venres, 3 de marzo de 2017

PINOCHO:




Editorial: Everest, S.A. Carretera León- La Coruña, km5- León, Año de publicación (1995), encadernación: F. Capdevila, (+4 años). [24pp]. ISBN: 84-241-5574-2), 3ª edición.

Breve descrición do formato e contido da obra: A cuberta é de cartón duro. Na cuberta principal aparece na parte superior o título do conto e na parte central, debaixo temos o debuxo do protagonista. Debaixo disto aparece o nome da editorial.

Na portada do libro podemos ver ao protagonista Pinocho sentado co seu amigo Pepito grillo.

                                                                                      



En canto ao contido do conto este está composto por grandes imaxes que ocupan dúas láminas, estas reflexan o que vai ocorrendo en cada folla do libro. As letras son de un tamaño máis ou menos mediano, e dispóñense nunha ou sobre as dúas páxinas.
            
 Este libro é narrado en terceira persoa, nel contase a historia de Gepetto, o vello carpinteiro, que desexaba que a súa última creación, “Pinocho”, una bonita marioneta de madeira, puidera converterse en un neno de verdade. Aparece unha fada Azul que lle concedeu o desexo, advertindo a Pinocho que para ser un neno de verdade, debería demostrar que era xeneroso, obediente e sincero. Pepito Grillo axudaríalle en dita labor. Pinocho viuse envolto nunha serie de malas aventuras cheas de desobediencias e mentiras, o castigo que Pinocho sufriu foi ver crecer o seu nariz de madeira cada vez que mentía. Pero Pinocho no fondo tiña  un bo corazón e darase de conta de todos os seus erros. Ao final Gepetto consigue o seu anhelado desexo, que Pinocho se convertese en neno e Pinocho non volve a ser desobediente nin a portarse mal, ni a dicir mentiras.

Potencialidades: Paréceme que é un libro moi interesante e importante, xa neste conto explicase dun modo tranquilo que non se debe mentir e que ai que ser xenerosos, obedientes e non se debe mentir nunca. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario