Amosando publicacións coa etiqueta didactismo. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta didactismo. Amosar todas as publicacións

mércores, 15 de febreiro de 2017

Había unha vez unha semente



Anderson, Judith (2010), Había unha vez unha semente , il. Mike Gordon, Madrid: Anaya, (5-6), [9 pp. ] (ISBN: 978-84-667-8684-3).


Breve descrición do formato e contido da obra : libro de tapa dura, cartón groso, cun formato medio e cadrado, con páxinas finas e ilustracións con animais, a semente, o avó e a neta. Tanto a cuberta como a contracuberta preséntanos unha anticipación de como vai ser o libro. Na cuberta podemos ver os trazos de debuxos simples pero atraíntes para o lectorlector, cores vivas a resaltar sobre a cor verde.  A contracuberta aparece de cor verde con algunha ilustacións (o avó e a bolboreta) ademáis dunha serie de imaxes doutros libros pertencentes  á mesma colección da autora.Nas gardas aparece unha ilustración dun avó coa súa neta plantando unha semente. Cando pasamos a páxina encontrámonos nun xardín onde se nos mostra a unha nena nunha arrandeira observando a seu avó, que está a soster unha maceta e unha planta.Ao seu redor hai unha gran diversidade de flores, polo que podemos deducir que é primaveira, tamén hai un paxariño voando e un gusán cun bocadillo onde expresa o que está a pensar. Se cambiamos de páxina aparécenos a nena dándolle unha bolsa de sementes a seu avó, logo a man da nena  poñendo a semente a plantar e á súa beira un gusán ; a seguir, o  avó colle a maceta e levavaá a un lugar seguro para a continuación regar a semente. Nas seguintes páxinas o avó vaille relatando á nena como crecen as sementes ata chegar a ser unhas plantas, tamén observamos con imaxes como a semente vai evolucionando ata converterse nun fermoso rosal. Ademáis vese que a nena aprende como se reproducen as plantas (polinización), quen as axuda (as avellas, paxaros...) que dentro das froitas se encontran as sementes da plantas...







Potencialidades: é un conto didáctico que permite ensinarlles aos nenos e nenas  como se reproducen as plantas, quen lles axuda a facelo, porqué presentan esas cores tan chamativas, etc. As cores son un elemento fundamental para atraer o lector, as viñetas como unha forma máis sinxela para que o neno/a lea con maior entusiasmo, os animais como elementos que remiten cara a un ambiente natural. En xeral, é un libro entretido e con diferentes escenarios, polo que os pequenos e pequenas se meten dentro do conto e van vivindo cada unha das fases e experiencias que presenta a planta ata chegar á súa madurez.