Amosando publicacións coa etiqueta reflexión. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta reflexión. Amosar todas as publicacións

mércores, 12 de abril de 2017

OTRA COSA


Cave, Kathryn (2003), Otra cosa, ilust. Chris Riddell, trad. Rita Schnitzer, Barcelona: Ediciones Elfos, (de 5 a 8 anos), [28 pp.] (ISBN: 84-8423-152-6).


Breve descrición do formato e contido da obra: Álbum ilustrado, encadernado con tapa dura, cun formato rectangular e cun tamaño de 22 x 29, con láminas finas e de pouco volume. 

Na cuberta, na parte superior, aparece o título do conto, o nome da autora e o nome do ilustrador. No centro, ocupando gran parte do espazo, podemos ver unha ilustración na que aparece o protagonista. Na parte inferior, a editorial. Na contracuberta tamén podemos apreciar unha imaxe do fogar do protagonista, unha breve descrición do conto e unha pequena observación na que se menciona que foi premiado co UNESCO Prize for Children's and Young People's Literature in the Service of Tolerance. 

O conto ten 28 páxinas nas que o texto é sinxelo, non moi abundante e de fácil comprensión. O estilo das ilustracións son imaxes orixinais e divertidas, co predominio da cor azul e as veces con tonalidades escuras. 



Este libro narra a historia dun personaxe que ten como nome "Otra Cosa". Quere con todas as súas forzas ser igual que os demáis pero non ten éxito xa que sempre o rechazan por ser como é: unha criatura rara. 

Un día, "Algo" chamou a súa porta e lle dixo que ambos os dous eran diferentes pero "Otra Cosa" nun principio non aceptou o que lle dixera e invitouno a saír da súa casa, ata que se deu conta de que estaba a facer o mesmo que facían con el polo que decidiu ir tras el. 





Finalmente, foron moi bos amigos: "Eran diferentes, pero estaban juntos y se entendían". 

Mencionar que nas derradeiras páxinas aparece citado que cada vez que alguén raro aparecía sempre o aceptaban amosándose deste xeito a imaxe de tres criaturas: "Otra Cosa", "Algo" e un ser humano. 






Potencialidades: Otra cosa é un libro que penso que chama a atención a simple vista. É unha historia que ensina aos máis pequenos valores como o respecto a diversidade e a aceptación tanto dun mesmo coma dos demáis. Permite a reflexión sobre a intolerancia, a amizade, a soidade e a inclusión por iso o considero un libro extraordinario no que acabas tendo sentimentos encontrados pero co predominio dun final alegre. O recomendo totalmente.