sábado, 29 de abril de 2017

¡Shhh! Tenemos un plan

Haughton, Chris (2014), ¡Shhh! Tenemos un plan, editorial: MILRAZONES, (+2 anos) [40 pp] (978-84-940479-8-5)

41%2BM2Quqz4L.jpg


Formato: trátase dun álbum ilustrado, de forma cuadrada e de tapas duras. As ilustracións do conto son increíblemente chamativas. A cor predominante é o azul, con moitas tonalidades escuras que evocan a noite. Os protagonistas tamén están representados con estas cores, por outra banda os páxaros están pintados con tonalidades vivas, cálidas e intensas, aportando unha explosión de cores que contrastan con todo o demáis. O texto é de cor branca.

1800133_665746613466960_1629418898_o.png

Contido: a historia comeza con catro amigos que deciden ir capturar paxaros. Cando están a punto de conseguilo o máis pequeno o estropea todo dicindolles “Hola”, asustando á presa e advertindo das súas intencións. Os demáis intentan facer calar ó pequeno e lle din “¡Shhh! Tenemos un plan”. Isto repítese varias veces, pero ó final é o máis pequeno o que ten o mellor plan para atrapar un paxaro.

Potencialidades: o texto do conto é mínimo, polo que o seu maior potencial reside nas imaxes e nas posibilidades para completar a historia, na imaxinación da persoa que o conta. A repetición é un elemento fundamental, polo que é moi fácil involucrar ós nenos na historia, facendo que interactuen co narrador e anticipen o que vai pasar.

1 comentario:


  1. Deberiamos recapacitar en porqué os maiores non deixamos de pensar que os mais pequenos non poden ter ideas brillantes e inxeniosas. Este libro pode axudarnos a facer comprender o que é traballar en equipo, implicar considerar a opinión de tódolos membros dun mesmo grupo, tendo en conta dende as ideas máis sinxelas... a aquelas máis complexas, pois todas as opinións poden formar parte da mellor estratexia.

    ResponderEliminar