Amosando publicacións coa etiqueta Álbum ilustrado. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Álbum ilustrado. Amosar todas as publicacións

sábado, 9 de maio de 2020

Sin ti




CÔTÉ, Geneviève (2011). Sin ti. Trad. R. Pérez. Barcelona: Editorial Almadraba, (ISBN: 978-84-15207-92-4).

Sin ti é un álbum ilustrado de Geneviève Côté e traducido por R. Pérez. Conta con tapa dura e dimensións de 22.5 x 25 cm e presenta unha cuberta de cor celeste. Na parte superior da mesma concéntrase o texto, indicando nel o título con letras de gran tamaño e en dúas cores, a palabra “Sin” en cor branca e “ti” en cor negra. Podemos ver que, no título, non só varía a cor, senón que tamén o fai o formato da letra, o que se debe, na miña opinión, a que a forma de escribir cada palabra reflicte a personalidade de cada un dos protagonistas. Debaixo do título está o nome da autora en cor negra e nunha tipoloxía de letra simple. O espazo sobrante está dedicado aos protagonistas da historia, un coelliño e un porquiño, que neste caso aparecen ilustrados nunha actitude de enfado, sentados no chan de costas un co outro e de brazos cruzados. Porén, as sombras que proxectan encóntranse cara a cara, reflectindo así o que estes dous personaxes desexan, que é volver xogar xuntos. Esta ilustración ocupa máis da metade do espazo da cuberta e parece debuxada con ceras e coloreada con acuarelas.
Na contracuberta, tamén de cor celeste, a metade superior da superficie é ocupada por outra ilustración. Neste caso aparecen os protagonistas xogando na herba, o porquiño enriba dun carriño e o coello tirando deste. Ambos aparecen sorrindo e pasándoo ben. Na metade inferior da contracuberta concéntrase un texto que se divide en dúas frases que aparecen na historia (“Ya no quiero jugar más contigo” e “¡Muy bien! A mí me da igual”) coma no caso da portada, cada unha destas frases aparece escrita cunha tipoloxía de letra diferente: a primeira, dita polo coelliño, está escrita cunha letra que se asemella á feita co ordenador e de cor branca e, a segunda, dita polo porquiño, parece feita a man e é de cor negra. Debaixo destas dúas frases atopamos un pequeno resumo da historia cunha letra branca e de pequeno tamaño. Por último, cara ao final da contraportada podemos ver o logo da editorial Almadraba e o código de barras do libro.
Xa no interior, tanto as gardas iniciais coma as finais seguen sendo de cor celeste e están cubertas de trazos brancos que parecen feitos cunha cera ou cun xiz. A páxina de dereitos achega información relevante como o ISBN ou o número do depósito legal, así como os datos da editorial. Ocupando unha parte da páxina temos unha dedicatoria da autora á que acompaña o debuxo dunha ra perseguindo unha bolboreta. A portada é de cor branca e outra vez conta co título e o nome da autora, escrito do mesmo xeito que na cuberta e, no centro da páxina, unha ilustración na que aparecen as personaxes tirando dun carriño cheo de xoguetes. Na parte inferior figura a imaxe que representa á editorial.
A disposición de cada dobre páxina é co texto que se relaciona con cada personaxe disposto na páxina onde aparece este, é dicir, no lado esquerdo amósase sempre ao coelliño branco e con el o seu texto, no lado dereito está o porquiño co outro fragmento de texto. As letras son de cor negra e cada frase aparece cunha tipoloxía diferente. Respecto ao fondo, sempre é de cor branca. As ilustracións, a toda páxina, debuxadas con cera negra e coloreadas con acuarelas ou témperas, representan o dito no texto e centran a importancia nas dúas personaxes, xa que a súa representación ocupa a maior parte do espazo. Na última páxina represéntanse aos dous no mesmo lado xogando xuntos.
Desde o punto de vista do argumento, este álbum ilustrado achégalle ao lectorado a historia de dous amigos, o porquiño e o coelliño, que debido á personalidade tan diferente que teñen, un día enfádanse e deciden non xogar xuntos nunca máis. Segundo avanza a historia, cada un vai comprendendo que, a pesar de que poden facer as mesmas cousas ca antes, é moito máis divertido facelo co seu amigo.
O texto está composto por diálogos e non conta con narrador. Aparece sempre en cor negra e situado na páxina onde se atopa a personaxe que fala. As personaxes son dúas:
·      Coelliño: fisicamente, o coelliño é de cor branca, con longas orellas nas que aparecen partes rosiñas. Na súa cara aparece un rubor ao redor das súas meixelas e o seu nariz. Respecto ao seu carácter, amosa ser tranquilo e gústalle ler e pintar.
·         Porquiño: respecto ao seu aspecto físico non podemos destacar ningún detalle fóra do común, xa que está representado coma un porco normal, de cor rosa co rabiño enroscado, pero da súa personalidade podemos dicir que é moi inquedo. Gústalle facer carreiras, tocar instrumentos de música e cociñar.

