Amosando publicacións coa etiqueta Nadal. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Nadal. Amosar todas as publicacións

mércores, 13 de maio de 2020

A boneca e a castañeira

Aliaga, Roberto (2008). A boneca e a castañeira, ilust. Maja Celija, Pontevedra: Editorial OQO. [48 pp.]. (ISBN: 978-84-9871-068-7)

Descrición do formato e o contido: A boneca e a castañeira é un álbum ilustrado de Roberto Aliaga (Ciudad Real, 1976) de 15x20 cm e cunha encadernación de cartoné, esta historia está en galego pero tamén conta cunha versión en castelán. Na cuberta do libro aparece o título do libro, o nome do autor e da ilustradora, a editorial e o escaparate no que aparece a boneca que posteriormente a avoa intentará comprar para a súa neta, ademais doutros xoguetes. Na contracuberta do libro atopamos a imaxe da avoa indo cara a cidade coa súa banqueta das castañas, ademáis do código de barras e a editorial. 
No interior do álbum, as gardas, estas son sinxelas, completamente azuis escuras cunhas raias amarelas. Despois atopámonos cunha páxina de dereitos onde aparecen catro castañas a esquerda da páxina, esta infórmanos do título orixinal, da edición (título orixinal, edición, ilustradora, deseño gráfico e maquetación, imprent, ISBN e depósito legal). Na portada aparece a boneca de Marcela sentada apoiada nun toro de madeira, imaxe que podemos observar na primeira páxina da historia, xunto co título, o nome do autor e da ilustradora e a editorial. A relación entre texto e imaxes é complementaria, durante toda a historia as ilustracións acompañan a mensaxe do texto ambientando as distintas situacións que se van mencionando no álbum, de maneira que o texto sempre cambia de lugar nas páxinas para non cortar ou superpoñer as imaxes e poder transmitir as emocións mellor. Recórrese a xogos de tipografía,ao facerse unha diferenciación entre a narración e os diálogos, dado que cando falan Marcela ou a súa avoa, o texto aparece en letra grosa. A linguaxe é sinxela e adaptada á idade dos lectores e lectoras; as ilustración son a dobre páxina e as cores e materiais semellan estar realizados con pinceis e acuarelas, xogando con distintos planos para mostrar as diferentes emocións que teñen as protagonistas. Grazas ás sombras e ás cores máis suaves, conseguen dar forma e volume a todos os elementos que aparecen na historia. 
En canto ao contido, o álbum presenta a Marcela, que vive soa xunto coa súa avoa e unha boneca de trapo, gastada polo paso do tempo e o cariño que lle dá Marcela. Coa chegada do Nadal a avoa quere comprarlle unha boneca nova a Marcela pero non ten o diñeiro necesario, situación que se soluciona cando a un señor, coas présas, deixa caer un agasallo que é unha boneca de porcelana. A Marcela gústalle a boneca pero non tanto como se imaxinaba a avoa que sería. Un narrador heterodiexético presenta a historia de Marcela e a súa avoa, introduce o conflito e pecha a historia. Tamén podemos escoitar as voces das protagonistas cando a avoa dubida se comprar a boneca de porcelana e cando lle explica a neta as normas que implica xogar con ela.

Potencialidades: a lectura desta obra permítenos reflexionar sobre o Nadal e o consumismo que se produce nestas datas tan sinaladas. Coñecer esta historia permite reflexionar sobre o valor dun xoguete, a súa capacidade para fomentar a imaxinación e a creatividade dosmáis novos. Por outra banda, as ilustracións permiten a nenos e nenas facer unha lectora visual e complementaria ao texto, potenciando a autonomía e a exploración pola súa parte.

Cando Martiño tivo ganas de mexar na Noite de Reis


Heras, C. (2000). Cando Martiño tivo ganas de mexar na noite de reis, ilust. Kiko Dasilva, Pontevedra: Kalandraka Editora. (ISBN: 978-84-8464-438-5).

