Coas mans baleiras
Tortosa, Ana (2010), Coas mans baleiras, ilust. Cecilia Varela, trad. Laura Rubio, Pontevedra: OQO editora. (ISBN: 978-84-9871-236-0).
Breve descripción da obra: trátase dun libro ilustrado, formato cadrado e tapa dura. Na súa portada podemos apreciar unha nena moi alegre, sorindo levando un timón, os elementos relacionados co mar, como son os tentáculos dun polvo, auga e peixes ao seu arredor, xa nos dan unha lixeira idea de onde se vai desenvolver a historia (preto do mar).
Alba, é unha nena que vive nunha aldea costeira, ela é unha pequena moi alegre e gústalle camiñar pola veira do mar xunto co seu gato negro e imaxinarse cousas fermosas. Esta historia transcorre o día no que un amigo moi especial de Alba, Mario, cumpre anos, entón a historia desenrrólase coa protagonista, Alba buscando cousas que lle podería regalar a ese amigo tan especial.
O libro agora desenvólvese con Alba facéndose preguntas do que lle podería regalar a Mario, nunha páxina, e a continuación na outra páxina ela mesma da a súa resposta, por exemplo: ``- E se lle enredo uns fíos de vento?. - Non, iso xa o ten, porque o vento está nos seus recordos''. As respostas son respostas cheas de amor e de dozura, froito do amor que esta nena sente por ese amigo seu. Ao final da obra, podemos observar como cando Alba entra na casa, hai multitude de fotografías e pódese apreciar de que Mario é unha persoa maior, do cal deducimos que é seu avó. Cando chega a súa casa, Alba chega coas mans baleiras e seu avó respóndelle. "Alba, para min o mellor regalo es ti!''.

Potencialidades: Este é un estupendo libro o cal reflexa a liberdade e a imaxinación de man dunha nena que respeta o seu medio natural e que o disfruta dunha maneira máxica. Con este libro os nenos poderanse ver reflexados coa nena e asimilar a súa conducta de amor hacia a natureza e os elementos que a compoñen. Ademáis disto, este libro fai ver aos nenos que o que é verdadeiramente importante non é o material, senon que son as persoas que temos ao noso arredor e que tanto queremos, esta idea vese reflexada na boa relación entre o Mario e Alba.
As preguntas e as respostas que xorden no libro, convídannos a deixair voar a nosa imaxinación.
Ningún comentario:
Publicar un comentario