Potencialidades educativas: 
        A lectura deste álbum ilustrado dende a dimensión lúdica mostra a posibilidade de realizar actividades nas que xeralmente participa unha soa persoa pero que se poden adaptar para que participe máis dun e desta forma compartir o tempo cos nosos amigos, como pode ser ler, isto é algo que adoitamos facer sós, pero tamén podemos ler en alto para un amigo. Deste modo a lectura desta obra axúdanos a traballar temas como a amizade e a necesidade de axudar e compartir o noso tempo coas persoas que queremos. Dado que é un libro moi visual, propicia a súa comprensión a través da lectura visual das imaxes,
especialmente pola súa capacidade de suxestión e interpretación. Ademais, transmite valores como o respecto polos demais, así como polos seus gustos.

domingo, 26 de abril de 2020

A casa do rato Renato









20200421_123704



Castro Lima, Manuel e Mª Mar Ameixeiras Sánchez (2010). A casa do rato Renato, ilust. Francisco Ameixeiras Sánchez. Vigo: Barafunda editorial, [34 pp.]. (ISBN: 978-84-614-4574-5).

Descrición do formato e contido: álbum ilustrado con texto de Manuel Castro Lima e Mª Mar Ameixeiras Sánchez e ilustracións de FranciscoAmeixeiras Sánchez. Presenta unhas tapas duras. Na cuberta do conto aparece unha imaxe dunha cabaza cun rato. Na contraportada preséntase a imaxe dun porco e un anaco da cabaza. Na garda inicial presenta un fondo
branco cunha bubela, unha bolboreta e dúas cabazas. As imaxes que aparecen ao longo do conto son a toda páxina, de cores vivas e atractivasvisualmente para os cativos e cativas. É un conto rimado con algúns diálogos.
É de salientar que no final do volume se atopan dúas propostas didácticas: a primeira consiste en repasar as palabras dos alimentos do magosto e a segunda en unir os nomes coa imaxe correspondente. Tamén se recollen nas dúas últimas páxinas cantigas e refráns, así como unha breve explicación sobre a festa do Samaín.
Desde o punto de vista do contido, nárrase a historia do rato Renato, ao cal Uxía lle quita a cabaza que el escollera como o seu fogar. O rato busca recuperar a súa casa e por iso cando se atopou cun porco pediulle que lle axudara. A cambio de axudarlle, o porco pediulle que o liberara. Na súa aventura de recuperar a cabaza, atopáronse cunha avelaíña que tamén os axudou a que finalmente o rato recuperara o seu fogar.

Potencialidades: a lectura deste conto permite traballar nas aulas temáticas como as tradicións, en particular o Samaín, a natureza, os animais, o respecto aos hábitats e á forma de vida dos animais, as diferentes tradicións, a xenerosidade, a cooperación e a felicidade. Ademais, a forma rimada contribúe a familiarizar aos máis pequenos co ritmo e a sonoridade da lingua, así como o fomento da memorización.

luns, 20 de abril de 2020

O home de auga



ROSATI, O. e G. PACHECO (2009). O home de auga, trad. Sandra Hombreiro. Pontevedra: Kalandraka Editora. [32 pp.]. (ISBN: 978-84-8464-714-0).

Descrición do formato e contido: álbum ilustrado con texto de Ivo Rosati, ilustracións de Gabriel Pacheco e tradución de Sandra Hombreiro. Na cuberta presenta unha imaxe en cor azul con peixes e un barquiño de papel acompañando ao protagonista, que é o home de auga, cunha regadeira posta de sombreiro. Na contracuberta segue unha imaxe azul na que se observan peixes, un barquiño de papel e a lúa escondida entre as nubes. As gardas son de fondo vermello con flores de cor branca e un peixe na inicial, mentres que na final as flores brancas son regadas coa regadeira do home de auga. As imaxes son a toda páxina e predominan os tons apagados. O texto é rimado.
Desde o punto de vista do contido, nárrase ahistoria dun home que, ao saír da casa, deixou o billa aberta. Iso provocou que se creara un charco de auga de onde xurdiu o protagonista deste conto, o home de auga. Este personaxe saíu á rúa e foi asustando á xente que o atopaba no seu camiño e, incluso, o perseguían polas rúas. Foi por iso que decidiu saír só de noite e agocharse da xente. Pero, pouco a pouco, a xente foise acostumando a el e comprendeu que non era mala persoa. Unha noite de treboada as nubes perseguírono pola vila coa finalidade de levalo con elas, pero el conseguiu agocharse nunha fonte seca, lugar no que vive dende entón.

