Heras, C. (2000). Cando Martiño tivo ganas de mexar na noite de reis,
ilust. Kiko Dasilva, Pontevedra: Kalandraka Editora. (ISBN: 978-84-8464-438-5).
Descrición do formato e o contido: libro de capa dura de Chemas Heras. Na cuberta
aparece o título, no cal se destaca a palabra Martiño nun formato
diferente, exemplificando as nubes, e a Noite de Reis en letra máis grande, o
nome do autor e ilustrador, todo o conxunto nun fondo ilustrado no cal se ve a
figura po protagonista espido escapandolle a un monstro. Na contracuberta
aparece unha imaxe dunhs agasallos ao carón dunha árbore de nadal e unha
fiestra pola cal están mirando os tres reis magos. A seguir aparece a páxina de
dereitos, na que se reflicten, mediante unha listaxe informativa, datos de
autoría, ilustración e copyright. Na portada recóllense os datos da cuberta
acompañados dunha iustración diferente. Esta vez o protagonista aparece mexando
enrriba da lua e o seu nome no mesmo formato que o da portada. Dende o punto de
vista do contido, esta obra aborda, mediante o humor, a temática do nadal,
exemplificada na obra coas ganas de mexar que lle entran ao protagonista a
noite de Reis. O tren que lle pedira aos Reis viña atado a un penico que ao
protagonista non lle importou arrastrar coa locomotora e resto de vagóns do
tren. A anécdota parte de como solventa o protagonista as ganas de mexar na
noite de Reis, sabendo que seu pai lle advertira que tiña que estar durmido. A
obra en si representa un suceso común nas crianzas. Este álbum ilustrado
propicia unha lectura que esixe a implicación do ector para seguir o fío da
historia e acadar o obxectivo final: vivenciar o Nadal a través da ilusión dos
cativos. A estrutura asenta en parágrafos breves que se refiren ás
ilustracións, permitíndonos identificar o mencionado no texto. Obsérvase unha
forte ligazón entre as ilustracións e o contido, especialmente reflectido na
exprescion facial e corporal das personaxes. As ilustracións, elaboradas cun
forte colorido, presentan unha forte expresividade o que fan da obra un
atractivo dos lectores. A escrita aparece reflectida enrriba das ilustracións e
cando se mencionan as cores aparece cada palabra coa súa cor correspondente.
Potencialidades educativas: a lectura desta obra permítenos abordara
temática do Nadal dende a ilusión coa que o viven as crianzas. Convídanos a recordar a
maxia dese acontecemento tan especial coa que vivíamos cando eramos
pequenos/as. Fomenta a imaxinación a partir dun sentimento e de maneira
transversal, aborda a aprendizaxe das tres cores primarias. Debido as imaxes da
obra, pode adaptarse a calquer idade, xa que a súa efusividade é capaz de
captar a atención de calquer público. Esta obra fomenta a imaxinación.
Recursos:
Avance da obra: https://issuu.com/kalandraka.com/docs/cando-martinho-g_f31e5234cad2e8
Experiencias do alumnado: https://www.youtube.com/watch?v=q4098UHWUhA
https://www.youtube.com/watch?v=FLpvW-YsO-Y
Ningún comentario:
Publicar un comentario