, tres  partes adicadas a os versos que fuxiron polo mar, polo aire e pola terra respectivamente, e un final. A continuación, nas páxinas pares aparecen os poemas, e nas impares as imaxes que os complementan.
Con respecto  ás ilustracións, seguindo o estilo da cuberta, simulan debuxos feitos a man, e sempre teñen algunha relación co tema do poema da anterior páxina. Son simples, xa que aparecen algúns elementos sobre un fondo liso, captando así toda a atención. Os versos aparecen de distintos tamaños e cores, o que implica a diversidade. As cores empregadas son moi suaves, dándolle máis importancia aos poemas que as acompañan, situados sempre sobre un fondo branco.  En canto ao tipo de letra, xógase moito con acrósticos e cos tamaños, colocando, por exemplo, a palabra “pechados” dentro dun cadrado, ou a palabra “pequenos” nunha letra de menor tamaño. O vocabulario que se emprega é sinxelo, de fácil comprensión.

O contido trata duns versos, que, cansos de estar nun libro que ninguén emprega, foxen en busca de alguén que lles preste atención. Os que fuxiron polo aire, foron tragados polo galo veleta; os que foron polo mar atoparon a unha sirea; aos que fuxiron pola terra, recolleunos un escaravello peloteiro. 


Potencialidades: con esta obra anímase aos nenos e nenas á lectura dunha historia nunha estrutura diferente á habitual, xa que se emprega a poesía. Ademais, as imaxes complementan os poemas, representando os elementos máis destacados e conseguindo que a lectura sexa máis atractiva para os máis pequenos. A historia esperta a curiosidade dos nenos pola poesía, que, alimentando a súa imaxinación mediante a creación dun mundo abstracto coa personificación dos versos, consegue ser moi atractivo para os nenos e nenas.

xoves, 30 de marzo de 2017

Minilibros para soñar imperdibles 2


VV. AA. (2017) Colección Minilibros para soñar imperdibles 2: Orellas de bolboreta / A cebra Camila / Os ratos da casa / Gato Guille e os monstros / Un agasallo diferente / Xaime e as landras / Os de arriba e os de abaixo. VV. ilust., Pontevedra: Kalandraka, (+ 3 anos) (ISBN: 978-84-8464-307-4).
        


Breve descrición do formato e contido da obra: Trátase dun estoxo de minilibros de 7x7 Cm. que contén os seguinte álbums ilustrados: Orellas de bolboreta, A cebra Camila, Os ratos da casa, Gato Guille e os monstros, Un agasallo diferente, Xaime e as landras e Os de arriba e os de abaixo. Os libros son exactamente iguais que os orixinais pero en miniatura. O estoxo pertence á Colección Minilibros para soñar de Kalandraka. É o número 2 pero a colección conta cunha totalidade de sete estoxos. O estoxo é de cartón e presenta un formato cadrado. Os cantos son rectos e formando puntas. Na parte dianteira vese plasmada a cuberta do álbum ilustrado Orellas de bolboreta. Na parte de atrás pódese ver un listado dos sete libros que se atopan no interior. A caixiña abre polo lateral dereito e deste xeito xa se pode acceder ós minilibros. O estoxo é de cor laranxa.

Potencialidades: A primeira potencialidade que atopo é o diminuto tamaño dos libros. As nenas e nenos están acostumados a ler e ver libros dun gran tamaño que, ás veces, ata lles pode resultar difícil soster. O feito de que estes libros lles collan nas mans fai que os poidan manipular con máis facilidade e sintan que están feitos especialmente para eles. É dicir, adáptanse ós corpos dos nenos. Sae do convencional.
Outra das potencialidades é de tipo económico. Este estoxo custa 10 euros e contén sete obras que por separado custan de 10 a 15 euros cada unha. Por isto, está á man de moitas máis persoas.
Por outra banda, o tamaño pequeno fai que se podan levar dun lado a outro nun peto, nun bolso, nunha mochila... É un bo recurso xa que se poden ler nunha sala de espera de calquera lugar, por exemplo.
Por último, paréceme que o estoxo recolle unha serie de libros nos que se tratan diversos temas moi importantes para traballar con nenas e nenos: A autoestima e a imaxinación (Orellas de bolboreta); a constancia e o medio natural (Xaime e as landras); os animais, as cores e os números (A cebra Camila); o xogo de palabras e as rimas (Os ratos da casa); a superación dos medos e as partes da casa (Gato Guille e os monstros); a utilidade dos obxectos do día a día como xoguetes e a amizade (Un agasallo diferente); e a diversidade (Os de arriba e os de abaixo).



mércores, 29 de marzo de 2017




Ø  O libro Da Selva



Editorial: Everest, S.A. Carretera León- La Coruña, km5- León, Año de publicación (1995), encadernación: F. Capdevila, (+4 años). [24pp]. ISBN: 84-241-5579- 3), 3ª edición.