Potencialidades: A lectura deste álbum permítenos reflexionar sobre a diferenza e como na sociedade hai unha clara tendencia a rexeitar todo o que non coñecemos. Tamén nos permite falar sobre a soidade do que se sente diferente, rexeitado e excluído do grupo. É de interese observar como se vai progresivamente dando un proceso de integración que leva á normalización da diferenza e á diversidade. Porén, outros cambios sociais que metaforicamente aparecen representados polos paraugas negros que van cara ao mar, símbolos da morte, evocan as traxedias que azoutaron ao longo da historia o mundo. Porén, as esperanza é a que sempre fica, como horizonte de futuro para a infancia.

Recursos:
Curtametraxe muda baseada nesta obra. Recuperado de:

luns, 30 de marzo de 2020

Martín Gris



Aguirre, Zuriñe (2016). Martín Gris. Alicante: Fun Readers [36 pp.]. (ISBN: 978-84-9444-122-6).

Breve descrición do formato e contido: Álbum ilustrado con tapa dura e cunhas dimensións de 25x25 cm. Na cuberta aparece o título da obra en letras maiúsculas e brancas cun debuxo de Martín, o protagonista, que parece sorprendido porque na súa cabeza está medrando unha árbore, isto adiántanos o que lle sucede a Martín no transcurso da obra.  As ilustracións son moi coloristas e reflicten moi ben as preocupacións que ten o protagonista. A obra narra a historia de Martín, un neno que non ten color, é branco e negro porque está apagado, sen enerxía e triste porque ten moitas preocupacións.

Potencialidades educativas: Martín desperta cada día con medo de que algo da súa apariencia cambie e iso faga non gustarlle aos demais. Unha das principais potencialidades que se poden traballar é aprender a superar e afrontar o medo a non gustar, os nenos/as teñen que aprender que o realmente importante está no interior de cada un/ha, pero tamén hai que ensinarlles que os cambios son algo natural e que todos/as, dalguna maneira u outra, os experimentamos. Outros aspectos importantes son o amor materno-filial e  ensinarlles a que aprendan a ver o lado positivo das cousas (como fai a nai de Martín). O álbum conta cunha animación interactiva para que nenos e nenas poidan ver dende o ordenador unha versión ampliada da obra.

Recursos de interese:
Blog Orientapas. Neste blog ofrecen una proposta didáctica sobre este libro con preguntas coas que se poden facer reflexionar aos nenos/as. (2017), en http://orientapas.blogspot.com/2017/12/martin-gris-un-album-ilustrado-sobre.html

A vaca que puxo un ovo

Cutbill. A (2010). A vaca que puxo un ovo. Ilus.R. Ayto, Santiago de Compostela: Patasdepeixe Editora, [54 pp.]. (ISBN: 978-84-9368-423-5).

Descrición do formato da obra: Trátase dun álbum ilustrado cunha cuberta de cartoné formado por 54 páxinas cunhas dimensións de 24x20 cm. Na cuberta aparece a ilustración da vaca protagonista mirando o ovo, que está colocado sobre palla. A ilustración é moi grande e rechamante e alude ao protagonismo que vai ter na obra e ao carón aparece o título en letras grandes, que ocupa a metade da cuberta, debaixo da que se sitúan os nomes dos autores. Na contracuberta aparece a vaca protagonista con expresión triste mirando como se divirten as súas compañeiras mentres ela non sabe facer nada especial; aparecen tamén as demais vacas montando en bicicleta e facendo pinchacarneiros; as galiñas falando con Marjorie e un pequeno resumo da obra xunto co ISBN, o código de barras e a editorial, na parte baixa. As gardas son brancas e con manchas negras imitando os cores das vacas. A cuberta aparece troquelada no ovo, de maneira que deixa ver as gardas polo burato e decora dito ovo. Na anteportada aparecen os mesmos debuxos que nas gardas, agora coas galiñas na parte dereita, e a seguir a páxina de dereitos e a portada, onde volve aparecer o título do álbum.
As ilustracións ocupando a maior parte das páxinas; o texto aparece en tamaño pequeno e nun recanto, deixando protagonismo á lectura visual. Estas son moi coloridas e esaxeradas, tanto nos animais como nas persoas, destacando pola dimensión da boca, os ollos, o corpo, etc. Predomina un estilo paródico e próximo ao cómic, cunhas vacas humanizadas: len o xornal, fan acrobacias etc. Percórrese tamén ás onomatopeas e aos xogos tipográficos para representar os berros ou subidas de ton da voz.
O contido xira ao redor da historia de Marjorie, unha vaca que se sente moi triste e solitaria xa que afirma que ela non ten nada especial, e o resto das vacas si. Ante a súa tristeza, as súas amigas as galiñas deciden intervir e colócanlle un ovo onde ela dorme, polo que os seus donos cren que a vaca puxo un ovo. Isto convértea en protagonista dos medios de comunicación e preferida dos seus donos, pero provoca a sospeita entre as demais vacas. O enigma resolverase no momento no que rompe o ovo e se descubra que ocorreu en realidade. 

