Amosando publicacións coa etiqueta Este monstruo me suena. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Este monstruo me suena. Amosar todas as publicacións

sábado, 29 de abril de 2017

Este monstruo me suena

Keselman, Gabriella (2004), Este monstruo me suena, ilust. Emilio Ubernaga, editorial: La Galera, (+3 anos) [32 pp] (ISBN: 978-84-2463-908-2)

Este-Monstruo-me-Suena-portada.jpg

Formato: trátase dun álbum ilustrado, tamaño A4, rectangular e de tapas duras. O estilo das ilustracións é sinxelo e fácil de seguir, os fondos presentan tons cálidos e moi intensos, especialemente vermellos e amarelos escuros. Na maior parte do libro o monstruo non aparece totalmente debuxado, non se lle pode ver a cara ata o final; isto mantén a expectativa de descubrir a súa identidade. As ilustracións complementan perfectamente o texto, o cal enfatiza determinadas palabras ou frases aumentando o seu tamaño.

Este-monstruo-me-suena-interior_1.jpgEste-monstruo-me-suena-interior.jpg


Contido: o conto relata a historia dun neno chamado Eugenio. O rapaz está xogando cando de pronto aparece un monstruo que o quere comer. Eugenio non está asustado porque non é a primeira vez que o ve. O monstruo mete ó neno nun recipiente cheo de auga quentiña e bótalle unha especie de crema pola cabeza. Da igual o que faga o rapaz, non pode escapar. Ó final, o monstruo saca a Eugenio da auga, e lle pon o pixama para que non teña frío; resulta que o monstruo tan coñecido era o seu pai, dándolle o seu baño diario.

Potencialidades: con esta obra podemos traballar aspectos como a hixiene e o coidado persoal, as relacións pais-fillos, a perda do medo ós monstruos e valentía. O punto forte da historia é o humor que se encontra sempre presente e o seu final tan tenro.