Amosando publicacións coa etiqueta a autonomía. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta a autonomía. Amosar todas as publicacións

mércores, 13 de maio de 2020

El libro de los culitos

Portada de El libro de los culitos




VAN GENECHTEN, Guido, (2006). El libro de los culitos. Trad. TELLECHEA, Teresa. Madrid: SM (ISBN: 978-84-6750-769-0).

Descripción del formato y contenido: Álbum Ilustrado escrito por Guido Van Genechten compuesto por 22 páginas y dirigido a niños y niñas a partir de los 24 meses. Tiene unas dimensiones de 22x21 cm y está encuadernado en cartoné, todas las páginas son consistentes y del mismo grosor, lo que permite su fácil manipulación. En la cubierta, que es de color blanco, aparece una ilustración de un niño sentado en un orinal, que ocupa casi toda la página, y a su lado un rollo de papel higiénico; en la parte superior aparece el título del libro y debajo de este el nombre del autor y el de la editorial en la parte inferior derecha. En la contracubierta hay un pequeño texto que nos indica los usuarios del libro y la edad a la que está recomendado, también podemos ver los títulos de la colección y debajo de estos los derechos. La cubierta del libro hace el papel de portada ya que, al abrirla se entra directamente en la historia. El contenido del libro resulta muy visual, las ilustraciones son a doble página y destacan por su contorno marcado en líneas negras, de igual modo, destacan los juegos tipográficos en los que las letras que definen las características de los animales están íntimamente relacionadas con su descripción.


El libro de los culitos cuenta la historia de Juan, un niño que le dice a su mamá que tiene ganas de hacer pis, después de esto, se explican los diferentes tipos de culitos que se pueden encontrar colocando de ejemplo a diferentes animales. El narrador es heterodiegético y cuenta la historia en tercera persona. Los protagonistas son Juan, un niño que está aprendiendo a usar el orinal, y diversos animales: una jirafa, un elefante, un cerdo, una cebra, un ratón un oso polar y una rana. 

Potencialidades: la lectura de este cuento propicia la familiarización de niños y niñas con el uso del orinal y con el proceso de control de esfínteres. También se puede trabajar diversos conceptos como grande, pequeño e incluso los animales y los colores.

xoves, 9 de abril de 2020

Distinta


Sozapato & B. Valencia (2019). Distinta. Pontevedra: Kalandraka Editora.

Descrición do formato e contido: álbum ilustrado con texto de Beto Valencia e imaxes de Sozapato. De formato cadrado, de fácil manexo para os/as usuario/as e tapa dura, na cuberta predominan as grandes dimensións dos debuxos como a ilustración da protagonista do conto e destacan as cores vivas. Ademais, tamén aparece o nome do escritor, da ilustradora e da editorial. Na contracuberta atópase o nome da colección á que pertence o conto, o ISBN, o código de barras e páxina web da editorial. No interior, as ilustración presentan un claro contraste entre as que reflicten a sociedade, nas que abundan e sobresaen as cores escuras que transmiten tensión e tristeza, pola contra cando aparece Lúa, a protagonista, as páxinas énchense de alegría. En todas as páxinas prevalecen as imaxes figurativas fronte ao texto. 
 O contido de Distinta xira ao redor da historia de Lúa, unha nena que desfruta e valora cousas pequenas e insignificantes para o resto da sociedade. A positividade, as ganas de vivir e a enerxía dela loitan fronte ás rutinas, a negatividade, o mal humor e as desganas dos adultos. Este conto presenta dúas perspectivas e maneiras de ver a vida a afrontar o día a día. Todo isto fai que Lúa se sinta diferente. A historia é narrada en terceira persoa.

Potencialidades: 
A través deste conto podemos traballar o valor do autoconcepto e tamén da autoestima desde unha perspectiva positiva. Aplicar estes valores na aula axuda aos nenos e nenas a ter máis autonomía, independencia, seguridade ante posibles problemas ou conflitos, coñecer as fortalezas e debilidades dun/ha mesmo/a. Ademais outro aspecto fundamental que se traballa con esta obra é fomentar a visión positiva fronte á vida, aos problemas, ás diferentes situacións, poder ver as cousas dunha maneira global e obxectiva.