Potencialidades educativas:  Coa lectura deste álbum pódese reflexionar sobre as potencialidades que ten cada persoa e que nos fai a todos e todas especiais. Trabállase o amor filial e a afectividade, xa que a protagonista, tras coñecer que o que saíu do ovo era unha galiña, adoptouna e quíxoa coma tal, xa que ela a coidara ata a eclosión, dando a entender a importancia das adopcións, que o importante é querer e coidar aos fillos e fillas, sen importar a súa aparencia. Tamén permite reflexionar sobre a amizade, cando as galiñas axudan a protagonista colándolle o ovo, xa que ven que Marjorie se sente triste e soa. A amizade é fundamental na vida dos nenos e nenas, pois os amigos axudan cando precisamos que nos escoiten, que nos queiran, apoien ou colaboren connosco.

Recursos educativos:  Na rede pódense atopar varios vídeos nos que o álbum é narrado ou lido (https://www.youtube.com/watch?v=9aGZPthvVKE ) (Revisado 23/03/2020)
Tamén hai varios blogs nos que tratan o libro, nun deles hay unha obra de teatro feita por alumnos do colexio LAR de Vigo (http://colegiolar.es/cms2/a-vaca-que-puxo-un-ovo/ ) (Revisado  23/03/2020)

domingo, 30 de abril de 2017

A BANDA DE VILACENDOI

Gayoso, Xulio (2006), A Banda de VILACENDOI, Pontevedra: Kalandraka, (+3 anos). [48 pp.] (ISBN: 978-84-8464-583-5).

Breve descrición do formato e contido da obra: Álbum ilustrado encadernado de tapa dura e grosa, de forma cadrada. A cuberta presenta un fondo granate que continúa na contracuberta e móstranos algunha pista do contido do conto: músicos tocando diferentes instrumentos e algún animal mesturado entre eles. O título, situado no centro dun gran bombo que se atopa na parte inferior do libro, mostra letras da mesma fonte. Xusto enriba do título, na parte superior do bombo, atópase o nome do autor e debaixo, na parte inferior do bombo, o nome da editorial. No interior, o texto está tanto nas páxinas pares como nas impares. Trátase dunha narración sobre a historia dun pobo e a súa banda de música. As ilustracións son de gran colorido e formas sinuosas, empregando tanto cores escuras como cores vivas. Predominan as imaxes da figura humana, animais e a paisaxe.

O contido trata sobre un pobo chamado Vilacendoi, cheo de xente e de actividade, no que existía unha banda que envolvía cada recuncho desta pequena aldea, pero o despoboamento acabou co bulicio das noites e dos días de festa. As casas ficaron baleiras e todo comezou a esmorecer, xa que só quedaban as persoas máis maiores, que estaban tristes e cheas de nostalxia. Pero a chegada de novos veciños de diferente cultura e etnia colmaron, novamente, de futuro e esperanza esta pequena aldea tan especial.
Potencialidades: Vilacendoi non é un nome ficticio. Este pobo existe e está situado a poucos quilómetros de Lugo, a beira do río Miño. Esta pequen aldea está formada por un reducido grupo de casas campesiñas, típicas da comarca, nas que predomina a lousa como elemento construtivo. En moitas desas vivendas pode que aínda se garden os instrumentos da banda de música local, que tamén existiu.

As xeracións actuais de adultos non chegaron a desfrutar dela, pero oíron falar aos anciáns da súa boa fama. O autor e ilustrador desta obra, que é de orixe lucense, considera “un milagre” que unha banda de música de dimensións e recursos limitados chegara a brillar naquel tempo, de aí a homenaxe que lle brinda con esta obra. Nela recorre aos seus recordos da infancia, aos ecos da voz de quen foron testemuñas de memorables noites de verbena daquela banda. O seu relato é unha especie de crónica rural, a medio camiño entre o verosímil e o inverosímil.