 Breve descrición do formato e contido da obra
: A cuberta é de cartón duro. Na cuberta principal aparece na parte superior o título do conto e na parte central, debaixo temos o debuxo dos protagonistas. Debaixo disto aparece o nome da editorial.

Na portada do libro podemos ver a un dos protagonistas co seu gran amigo de paseo.
En canto ao contido do conto este está composto por grandes imaxes que ocupan dúas láminas, estas reflexan o que vai ocorrendo en cada folla do libro. As letras son de un tamaño máis ou menos mediano, e dispóñense nunha ou sobre as dúas páxinas.



 Este libro é narrado en terceira persoa, aínda que contén algúns diálogos entre Mowgli e os animais da selva. Neste conto contase a historia de un neno que crece na selva e  coidado  por os animais da selva, en especial unha pantera e un oso, os seus amigos querían levalo ao poboado dos seres humans para que estivera a salvo do tigre que o quería matar, tras unha serie de acontecementos estes lograron salvar a Mowgli e grazas a presenza de unha nena humana que atoparon no seu camiño Mowgli acabou indo a onde pertencía que era o poboado humán.  
 












Potencialidades: Paréceme que é un libro moi interesante e importante, considero que é un libro bastante interesante para os máis pequenos, xa que os enseña a resolver diferentes situacións da vida.

Tamén respecto as imaxes do texto creo que están moi ben representadas, xa que ilustra todo o que vai contando o texto e podería guiarse o texto soamente cas imaxes

Que Tal estás?


Browne, Anthony (2011). Que TAL estás?, ilust. Mesmo autor, trad. Silvia Pérez Tato, Londres: S.L. Kalandraka Editora, [26pp.] (ISBN: 978-84-8464-723-2).
 
Breve descrición do formato e contido da obra:

 libro de tapa dura, de 27x22cm, con ilustracións que complementan o texto. O texto está en galego e é breve, deixando que se destaque a expresión e a actitude do personaxe na ilustración. Na cuberta aparece o protagonista do relato saudándonos. Na contracuberta hai preguntas sobre algún dos estados de animo que podemos presentar.





A partir da pregunta “Que tal estás”, o protagonista do conto expresa as diferentes emocións que unha persoa pode sentir: alegría, enfado, vergoña, fame, soidade...



  

 
Potencialidades: é unha historia onde se trata os sentimos e as sensacións que podemos ter durante o longo do día, como por exemplo: enfado, fame, tristeza..., a partir de palabras e imaxes sinxelas, xogos cromáticos e tipográficos, favorecendo a socialización e coñecemento de cada emoción para que os nenos e nenas aprendan a expresar como se están.

Ao ler o libro, introducimos o lector na historia, xa que primeiro é o protagonista quen expresa o que sente en diferentes situacións e ao final interactua con nos preguntándonos como estamos.

martes, 28 de marzo de 2017

Vamos a bailar

Genechten, G. (2014). Vamos a bailar. Madrid: Edelvives, col. ¡A observar!, [18 pp.] (ISBN: 978-84-263-9161-2)



Breve descripción del formato y del contenido de la obra: Este álbum ilustrado de tapas duras es de tamaño pequeño (21 x 22 cm). Tiene dibujos coloridos y la portada se corresponde con una de las páginas del interior. Al igual que la mayoría de las obras de este autor e ilustrador belga que creció en una zona rural, este libro también está protagonizado por animales. Cada doble página está dedicada a un animal diferente, que aparece repetido muchas veces pero con algunas ligeras modificaciones. El texto nos pregunta por animales concretos: “¿Qué cangrejo está sobre la colina?”, “¿Qué caracol está detrás del muro?”,”¿Qué caballito de mar tiene la nariz curva?”, etc.



Potencialidades: La mayor ventaja de esta obra es que sirve para trabajar la observación y la agudeza visual, ya que el lector o la lectora siente la necesidad de buscar en las imágenes la respuesta a las preguntas. De este modo, los más pequeños aprenderán a fijarse en los detalles y, al mismo tiempo, recordarán una variedad de animales e interiorizarán los conceptos relacionados con la dirección y la posición, como “delante”, “detrás”, etc. También prestarán atención a las características físicas y a los complementos típicos de una fiesta, ya que en todas las páginas se repite la pregunta “¿Y cuál quiere ir al baile?”. 

