Amosando publicacións coa etiqueta xogo.. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta xogo.. Amosar todas as publicacións

sábado, 29 de abril de 2017

Queres xogar comigo?

Carle, Eric. (2007). Queres xogar comigo?, ilust. Mesmo autor, trad. Xosé Ballesteros, Pontevedra: Kalandraka Editora, [30pp.] (ISBN: 978-84-8464-647-1).


Breve descrición do formato e contido da obra:

libro de tapa dura, de 22x30cm, con ilustracións que complementan o texto. Ademais, segundo vamos lendo, estas ilustracións adiántannos o personaxe que aparecera na seguinte páxina. Trátase dun texto dialogado en galego. Na cuberta aparece un elefante e un ratiño, o principal personaxe da historia, preguntado “Queres xogar comigo?”, o que conforma o argumento e o título da obra. A contracuberta é lisa.




 
A partir do título, podemos saber de que vai tratar a historia. Un ratiño busca a alguén para poder xogar. Desta forma, vai pasando por diversos animais, pero todos lle din que non, ata que finalmente se atopa cunha ratiña que está xogando as agochadas.

Potencialidades: esta obra busca principalmente xogar cos lectores: primeiro, identificando os máis pequenos co ratiño, e logo adiviñando quen será o seguinte animal co que o personaxe principal quere xogar, xa que antes de pasar a páxina observamos unha característica do individuo que vai aparecer: unha cola, plumas... Ademais, axuda o coñecemento dos diversos animais que aparecen ó longo da historia: león, mono, cabalo, serpe...
O texto acompaña as imaxes, seguindo sempre a mesma estrutura. O colorido das ilustracións, a variedade de formas e a expresividade dos personaxes son calidade propias do autor.

É unha historia emocionante, divertida e atractiva dende o punto de vista estético e didáctico.