A lectura desta historia permite descubrir elementos do estilo de vida no campo, a diversidade de animais domésticos, a beleza da paisaxe. Chega a describir incluso os seus tempo difíciles, nos que a despoboación e o envellecemento da poboación fan temer polo futuro de Vilacendoi. Esta situación é moi próxima a actualidade, xa que moitos pobos están desaparecendo por estes mesmos motivos. Pero, en Vilacendoi, eses temores disípanse coa chegada de xente nova, persoas de diferente cultura e etnia, uns novos habitantes que converten a Vilacendoi nun grato exemplo de integración social e racial.

Desta maneira, con este conto podemos traballar cos nenos nas aulas cuestións relacionadas coa emigración e a inmigración e sobre a integración social e racial de todas as persoas e a súa aceptación, pois trátanse de temas moi presentes non nosos días; sobre a música, a variedade de instrumentos musicais e os seus sons correspondentes e os animais domésticos dos pobos como as vacas, porcos, galiñas, etc.

UN GRAN SOÑO


Ugalde, Felipe (2009). UN GRAN SOÑO, ilust. do autor, trad. Manuela Rodríguez, Vigo: Kalandraka. [36 pp.] (ISBN: 978-84-8464-655-6 ). 

Descrición do formato e o contido: Álbum ilustrado, de formato retangular (27x21). A cuberta e a contracuberta son en tonos azulados como o resto do libro, e nela aparece a foto coa que acaba o libro, na que aparece o universo cos planetas e as estrelas, ao partir destas pódese pensar que a trama do libro e totalmente diferente a como é en realidade. En todo o libro aparece a mesmas cores, na que predomina a cor azul e verde. As cores dos debuxos que aparecen neste fondo son cores vivas, para facelas destacar no fondo. As ilustracións son grandes, a toda paxina e moi vistosas.

A historia vai contando a historia dun crocodilo, é o único personaxe que aparece no libro, que tiña un gran soño. El quería que ese soño chegase a cumprirse.


Potencialidades:
Este libro pode usarse para adentrarse no mundo do universo, ao partir desta historia pódeselle falar de todos os planetas, estrelas, galaxias e constelación que hai no universo e que nos nalgúns casos podemos ver. Xa que este libro axudanos a viaxar a un mundo máxico e de astronomía. 
Tamén mostra que se tes un soño e de verdade queres chegar a conseguilo o que tes e que ir a por el, concenciarte de que ti podes e desta forma non te porás barreiras na durante a túa vida.

A estrutura do libro de ir explicando a historia a través de oracións breves e con ilustración e unha forma moi boa de chegar ao publico infantil e de que entendan o concepto que se lle queremos facer chegar.

sábado, 29 de abril de 2017

¡Shhh! Tenemos un plan

Haughton, Chris (2014), ¡Shhh! Tenemos un plan, editorial: MILRAZONES, (+2 anos) [40 pp] (978-84-940479-8-5)

41%2BM2Quqz4L.jpg


Formato: trátase dun álbum ilustrado, de forma cuadrada e de tapas duras. As ilustracións do conto son increíblemente chamativas. A cor predominante é o azul, con moitas tonalidades escuras que evocan a noite. Os protagonistas tamén están representados con estas cores, por outra banda os páxaros están pintados con tonalidades vivas, cálidas e intensas, aportando unha explosión de cores que contrastan con todo o demáis. O texto é de cor branca.

1800133_665746613466960_1629418898_o.png

Contido: a historia comeza con catro amigos que deciden ir capturar paxaros. Cando están a punto de conseguilo o máis pequeno o estropea todo dicindolles “Hola”, asustando á presa e advertindo das súas intencións. Os demáis intentan facer calar ó pequeno e lle din “¡Shhh! Tenemos un plan”. Isto repítese varias veces, pero ó final é o máis pequeno o que ten o mellor plan para atrapar un paxaro.

Potencialidades: o texto do conto é mínimo, polo que o seu maior potencial reside nas imaxes e nas posibilidades para completar a historia, na imaxinación da persoa que o conta. A repetición é un elemento fundamental, polo que é moi fácil involucrar ós nenos na historia, facendo que interactuen co narrador e anticipen o que vai pasar.