Fermín y los Reyes Magos


FERMÍN Y LOS REYES MAGOS

Vicente, Antonio (2011), Fermín y los Reyes Magos, ilust. Carmen Queralt, Narval Editores, (de 3 a 6 anos), [26 pp.] (ISBN: 978-84-938768-8-3).



Breve descripción del formato y contenido de la obra: Libro con esquinas cuadradas, páginas divididas horizontalmente y de tapas duras. Presenta breves textos en algunas de las páginas, donde el narrador cuenta la historia de Fermín, un niño de cuatro años que le pide muchas cosas a los Reyes Magos, pero Baltasar le trae una bolsita de tiempo para hacerse más mayor y así darse cuenta de que no es importante tener todos los regalos. También tiene grandes ilustraciones, realizadas como si se tratara de un 'collage', donde se muestran escenas de Fermín, de su perro Abundio y de los Reyes Magos.

Potencialidades: Este cuento trata una cuestión que a todos los niños les abstrae: la época navideña y el momento de elegir regalos. En este cuento Fermín le pide a cada uno de los tres Reyes Magos una serie de cosas. Fermín pide tantas cosas que no le traen todo lo que pide, pero el Rey Baltasar le trae cada año una bolsita de tiempo para hacerse más mayor, lo que hace que Fermín se dé cuenta de que no es importante tener todos los regalos, pero sí disfrutar más de los regalos que sí le han traído los Reyes Magos. Es por esto que esta historia invita a los pequeños a reflexionar sobre la verdadera importancia de la Navidad y sobre no excederse en el momento de pedir los regalos navideños, ya que no podemos tener todos los regalos.

domingo, 26 de marzo de 2017

Todos somos especiales


Maguire, Arlene (1995). Todos somos especiales, ilust. Sheila Lucas trad. Yanitzia Canetti, León: Everest, 33pp. (ISBN: 84-241-3181-9).

Breve descrición do formato e contido da obra:

libro ilustrado de tapa branda de 21x18cm. Está escrito en castelán e cada páxina conta con ilustracións e cun breve parágrafo harmonizado, onde a segunda e a cuarta estrofa riman. Na cuberta do libro vemos diferentes tipos de personaxes: animais e humanos, totalmente diferentes. A contracuberta introdúcenos a historia que trata cun breve resumo.
 
 
 
 
 
 
 
 

Todos somos especiais e únicos, non hai ninguén igual, uns teñen uns gustos e outros teñen outros totalmente diferentes: varias cores, varias medidas, incluso gustos e comidas preferidas.



Potencialidades: este libro ensínanos que todos somos especiais e únicos porque nos gustan cousas distintas. O importante deste libro é que os nenos e nenas a través del comprendan que cada un deles é diferente. Así, tratamos os gustos, as diferenzas e a diversidade.
O libro conta cunha páxina onde nos introduce a biografía da autora. Arlene dedicouse a escribir libros para inculcar a autoestima nos nenos e nenas pequenos. A nosa propia imaxe formase na primeira etapa de vida, e os seus libros ensínannos a expresar os sentimentos e a sentirnos orgullosos de ser quenes somos, de forma que cando un remata de ler o libro comprende que é especial e único e a verdadeira importancia de ser así.

Historiada resurrección do papagaio.



HISTORIA DA RESURRECCIÓN DO PAPAGAIO.


Galeno Eduardo, 2008, Historia da resurrección do papagaio, ilust. Santos Antonio, Edicións Kalandraka (2008).[24pp]. (ISBN: 978-84-8464-685-3)


Breve descripción do formato: É un album ilustrado rectangular con cuberta dura, coas páxinas en disposición horizontal, concretamente 24 páxinas, todas elas ilustradas co fondo branco e con texto ou ben nas páxinas da dereita ou da esquerda. Este libro pertence a unha parte do libro "Libros do zorro roxo" (2008) .
A historia narranos como o papagaio cae nunha pota de auga fervendo de sopa, e a nena que era a sua amiga chora a súa morte. Debido os constantes choros da nena vanse enterando as árbores as que reaccionan caéndolle as follas, as laranxas, os homes... cando a noticia chega ao ceo é unha triste noticia, polo que decide revivir o papagaio de varios cores, en honor as árbores, laranxas.... A nena volve sonreir por que resucitou o seu amigo, e ainda que teña diferentes cores ela quéreo igualmente.