Descrición do formato e o contido: libro de capa dura de Chemas Heras. Na cuberta aparece o título, no cal se destaca a palabra Martiño nun formato diferente, exemplificando as nubes, e a Noite de Reis en letra máis grande, o nome do autor e ilustrador, todo o conxunto nun fondo ilustrado no cal se ve a figura po protagonista espido escapandolle a un monstro. Na contracuberta aparece unha imaxe dunhs agasallos ao carón dunha árbore de nadal e unha fiestra pola cal están mirando os tres reis magos. A seguir aparece a páxina de dereitos, na que se reflicten, mediante unha listaxe informativa, datos de autoría, ilustración e copyright. Na portada recóllense os datos da cuberta acompañados dunha iustración diferente. Esta vez o protagonista aparece mexando enrriba da lua e o seu nome no mesmo formato que o da portada. Dende o punto de vista do contido, esta obra aborda, mediante o humor, a temática do nadal, exemplificada na obra coas ganas de mexar que lle entran ao protagonista a noite de Reis. O tren que lle pedira aos Reis viña atado a un penico que ao protagonista non lle importou arrastrar coa locomotora e resto de vagóns do tren. A anécdota parte de como solventa o protagonista as ganas de mexar na noite de Reis, sabendo que seu pai lle advertira que tiña que estar durmido. A obra en si representa un suceso común nas crianzas. Este álbum ilustrado propicia unha lectura que esixe a implicación do ector para seguir o fío da historia e acadar o obxectivo final: vivenciar o Nadal a través da ilusión dos cativos. A estrutura asenta en parágrafos breves que se refiren ás ilustracións, permitíndonos identificar o mencionado no texto. Obsérvase unha forte ligazón entre as ilustracións e o contido, especialmente reflectido na exprescion facial e corporal das personaxes. As ilustracións, elaboradas cun forte colorido, presentan unha forte expresividade o que fan da obra un atractivo dos lectores. A escrita aparece reflectida enrriba das ilustracións e cando se mencionan as cores aparece cada palabra coa súa cor correspondente.

Potencialidades educativas: a lectura desta obra permítenos abordara temática do Nadal dende a ilusión coa que o viven as crianzas. Convídanos a recordar a maxia dese acontecemento tan especial coa que vivíamos cando eramos pequenos/as. Fomenta a imaxinación a partir dun sentimento e de maneira transversal, aborda a aprendizaxe das tres cores primarias. Debido as imaxes da obra, pode adaptarse a calquer idade, xa que a súa efusividade é capaz de captar a atención de calquer público. Esta obra fomenta a imaxinación.

Recursos:
Avance da obra: https://issuu.com/kalandraka.com/docs/cando-martinho-g_f31e5234cad2e8
Experiencias do alumnado: https://www.youtube.com/watch?v=q4098UHWUhA
https://www.youtube.com/watch?v=FLpvW-YsO-Y

sábado, 11 de febreiro de 2017

O APALPADOR E A CASTAÑA MÁXICA

G. Xoán (2011). O Apalpador e a castaña máxica, A Coruña: Biblos Club Editores, ( 4 a 12 anos) [36 pp], ( ISBN: 978-84-15086-15-4).


Breve descrición do formato e contido da obra: É un libro de formato pequeno, case cadrado, cunha encadernación de cuberta dura e unhas ilustracións moi fermosas. Mención Especial do Premio Xosé Neira Vilas ao libro infantil e xuvenil do ano 2011 (AGE), este fermoso libro achéganos á figura do apalpador, personaxe mítico galego que baixa polo Nadal a levarlles os agasallos aos nenos e nenas. Entra de noite nos seus cuartos cando están durmidos e apálpalles a barriguiña por ver se enstán mantidos e déixalles, ademais dos xoguetes, unha presa de castañas  . 

  


"O señor Apalpador, como todos os días, érguese e fai os seus labores cotiáns. Mais un día decátase de que algo mudaba esa rutina, non atinaba ben a identificalo, pero parecía que as cousas que pensaba volvíanse realidade. Algo misterioso? Algo máxico? Será unha castaña a responsábel de todo? Será unha castaña distinta? Pero... pásalle só a el?" Para descrubrilo haberá que achegarse ás súas páxinas e entrar no seu mundo. 

Potencialidades: A figura do Apalpador segue a ser descoñecida para moitos nenos e nenas galegos (e non tan nenos), polo que é moi importante coñecela dende idades temperás para que non desapareza da cultura galega, e evitar que Papá Noel siga a roubarlle o seu traballo. Este libro axudaranos a coñecer mellor a este personaxe, unha das figuras máis representativas das montañas lucenses do Courel, e tamén dalgunhas razas autóctonas de animais domésticos simbolizando, á súa vez, un canto á imaxinación e á creatividade que envolve o  mundo do Apalpador.