Este monstruo me suena

Keselman, Gabriella (2004), Este monstruo me suena, ilust. Emilio Ubernaga, editorial: La Galera, (+3 anos) [32 pp] (ISBN: 978-84-2463-908-2)

Este-Monstruo-me-Suena-portada.jpg

Formato: trátase dun álbum ilustrado, tamaño A4, rectangular e de tapas duras. O estilo das ilustracións é sinxelo e fácil de seguir, os fondos presentan tons cálidos e moi intensos, especialemente vermellos e amarelos escuros. Na maior parte do libro o monstruo non aparece totalmente debuxado, non se lle pode ver a cara ata o final; isto mantén a expectativa de descubrir a súa identidade. As ilustracións complementan perfectamente o texto, o cal enfatiza determinadas palabras ou frases aumentando o seu tamaño.

Este-monstruo-me-suena-interior_1.jpgEste-monstruo-me-suena-interior.jpg


Contido: o conto relata a historia dun neno chamado Eugenio. O rapaz está xogando cando de pronto aparece un monstruo que o quere comer. Eugenio non está asustado porque non é a primeira vez que o ve. O monstruo mete ó neno nun recipiente cheo de auga quentiña e bótalle unha especie de crema pola cabeza. Da igual o que faga o rapaz, non pode escapar. Ó final, o monstruo saca a Eugenio da auga, e lle pon o pixama para que non teña frío; resulta que o monstruo tan coñecido era o seu pai, dándolle o seu baño diario.

Potencialidades: con esta obra podemos traballar aspectos como a hixiene e o coidado persoal, as relacións pais-fillos, a perda do medo ós monstruos e valentía. O punto forte da historia é o humor que se encontra sempre presente e o seu final tan tenro.

O TEMPO VOA

Mésseder, João Pedro (2009), O tempo voa, ilust. Gémeo Luís, Pontevedra: Kalandraka, (+3 anos). [36 pp.] (ISBN: 978-84-8464-726-3)


Breve descrición do formato e contido da obra: Álbum ilustrado encadernado con tapa dura e grosa, de forma cadrada. A cuberta presenta un fondo granate e a contracuberta un fondo dourado. Ambas presentan unhas formas que contrastan coas cores de fondo, as cales nos mostran algunha pista sobre o contido do conto: na cuberta aparece un reloxo en forma de avioneta cunha persoa colgada e na contracuberta aparece un espertador cunha persoa dentro intentando cambiar as agullas do mesmo. O título, situado no centro da parte superior, mostra letras da mesma fonte. Xusto debaixo do título situase o debuxo da cuberta e no lado esquerdo deste está o nome do autor e ao dereito o do ilustrador. Na parte inferior, no centro, está o nome da editorial. No interior o texto atópase sempre nas páxinas impares, cunha narración rimada con divertidos versos en forma de diálogo. Ademais, resalta todos os conceptos relacionados co tempo, como son os meses, os días, as semanas, as horas, os minutos, os segundos e mesmo a palabra tempo. As ilustracións son elaboradas siluetas de papel recortado cuxas formas contrastan co color do fondo: as manecillas dos reloxos adquiren vida propia e mimetízanse en sorprendentes obxectos. Estas imaxes aportan un gran dinamismo a historia.

O contido trata sobre o tempo e o rápido que avanza. O narrador, que se trata dun neno, formula preguntas como: cantos meses ten un ano?, cantos días ten un mes?, cantas semanas ten o mes?, cantos días, a semana?, cantas horas ten o día?..., e respóndelle cunha firme contestación. El sempre pide máis, pero reclámallos para poder xogar e xogar, viaxar, desfrutar, descansar, soñar... para facer o que realmente desexa, porque sabe que o tempo voa que voa, e pasa fugaz, e pasa veloz.


Potencialidades: O tempo voa recibiu unha mención especial do xurado no I Premio Internacional Compostela de Álbums Ilustrados. O tempo é a materia prima da que estamos feitos: segundos, minutos, horas, días, semanas, meses, anos... Este libro ofrécenos outra mirada alternativa sobre esa medida e danos a coñecer outra clave de reloxos: “eses onde nunca se sabe que hora é”. Acostumados a preguntar a hora, este álbum suxire o oposto: preguntar que hora non é.

Os divertidos versos desta historia rimada son unha invitación a reflexionar sobre as présas que invaden o noso ritmo de vida diario. Na nosa cultura ser lento é sinónimo de ser torpe ou inútil. Imponse a rapidez, a impaciencia, a aceleración e a inmediatez. Consideramos o tempo como un ben escaso e, como tal, moi valorado. No noso contexto actual invádenos a rapidez, as actividades do día a día supérannos e desbórdannos. Atopámonos gobernados polos reloxos, coa sensación de que cada vez corremos máis e curiosamente, cada vez temos menos tempo. Por este motivo, esta narración convídanos a reflexionar sobre o curta que é a vida e apreciar o pouco tempo que temos. Invítanos a botar o freo, parar e saborear o momento, e, por suposto, buscar tempo para as cousas que realmente valen a pena na vida.

