Amosando publicacións coa etiqueta intelixencia emocianl. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta intelixencia emocianl. Amosar todas as publicacións

xoves, 14 de maio de 2020

camuñas


Del Mazo, Margarita (2012). Camuñas, ilust. Charlotte Pardi, Pontevedra: OQO. [40 pp.]. (ISBN: 978-84-9871-420-3).

Descrición do formato: álbum ilustrado escrito por Margarita del Mazo e ilustrado por Charlotte Pardi que ten forma rectangular de 25x23 cm. É de tapa dura, (cartoné), resistente e fácil de manipular para nenos e nenas de 4-5 anos en diante. As páxinas teñen un grosor adecuado para que non se rompan facilmente. Pasando á cuberta, podemos ver unha ilustración dun Camuñas tenro e terrorífico, ao mesmo tempo sobre un fondo amarelo que o fai destacar, o que chama a atención dos nenos e nenas. Ademais na cuberta tamén aparece o título do álbum, o nome da autora e da ilustradora e da editorial. A contracuberta presenta un fondo amarelo onde aparecen datos da editorial, do código de barras e o ISBN do libro.

Descrición do contido: o relato conta con sintaxe sinxela co que se pretende un contacto precoz coa lectura, axudado polas ilustracións moi detalladas, nas que o retrato vai gañando protagonismo a medida que avanzamos na lectura. Ofrece varios niveis de lectura, un máis superficial, que sería a historia dun monstro que vai comer unha nena, e a máis profunda, que fai reflexionar sobre o autoengano, a valentía e a astucia. A historia conta cun narrador que introduce o conflito e pecha a historia. En canto á arquitectura textual, este álbum preséntase a dobre páxina e co texto integrado nas ilustracións, pero sempre lexible. É unha lectura moi divertida que nos fai reflexionar a través do humor.

Potencialidades: a lectura deste álbum ilustrado permítenos abordar cuestións como autoconcepto (como nos vemos nós mesmos), a autoestima ou a intelixencia emocional. Tamén permite traballar outras emocións como o medo e así facer conscientes a nenos e nenas de como son as súas emocións primarias.

Recursos:
Del Mazo, M. (2019). Camuñas se adueña de mi canal. Recuperado de: https://www.youtube.com/watch?v=NjYapQSCqpY (consultado o 12/05/2020).

Ballesteros, T. (2020). Cuento “camuñas”. Recuperado de: https://www.youtube.com/watch?v=71k8kS1yl4c (consultado o 12/05/2020).


venres, 28 de abril de 2017

Te quiero (casi siempre)



Llanes, Anna (2015), Te quiero (casi siempre), Ilust. Anna Llenas, Barcelona: Espasa Libros, S.L. [52 pp.] (ISBM: 978-84-670-4370-9).

Breve descrición do formato e contido da obra: É un álbum ilustrado de formato cadrado que mide 27cm x 27cm. Está encadernado en cartón duro cunha capa de pintura vernizada polas dúas caras.

Na cuberta, atópase unha ilustración dos protagonistas, Lolo e Rita. Xusto debaixo do ilustración, atópase o título do conto e o nome da escritora. Mentres que na contracuberta, situado na parte central atópase unhas pequenas frases que nos fan reflexionar xunto cunha ilustración dos protagonistas. A editorial e o ISBM atópanse na parte inferior. Tanto a cuberta e a contracuberta son de cor azul.

Anna Llenas é unha escritora, ilustradora e diseñadora gráfica. Escribiu outros álbums ilustrados, como por exemplo: “El monstruo de colores”,“ Si yo fuera un gato”,“Diario de las emociones”,“Vacío”, entre outros tantos.
O estilo das ilustracións son imaxes con abundantes detalles e fabulosas: coloridas, tenras, e cunha sensación de releve, onde da a sensación que Lolo e Rita van saír do conto. Os personaxes do conto toman releve, en formato pop-up nunha das historias máis entrañables. 

O texto da narración atópase tanto na parte superior como inferior e a súa vez está mesturado coas ilustracións. Estas xogan un papel fundamental o longo da narración. A nivel lingüístico utilizase unha linguaxe cotiá e abundan as metáforas, aínda que pode ser narrado por nenos e nenas, quizás simplificando a historia.

A sinopses da obra narra a historia de amor de Lolo e Rita, dous personaxes que se respectan as súas diferenzas e adáptanse para convivir en harmonía. Ata que de pronto, un día empezan a chocar polas súas diferenzas e terminan por sentir que as súas diferenzas os molestan, acaban separados. Pero, dende o amor que senten, aprenderán a respectar as características do seu compañeiro/a e farán o posible por adaptarse. 

Son dous animais moi diferentes: Lolo é un bicho bola e Rita é unha vagalume. Lolo é forte e resistente, experto no camuflaxe, práctico e organizado. En cambio, Rita, é lixeira e delicada, brillante, imaxinativa, rápida e con capacidade para improvisar. 

Potencialidades: É un álbum infantil acertado para as nenas e nenos onde se pode traballar a intelixencia emocional, xa que ademais de trata un tema profundo, dunha forma moi tenra. 

Podemos tratar cos nenos e nenas o respecto a diversidade, empezar cos sentimentos das demais persoas, aínda que sexan distintos aos noso e a necesidade de que unha convivencia onde todos cedamos. A súa vez falar cos nenos e nenas sobre cómo somos cada un e que cousas nos molestan das outras persoas, así como o que facemos para non chocar nas nosas diferenzas.

Outra das potencialidades a destacar é que o texto está cheo de adxectivos que axudaran aos nenos e nenas a definir as distintas personalidades e serven para que eles e elas amplíen o vocabulario, o que lle axudará a expresar mellor os seus sentimentos.
Así pois, un exemplo de como as relacións de amor téñense que construír dende o respecto e a aceptación das distintas personalidades dos que as formas, ata entender que son precisamente estas diferenzas as que nos fan querer tanto a outras persoas.

A finalidade é ensinarlle a importancia de respectar as peculiaridades das persoas e querelas no seu conxunto, adaptándose naquelo que chocamos.