Van Genechten, Guido (2009), Qu´y
a-t-il dans ta couche?, Paris: Albin Michel Jeunesse, [32pp.] (ISBN: 978-2-226-18639-39).
Breve descrición do formato e contido da obra: É un álbum ilustrado de formato cadrado que mide 257mm x 267mm. Está
encadernado en cartón duro cunha capa de pintura vernizada polas dúas caras.
Na cuberta aparece
o título, situado na parte superior, dentro dun bocadillo. Xusto debaixo do
título atópase unha ilustración do protagonista, bebé Souris, e tamén o nome do
autor máis do editor, Albin Michel Jeunesse. Este é o fundador da Editorial
Albin Michel con sede en Francia. Mentres que na contracuberta, situado na
parte superior atópase a sinopse do conto xunto co ISBN nun fondo de cor
amarelo. No interior, o texto está tanto nas páxinas pares como nas impares. A
narración desenvolvese en francés.
As ilustracións están representadas por
diferentes bebés animais: un coelliño (bebé Lapin), un año (bebé
Chèvre), un cadeliño (bebé Chien), un tenreiro (bebé Vache), un poldro (bebé
Cheval) e un porco (bebé Cochon).
As cores dos debuxos son vivas e os detalles
están moi marcados, acordes ca narración do conto. Son imaxes con moitas cores;
na parte superior de cada páxina predomina unha cor branca, onde se atopa a
historia narrada, mentres que na parte inferior, predomina a cor verde e marrón
que se identifica cos distintos tipos de solo.O cueiro de cada bebé, ábrese
mediante unhas pestanas, para atopar os distintos tipos de excrementos.
O contido da obra trata
sobre una cría de rato. Bebé Souris é moi curioso e quere saber todo, incluso o que levan
os seus amigos no seu cueiro. Bebé Souris non deixa de preguntarlles: “Dime,
¿qué llevas en tu pañal?”. Todos os animais
dan a coñecer as súas obras. Finalmente, cando os animais piden ver o que
leva bebé Souris no seu cueiro, il ensínalle que non ten nada, porque usa un inodoro
para as súas necesidades.
Potencialidade: É un conto bastante humorístico e entrañable que ademais pode axudar
aos nenos e nenas no proceso de deixar de usar o cueiro cando son pequenos/as e tamén aprenden a limpeza. Os nenos e nenas estarán orgulloso de usar un
urinario e non manchar o seu cueiro. A interacción da obra fai que os nenos e
nenas se aferren a historia de bebé Souris.
Outra das
potencialidades a destacar é que os nenos e nenas desde moi cativos poden
aprender un idioma estranxeiro, como é o caso do francés. O contido da obra é
de fácil comprensión.
A finalidade é
axudarlle aos nenos e nenas a desenvolver as súas capacidades básicas, dende
que son moi cativos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario