Amosando publicacións coa etiqueta vocabulario.. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta vocabulario.. Amosar todas as publicacións

venres, 21 de abril de 2017

Sígueme! (unha historia de amor que non ten nada de raro)

Campanari josé (2007) Sígueme! (unha historia de amor que non ten nada de raro), trad. Marisa Núñez, Pontevedra: OQO Editora.[24pp.] (ISBN: 978-84-96788-04-6).

Breve descrición do formato e contido da obra: A forma deste conto é cadrada con orientación horizontal cun tamaño de (25.5x24.5 cm). As ilustracións son creativas e imaxinativas, con espazos irreais e cores que destacan coas imáxes que emprega o autor.



Sígueme é un libro ilustrado que conta a historia dun elefante gris con lunares morados que vivía na selva e vendo pasar as formigas, namorouse dunha que tiña a cintura de avespa.
O amor é mutuo, polo que a formiga o invita a seguirla. O elefante ten un largo camiño ata poder chegar a onde está a formiga. Pero o amor é tan forte que o elefante acabou vivindo coa formiga nun formigueiro que está medio e medio da selva, que está no cuarto da formiga, que está no fondo dun cesto de costura, que está na beira dun camiño, que está no fondo dunha botella, nun caracol mariño.

Potencialidades: É un conto fácil de entender xa que emprega palabras sinxelas. As ilustracións enriquecen o texto, xa que nunha primeira lectura a aventura do elefante por chegar á formiga é inverosímil e o debuxos, sendo tan creativos e fora do real, envolvente na lectura convertendo este conto, nun conto fantástico.
No texto podemos atopar moitos adxetivos, nomes e relacións espaciais.
Nunha segunda lectura, Sígueme é unha historia de amor verdadeiro entre dous animais de diferente raza e sexo que é capaz de superar calquer barreira ou obstáculo para poder estar xuntos.
É un conto entrañable que axuda aos pequenos a aprender ou recordar vocabulario, os hábitat dos animais (elefante e formiga), a crecer sen prexuízos e estimula a imaxinación.

domingo, 19 de febreiro de 2017

Os transportes

López, Jesús (2005), Os transportes, ilust. do autor, A Coruña: Baía Edicións, col. Quebracabezas (de 0 a 3 anos), [10 pp.] (ISBN: 84-96526-06-2).


Breve descrición do formato e contido da obra: volume de formato mediano, groso e rectangular, de cantos redondeados e tapas e páxinas duras. A cuberta é acolchada e reflicte moi ben o tema do que trata o libro, ademais contén unha pequena ventá mediante a cal se nos amosa o segredo que este agocha, un quebracabezas. Estrutúrase en dúas partes: á esquerda, as páxinas do libro onde os máis cativos poden aprender o primeiro vocabulario sobre os medios de transporte, á vez que, resolver as adiviñanzas que se lle van presentando, as cales lles van dar pistas, coa axuda da ilustración, para realizar o quebracabezas. E a dereita, un quebracabezas de 12 pezas en forma de cubo, recollido nunha pequena caixa, que vai dar lugar ata a 6 imaxes diferentes.



Potencialidades: con este libro os máis pequenos divírtense e entretéñense resolvendo adiviñas e quebracabezas, á vez que aprenden novo vocabulario sobre os medios de transporte. Ademais disto, as adiviñas axúdanlles a asociar as súas ideas coas palabras e así enriquecer o seu vocabulario, á vez que estimulan a súa imaxinación. En canto aos quebracabezas, permítenlles traballar a súa motricidade fina, a memoria visual, a concentración, así como as habilidades espaciais e matemáticas. 

sábado, 18 de febreiro de 2017

¡Porque te quero tanto!

Van Genechten, Guido (2003), ¡Porque te quero tanto!, ilust. Clavis, trad. Xosé A. Neira Cruz, Zaragoza: Edelvives, (0-5 anos), [26 pp.], (ISBN: 84-263-4970-6).

Breve descrición do formato e contido: álbum ilustrado que presenta un formato rectangular de gran tamaño e textura suave. Na garda dianteira podemos observar unha imaxe moi tenra: unha nai osa e o seu fillo dándose un bico sobre un fondo invernal mentras cae a neve. Sobre eles, o título aparece en letras grandes e entre exclamacións. En canto á garda traseira, na parte superior aparece un breve resumo do contido da obra e, un pouco máis abaixo, o osiño está dentro dun círculo branco debuxando nun papel un corazón. Todo isto sobre un fondo de cor azul ceo. Ademais, tambas gardas amosan unha peculiaridade: cando tocamos o osiño podemos sentir que ten unha textura aveludada. Finalmente, no referido á cuberta e contracuberta, ambas presentan diversos debuxos do osiño facendo diferentes accións, nubes azuis e corazóns, todo sobre un fondo branco.

O interior do libro está formado por páxinas un tanto grosas e suaves. Nas ilustracións, de gran tamaño, predominan as cores azul e branca, ademais da textura aveludada do osiño en todas elas. Os textos son sinxelos e concisos, situados nas páxinas pares, algúns na parte superior e outros na parte inferior.
Nesta obra nárrase a historia dun pequeno osiño moi listo que sabía moitas cousas. Non obstante, había cousas que non chegaba a comprender de todo, como por exemplo de onde sae a neve. Aínda así, a resposta máis importante de todas si que a sabía: o amor que sente a súa nai por el.

Potencialidades: atopámonos ante unha obra que trata diversidade de temas de interese e que permite a interacción dos nenos con ela. Ademais, o gran tamaño das ilustracións, así como as texturas, as cores e a sinxeleza dos textos oriéntannos e transmítennos  tranquilidade. Os temas principais  a destacar son: as inquietudes que teñen os nenos e as nenas, representadas neste caso a través das diversas preguntas que fai o osiño. Desta forma, os nenos/as poderán comprender que cada día terán novas cousas que descubrir e que facer preguntas é a mellor forma para facelo. Tamén a importancia do amor dos pais e nais a idades temperás e que  moitas veces, pese a que non saberán responder a todas as preguntas, farán todo o posible por axudar os fillos/as a elaborar da mellor forma posible a construción do mundo que os rodea. A maiores, atopamos outro tema que pode ser relevante: a explicación que fai a mamá osa sobre como se forma a neve.
En definitiva, é unha obra cunha linguaxe moi rica que fomenta a aprendizaxe do vocabulario da nosa lingua. A textura convida a tocar o osiño continuamente, o que permite desenvolver o sentido do tacto dos nenos e nenas máis pequenos/as.