Con este conto os nenos aprenderán o tempo e a súa medida como son as horas, os minutos, os segundos, os días, os meses... Tamén podemos estimulalos para que razoen sobre o modo de vida contemporáneo, propoñéndolles preguntas para saber que pensan sobre isto, que farían eles ante estas situacións e como as trocarían.





venres, 28 de abril de 2017

Antón e O Apalpador


Antón e

O Apalpador


  

Castro Lima, Manuel e Ameixeiras Sánchez, Mª del Mar (2009), Antón e o Apalpador, ilust. Francisco Ameixeiras Sánchez, Barafunda editorial [36 pp.] (ISBN: 978-84-614-3320-9)



Breve descripción do formato e contido da obra: É un conto sobre un neno chamado Antón e o Apalpador, un personaxe típico das tradicións do Nadal na Serra do Courel. O Apalpador, tamén coñecido polo nome de Pandigueiro na comarca Terra de Trives, é na zona do este de Galicia, a figura mítica dun carbonero que según indica a tradición na noite do Nadal baixaba das montañas e apalpaba o ventre dos nenos para ver se estes comeran suficientemente durante o ano, deixando un montón de castañas,

 barriguiñas dos nenos e das nenas. Se estaban ben cheas dicía: "Así, así esteas todo o ano" e deixáballes unha presa de castañas.

Para tranquilizar aos nenos e nenas, bulideiros pola inquedanza da chegada do Apalpador, os pais e nais cantábanlles:



“Mañá é día de cachela
que haberá gran nevarada
e ha vir o Apalpador
cunha mega de castañas.

Por aquela cemba
xa ben relumbrando
o señor Apalpador
para darvos o aguinaldo”.



O conto está protagonizado por un neno da cidade, chamado Antón, que fai unha viaxe alucinante o corazón do Courel para pasar as vacacións de Nadal coa súa madriña, onde vivirá unha gran aventura e coñecerá a un personaxe mítico da Nadal Galego. Alí tendrá a ocasión de coñecer ao mítico carboeiro que visita aos nenos nas últimas noites do ano para comprobar se están ben alimentados con presadas de castañas e agasallalos con xoguetes artesanais con madeira, pedra, cartón de maneira respetuosa co medio ambiente.

O libro contén varias páxinas con xogos e actividades para que os lectores aprendan máis cousas sobre o Apalpador e o seu entorno tradicional.

Un fantástico personaxe do que falan antigas cantigas do Courel, agarda a Antón no máis fondo da devesa a onde se chega na procura das estrelas.


Potencialidades: Este é un fermoso álbum ilustrado de formato cadrado sen cantos redondeados e cuberta dura no que a encuadernación e rústica. No interior deste álbum preséntanse as ilustracións acompañadas de pequenos textos, as mesmas ocupan ámbalas dúas páxinas.

A nosa terra está chea de referencias ao Nadal, a figura tradicional como o Apalpador, é un tempo que reservamos á familia, ás amizades, á recuperación dos valores que este tempo representa. O Apalpador, é un personaxe típico das tradicións de Nadal da Serra do Courel. Este persoaxe despois de permanecer durante moito tempo no esquecemento continúa gañando popularidade entre o público infantil no que se recrea a historia deste peculiar Papá Noel autóctono.

 Este fabuloso álbum acerca os nenos e nenas a coñecer a importancia de recuperar as nosas tradicións galegas que se encontra cheo de contos, historias e cantigas.

Grazas a este conto os permitirá os nenos a interesarse polas costumes, festas o as tradicións do seu entorno máis próximo. Outra das cousas que nos pode aportar este conto os nenos son os coñecementos sobre as tradicións anteriores e así poder comprender aspectos da vida cotidiana pasada oo elementos que se identifiquen como membros  dunha comunidade. Desta maneira a tradición infantil, neste caso do época do Nadal, é portadora duns valores lingüísticos- literarios para o desenrrolo do linguaxe e que teña un tratamento especial na etapa escolar.

Ten, ademais, uns xogos de pintar, buscar, andar por un labirinto para facer que o pequeno lector reforce máis, se cadra, o lido ou escoitado na historia. Este curioso personaxe que forma parte da nosa tradición popular e que debemos coñecer, pois enriquece un pouco máis esa serie de personaxes máxicos que transitan polo noso Nadal.

