Aguirre, Zuriñe (2016), Martín Gris, España: Cb Fun Readers, [36 pp.]. ( ISBN: 978-84-94441-22-6).
Descrición do formato e contido: álbum ilustrado de Zuriñe Aguirre, que mereceu o premio “Cuentos para la igualdad 2013”. Na cuberta presenta o nome da autora, o título e o nome da editorial, acompañados da imaxe dun neno en cor branco e negro cunha árbore de corazóns na súa cabeza. Na contracuberta aparece o código de barras co seu ISBN e o nome da editorial. No lombo aparece o título e nome da autora. Na portada repítense os datos da cuberta.
O protagonista é un neno que perdeu a súa cor por estar triste a causa das súas preocupacións derivadas de non lle gustar aos demais. Imaxinábase que algún día lle podería cambiar algo no seu corpo, como aparecerlle ás de libélula, un nariz de pallaso con lunares… A todas estas preocupacións que o invaden a nai faille comprender que non son problemas, dado que todos somos diferentes e que as súas características son virtudes para as persoas que o queren de verdade.
Potencialidades: a lectura deste álbum permítenos traballar a autoestima, a importancia de quererse a un mesmo e a diversidade, así como outros temas máis secundarios como os medos e inseguridades que poden condicionar as nosas vidas.
Recursos:
La fábrica de los peques. 2020. Hoy Leemos "Martín Gris". - La Fábrica De Los Peques. [online] Obtido de: <http://lafabricadelospeques.com/hoy-leemos-martin-gris/#> [Acceso 1 May 2020].
Paréceme unha obra moi interesante coa que se pode traballar, tanto na escola como na casa a confianza nun mesmo e a aceptación das diferenzas. Considero moi importante traballar a autoestima e a expresión dos medos e inseguridades dende idades temperáns, de xeito que isto axudará a crear persoas emocionalmente competentes que saberán combatir novas as novas inseguridades e medos que podan xurdir ao longo da súa vida.
ResponderEliminar