luns, 11 de maio de 2020

Pepo va al colegio



Mariscal, E.(2002). Pepo va al colegio. Ilust. Avi. Madrid: Editorial Santillana. [16pp.]. (ISBN 84-294-7333-5).

Breve descrición do formato e contido da obra: álbum ilustrado que presenta na cuberta o debuxo dun coello cunha mochila ás costas con cores verdes e laranxas, o que permite intuír que vai a algún lugar, xunto co título da obra e o nome da editorial. Na contracuberta aparece o mesmo que na cuberta, pero o coello agora semella máis lonxe. Na portada recóllense os mesmos elementos que na cuberta e contracuberta. O argumento do libro conta a historia dunha parella de amigos que son unha nena e un coello que van sempre xuntos á escola e un día axudan a un burro que estaba enredado cunha corda coa que estaba amarrado. 
Texto e imaxes manteñen unha relación complementaria, contribuíndo á recreación da historia e esixindo implicación do lectorado para identificar o que se reflicte na lectura visual, que ocupa a dobre páxina. O estilo das ilustracións é figurativo e as cores son cálidas, pintadas con acuarelas, marcadas cun borde negro. 

Potencialidades educativas: coa lectura desta obra pódese traballar o compañeirismo, xa que é moi importante transmitirlle aos nenos e nenas que hai que ser bos compañeiros e compañeiras, ao igual que boas persoas para axudar a alguén se o necesita. Tamén se poden abordar outras características como humildade e a xenerosidade.  

Ningún comentario:

Publicar un comentario