Amosando publicacións coa etiqueta irmán. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta irmán. Amosar todas as publicacións

mércores, 1 de marzo de 2017

Mamá ten unha casa na barriga



Andreae, Giles (2001). Mamá tiene una casa en la barriga. ilust. Vanessa Cabban, Barcelona: S.A. ediciones Beascoa (de 2 a 6 anos), [26 pp.] (ISBN:9788448811013).

Breve descrición do formato e contido da obra: Álbum ilustrado narrativo de gran formato (26x28cm). As cubertas son ríxidas e coas esquinas sobresaíntes.

Na cuberta pódese ver a imaxe dunha muller en cinta e un neno, abrazándose o que nos dá a pensar que é unha nai co seu fillo,o que nos pode dar unha pista sobre o contido do libro. Na parte superior observamos o título e na inferior a autora e ilustrador do libro xunto coa editorial. No lomo aparece a imaxe dun home lendo un conto a un neno, cun texto breve e sinxelo onde nos fala da barriga da súa nai.
As gardas, tanto a anterior como a posterior, hai unha serie de dibuxos cotians sobre un fondo amarelo. Na portada do libro podemos volver a ver a imaxe da nai e do neno, pero desta vez estes
están de pe e agarrando a barriga embarazada.


DSC_0005.JPG


Referente ao contido do conto esta esta composto por grandes imaxes que ocupan dúas láminas, estas reflexan a ternura do que trata o libro. As letras son tamén grandes, e dispóñense nunha ou sobre as dúas páxinas. Contado a modo de poesía rimando cada estrofa na súa última vogal.

DSC_0007.JPG

Este é un libro narrado por un neno onde explica que o que hai na barriga da súa nai é a súa nova irmá,  fala de como el tamén estivo ai dentro, de cómo está e come a súa irmá, de como coidar a súa mamá…

Potencialidades: Paréceme que é un libro moi importante, pois a chegada dun novo irmán conleva grandes cambios o na vida dos nenso e nenas. Este conto explica dun modo tranquilo e doce os cambios que van sucedendo na barriga da nai e todas as vantaxes que ten a chegada un novo irmá.