Recursos:
Oliver, J. (2019). Distinta’ para disfrutar de nuestras diferencias, en https://papelenblanco.com/distinta-para-disfrutar-de-nuestras-diferencias-78c8e9246076 (consultado o 25 de marzo de 2020). 

Recensión no Blog Apego y literatura en http://apegoyliteratura.es/resena-distinta/

martes, 7 de abril de 2020

Tento e mailo medo


Alcántara, Ricardo (2001). Tento e mailo medo, ilust. Gusti, Zaragoza: EDELVIVES, [32 pp.]. (ISBN: 84-263-4600-6).

Breve descrición do formato e contido: O álbum ilustrado que se presenta está encadernado en cartoné, cunhas dimensión de 20x20 cm. Na cuberta pódese observar o título da obra, no que o nome do protagonista aparece en letras maiúsculas  e de diferentes cores e na última vogal hai un óso debuxado porque aos cans gústanlle, xa que o protagonista é un. No pé da cuberte aparece o protagonista cunhas cestas da compra na man e cunha expresión de medo na súa cara. O fondo divídese en dúas cores, na parte superior é de cor branca e na inferior de cor púrpura, na parte esquerda hai unha franxa en vertical de cor púrpura cuns ósos debuxados enriba. A contracuberta ten o mesmo fondo que na cuberta, dividido en dúas cores, branca e púrpura, e na parte dereita unha franxa coa cor púrpura e os ósos debuxados. Na parte superior soamente aparece o nome do protagonidta en letras maiúsculas e con diferentes cores e debaixo aparecen os diferentes contos da colección de Tento. Nas gardas iniciais e finais aparece o mesmo fondo, nunha cun fondo púrpura e con ósos e un gorriño de cor branca, que simbolizan as súas pertenzas, e noutra o fondo é branco e as súas pertenzas en púrpura. As imaxes atópanse todas na parte dereita e na esquerda o texto correspondente a eles dentro dun fondo de cor púrpura. As ilustracións presentan cores moi atractivas que chaman a atención dos pequenos lectores e lectoras e destaca moitos as expresións faciais do protagonista mostrando as súas emocións. Salientan tamén todos os detalles que acompañan o noso protagonista.
Desde o punto de vista do contido, nárrase a historia de Tento, un can pequeno ao que un día os seus pais o deixaron ir de paseo cos seus amigos porque xa era maior, entón el e os seus amigos deciden ir ao supermercado, xa que nunca viran ningún. Durante a excursión, Tento perdeuse e como tiña medo a pedir axuda, polo que poderían pensar seus amigos, decidiu berrar moi forte ata que chegaron os seus amigos e quedaron sorprendidos pola voz tan forte que tiña, que semellaba a dos cans grandes. Finalmente Tento decatouse de que non era tan pequeno como pensaba.


Potencialidades educativas: A lectura de Tento e mailo medo permítenos traballar diferentes aspectos cos nenos e nenas. Por un lado, pódese traballar as emocións, neste caso sería o medo, xa que ocupa un lugar importante porque moitas veces os nenos e nenas non son capaces de expresar as súas emocións ou sentimentos, por iso con esta historia trabállase unha posible solución: pedir axuda, porque ás veces os nenos e nenas ven as súas propias expresións reflectidas nos contos. Por outro lado, tamén se pode traballar sobre a importancia da amizade, xa que favorece o desenvolvemento social e afectivo dos nenos e nenas e proporciona cariño e unha maior seguridade afectiva; a formación de vínculos entre varias persoas, saber coidalas, empatizar con elas e comprendelas. Ademais, pódese traballar a autonomía, aprender a tomar as propias decisións e actuar por un mesmo. Por último, o pracer de experimentar todo canto nos rodea, observar e coñecer novos lugares, o que nos ofrecerá unha maior autonomía como se citou anteriormente.

Recursos de interese:
E. (2015, 29 de maio). Cuentos en la biblioteca. Tento y el miedo. Recuperado de https://lapina30.wordpress.com/2015/05/29/cuentos-en-la-biblioteca-tento-y-el-miedo/ (31/03/20)