Potencialidades:  Este libro podemolo utilizar para traballar conceptos como a morte e a tristeza, xa que son términos que se lle fan moi difíciles de entender aos nenos, e como pasa no libro, gracias a todo o que rodea a nena, mostranlle todo o seu afecto, necesidade esencial cos nenos a estas edades, e gracia a este afecto o seu mellor amigo que é o papagaio resucita.



















sábado, 25 de marzo de 2017

BAMBI

BAMBI



1985 Walt Disney Productions. Editorial: Everest, S.A. Carretera León - La Coruña, km 5- LEÓN.
Texto e ilustración: F. Capdevila , (ISBN: 84-241-5580-7). TERCERA EDICIÓN.




Breve descripción do formato e contido da obra: O libro está presentado entre unhas pastas duras de cartón. Na cuberta principal do libro aparece o título do libro e unha imaxe do protagonista da historia.
En canto á narración do conto, e bastante breve. Conta con 24 páxinas nas que a historia se reflicte con imaxes acompañada dun pequeno texto. As imaxes ocupan máis da metade das follas e atópanse en todas as páxinas do libro.
As letras son de un tamaño máis ou menos mediano e ocupan pouco menos da metade da lámina. Tamén se repiten en todas as páxinas do conto.




 A maior parte da historia está narrada en terceira persoa. Contén algúns diálogos nos que o protagonista do conto, Bambi, tamén fala cos seus amigos e ca súa nai.
Bambi e un pequeno cervatillo que naceu cos primeiros raios de sol que iluminaban o bosque. Tan pronto como bambi comeza e aprende a dar os seus primeiros pasos, comeza a xogar cos seus novos amigos, Tambor, o coello xoguetón, Flor, a tímida e adorable mofeta... Pero a diversión de patinar sobre un lago xeado, de mordisquear as flores do bosque e de xoguetear entre as árbores será soamente o principio de un longo aprendizaxe. Guiado por o seu amigo o Buho, Bambi aprenderá leccións sobre o valor do amor, a perdida de seres queridos, da madurez, e, en definitiva, de seguir adiante co camiño que marca a vida.

Potencialidades: Considero que é un libro bastante interesante para os máis pequenos, xa que os enseña a resolver diferentes situacións da vida.
Tamén respecto as imaxes do texto creo que están moi ben representadas, xa que ilustra todo o que vai contando o texto e podería guiarse o texto soamente cas imaxes.




venres, 24 de marzo de 2017

¡VOY A COMEDTE!

¡VOY A COMDEDTE!

Derouden, J-M (2013), ¡Voy a comedte!, ilust. Du Fay, Laure, España: Editorial Kókinos, 2da Edición, traducción de Miguel Angel Mendo, [36 pp.] (ISBN: 978-84-92750-86-3)
Breve descrición do formato e contido da obra: Album ilustrado que nos conta a historia dun lobo famento que ten un problema de dicción. Este lobo agóchase detrás dunha árbore esperando que se presente un prato de carne fresca, pero pasan dous coelliños que son moito mais listos que o lobo. Cambian a súa sorte convencendo ao lobo de que o seu problema de dicción é debido a un pelo que ten na lingua, e prometen arreglalo, o outro  coello axúdalle a cazar mellor, e finalmene o lobo perde os dentes petando contra unha árbore, e por todo isto, faise vexetariano.
As ilustracións teñen unhas cores con moitos contrastes, son grandes e expresivas, moi sinxelas e cunha paleta de cores moi reducida, moi parecidas aos dibuxos animados. O tipo de letra tamén xoga un papel moi importante, porque dependendo do tamaño,debe leerse con diferente intensidade.
Aparentemente, parece a típica historia do lobo malo que intenta comer a uns pobre animaliños, pero non ten nada que ver, e sorprende como discurre o conto, xa que o lobo é engañado polos coellos.
 
Potencialidades: Este libro trata de fondo unha dislalia selectiva, en concreto o rotacismo, pero sacándolle totalmente importancia, e contada dun xeito divertido, prestádose moito a historia para representar. Ademais, con este conto pódese traballar os medos que os nenos pequenos teñen, como neste caso, os coellos enfréntanse ao lobo que os vai comer.
É un libro moi indicado para iniciarse na lectura, xa que ten pouco texto, o que fai mais fácil leelo, sendo moi ameno porque apenas hai narración, case todo son diálogos.