A VIAXE DE OLAF

León, Martín (2011), A viaxe de Olaf. Pontevedra: Kalandraka, (+3 anos). [48 pp.] (ISBN: 978-84-8464-769-0).


Breve descrición do formato e contido da obra: Álbum ilustrado encadernado con tapa dura e grosa, de forma cadrada. A cuberta presenta un fondo branco que continúa na contracuberta e móstranos algún indicio do contido do conto: o protagonista da historia mesturado con todos os animais fantásticos que o acompañarán nesta bonita historia. O título, situado na parte superior a dereita, mostra letras da mesma fonte, pero cambia o tamaño e a cor das mesmas: “A viaxe de” aparece cun tamaño máis pequeno e de cor marrón, mentres que “Olaf” aparece máis grande e de cor negro. Xusto debaixo do título atópase o nome do autor. Na parte inferior dereita está nome da editorial. No interior, o texto está tanto nas páxinas pares como nas impares. O autor emprega frases cortas e o diálogo. Ademais, resalta algunhas palabras sobre outras, empregando unha letra de maior tamaño, como os nomes dos personaxes que aparecen na historia. As ilustracións son de formas xeométricas, dotadas de movemento e dinamismo, e integradas como pezas dun complexo crebacabezas faunístico. Destacan pola profusión de colorido e pola harmonía coa que o autor combina gamas cromáticas. En canto a estrutura, trátase dun relato acumulativo de estrutura repetitiva e circular.

O contido expón a historia, a través do día e da noite, sobre un personaxe chamado Olaf que vive nun planeta moi pequeno e nunha casa moi grande. Farto da súa soidade emprende un camiño iniciático. Nesta viaxe atópase con diversos animais fantásticos, de inspiración mítica e valor simbólico, aos que invita a unirse a el. Estes vanlle facendo compaña e conformando un grupo heteroxéneo e compacto: o peixe que tiña a cola do revés, o cabalo alado, o tigre arco da vella, o elefante elegante e o paxaro que sabía falar.


Potencialidades: A viaxe de Olaf trátase dunha obra distinguida co IV Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado. É un libro que intenta mostrar ao lector o valor da amizade e da xenerosidade, o importante que resulta para as persoas. Ademais resalta o valor de intentar coñecer a xente que nos rodea, de comunicarnos, compartir momentos con eles, etc.

Olaf vivía nunha casa moi grande, na soidade e na tristeza e nun planeta moi pequeno. Isto motívao a emprender o seu camiño en busca de amigos que o acompañen. Este invítaos a ir con el de maneira desinteresade e buscando afecto persoal e puro. Finalmente, a súa casa xa non lle resulta grande, xa que coa presenza dos seus amigos convértese nunha casa pequeniña, pero acolledora, chea de amor, xenerosidade e amizade.



domingo, 16 de abril de 2017

¿Quién vive en la granja?

¿Quién vive en la granja ?

C.Kiffer (1990) ¿Quién vive en la granja? Ilust. P.Berteni. León(España): Ediciones Gaviota S.A. (A partir de 3 años ),[12pp.] ISBN:84-392-8914-b.

Breve descrición do formato e contido da obra: O conto infantil"¿Quien vive en la granja?" É un álbum ilustrado onde se van formando animais como unha galiña, un patiño, unha vaca e un can a medida que se van pasando as follas e de maneira xiratoria para que se vexan por completo ou para inventar moitas outras combinacións divertidas.
O tamaño é pequeno, onde tanto a cuberta como todas as follas son de cartón duro. Na cuberta amósase unha partetim, onde despois se completarán todos os animais. O texto aparece con frases moi sinxelas e pequenas, todas elas na última parte onde se forma o animal. O interior está conformado por ilustracións a toda páxina, carecendo de abundante texto.



A medida que imos pasando as follas, podémolas ir xirando de xeito que se van completando os animais, podendo facer diversas e divertidas combinacións.



Potencialidades: É un conto que lle ensina ós nenos e nenas os animas da granxa, que fai cada un e que aportan. Ten moitas ilustracións, e podemos traballar a estimulación visual, polo que eles interactuarán e son capaces de interpretar este conto dun xeito lúdico e divertido.

Podemos utilizar este conto nas aulas, posto que, sirve para poder traballar os animas que aprece no conto ou podemos engadirlle algún mais ca nosa imaxinación e combinacións , pediremoslle aos cativos que nos digan os animais que hay e que fan cada un de eles.