A pota que
trota
Patacrúa/ Andrés, Kristina (2009). A
pota que trota, Pontevedra: OQO. [36 pp.]. (ISBN: 978-84-96788-95-4).
Descrición do formato da obra e
contido: álbum ilustrado que é unha adaptación dun conto popular feita por Patacrúa
e con imaxes de Kristina Andrés. A cuberta amosa unha paisaxe desértica cunha
pequena casa e dous pobres labregos cunha pota. Na contracuberta obsérvase a
continuación da paisaxe desértica. As gardas amósanos varios paxaros de
distintas cores, dous cans, un pato e unha abella en tamaño moi reducido, sobre
un fondo dourado. Na portada aparece unha pota de tamaño considerable agarrando
a un patiño e, sentado ao seu lado, un neno observando. O título está en
grandes letras negras, un tanto desgastadas. Nárrase a historia dun rei moi avarento
que abusaba da xente do seu pobo. Un día, unha parella de labregos que non
tiñan xa para comer deciden vender a súa vaca e intercámbiana por unha pota
máxica. A pota proporciónalles a comida e as riquezas que se serven no palacio
e finalmente dálle un merecido escarmento ao rei.
O álbum presenta imaxes a toda
páxina, acompañadas dun breve texto sempre situado nunha esquina, que aparece
en cor negra para facilitar a súa visualización. As cores que predominan son cálidas
e cunha gran variedade. As ilustracións son moi expresivas e realistas.
Potencialidades: Este conto
permite traballar na aula o tema da avaricia e a importancia de compartir cos
que máis o necesitan. Con esta lectura debemos de ensinarlle aos nenos e nenas
que ser egoístas e avariciosos son características que nos distancian dos
demais e que nunca nos transmiten nada positivo como seres humanos.
Recursos:
Ningún comentario:
Publicar un comentario