Babarro, Xoán (1998), A
tea da araña que todo o apaña, ilust. Isabel Caruncho, editorial:
edebé-rodeira, [29 pp.] (ISBN: 84-8116-665-0).
Breve
descrición do formato e contido da obra:
Este conto trátase de un álbum ilustrado, de tapas
semiduras, máis ríxidas que as páxinas do seu interior, o cal pertence á
edición “Tren Azul”. A súa forma é rectángular, case cadrada: 21 x 20 cm.
Na portada aparece a protagonista principal, unha araña, e
na contraportada aparecen varias personaxes do conto: unha formiga, unha xoaniña e un
abellón.
O conto versa sobre unha araña que ao ir tecendo vai
apañando diversos animais que quedan presos na súa tea, ata que aparece o
elefante, o cal ao bambearse rompe a tea e os animais que quedaran presos na
tea quedan libres e marchan montados ao lombo do elefante.
A narración está chea de rimas e de repeticións de frases
de forma continua. Cada vez que un animal queda preso á tea, ese animal faise
amigo dos que xa estaban presos e repítese a descrición de cada un deles, como
podemos observar a continuación:
Potencialidades:
Este conto está recomendado para nenos maiores de 3 anos. A
temática da mesma permite a posibilidade de traballar cos nenos temas trasversais
como a amizade-amor, e a educación ambiental. Ademáis tamén serve para ir
traballando a memorística, xa que cada vez que un animal queda preso repítese a
descrición do mesmo mais a dos animais que xa estaban presos. Tamén serve para
que os nenos vaian aprendendo o que son as rimas e se vaian familiarizando con
elas, o cal pode servir como unha boa introducción á lectura de poesía.
Ningún comentario:
Publicar un comentario