sábado, 11 de marzo de 2017

Os Bolechas queren saber... como é un porto


Carreiro, Pepe (2009), Os Bolechas queren saber... como é un porto, ilust. Pepe Carreiro, Vigo: Edicións a nosa terra, (de 5-6 anos), [29 pp] (ISBN: 978-84-8341-436-1).


Breve descrición do formato e contido da obra: É un album ilustrado rectangular e cuberta dura, coas páxinas en disposición horizontal, concretamente 23 páxinas todas elas ilustradas e con texto, exceptuando un par delas que só teñen ilustracións con etiquetas nos obxectos.  Este libro dos Bolechas, unha familia de seis irmáns aos que lles acompaña a súa mascota, pertence a unha colección en concreto: “os bolechas queren saber...” unha colección onde os personaxes principais ensinan aos nenos e nenas sobre temas sempre próximos a eles e elas, no caso desde libro fala sobre como é un porto e explica mediante texto e ilustracións todo o importante acerca deles, por exemplo, os tipos de portos que existen e para que se utiliza cada un, os tipos de barcos cos seus correspondentes usos... etc. Todas as coleccións dos bolechas conteñen material sinxelo e sobre todo didáctico, sempre orientado a nenos e nenas de curta idade.


Potencialidades: Este libro sobre coma é un porto, ao igual que todos os libros dos bolechas contén un importante compoñente didáctico, que permite que os mais pequenos interioricen conceptos e coñecementos útiles para a súa vida diaria neste caso en todo o relacionado cos portos e os barcos. Os espazos nos que se desenvolve a historia e recoñecible polos nenos e nenas aínda que non vivan nunha zona con mar. Esta proximidade e a súa sinxela linguaxe fai que os nenos e nenas se sintan partícipes na aventuras dos protagonistas. Cabe mencionar tamén que ao final do libro, tanto neste coma en todos os desta colección aparecen algúns coñecementos básicos que os nenos e nenas deberán lembrar tras ler o libro.

Ningún comentario:

Publicar un comentario