venres, 28 de abril de 2017

¿Un gato?

Van Genechten, Guido (2003), ¿un gato?, ilust. Guido Van Genechten, Zaragoza: Edelvives, col. veo veo, (+3 meses) [10 pp.] (ISBN: 978-84-263-5095-4).

Breve descrición do formato e contido da obra: Conto infantil que podemos clasificar como álbum ilustrado, neste caso, só contén imaxes. Nesta col. a pregunta do título, ¿Un gato?, dá sentido á sucesión de imaxes do álbum.
Presenta un formato despregable, rectangular e  de pouco volume. As tapas son brandas e de cantos redondeados.
 Na cuberta aparece a personaxe principal, un gato, que dará cabida ao resto de personaxes animais. O gato parece que quere saír dunha ventá, como xogo ao que o propio nome da colección indica, veo veo. Na parte superior aparece o nome do autor Guido Van Geenechten.
 O título está situado na parte inferior do libro, con fórmula interrogativa, en cor vermella e mais abaixo o nome da editorial: Edelvives.
A contracuberta, trae os nomes da colección veo veo: ¿una rana?, ¿un caracol?, ¿un  ratón?, ¿un gato?, e nos convida a usar  a frase: !non, é un...!. Explícanos como ao despregar  a cartolina o animal da cuberta transfórmase noutros catro diferentes. Tamén aparecen os datos correspondentes a editorial, Autor, ISBN, etc.
As páxinas mostran fondos azulados, que continúan dunha páxina a outra, e representa o ceo e o mar dependendo do tipo de animal que se amose. A cor verde tamén ten cabida, ven sexa como adorno decorativo, como pode ser o colar do gato, ou en forma de planta. A cor máis importante que presentan as ilustracións é a laranxa, que da continuidade os diferentes animais, a través dunha parte do seu corpo. As cores son rechamantes.  Os trazos dos debuxos asemellan que foron pintados con témperas. 
Para a presentación da historia, comeza coa imaxe dun gato laranxa alegre, o cal a súa orella esquerda esconde un segredo. Cando despregas o álbum cara a dereita vemos que a orella do gato forma parte do pico dun pato de goma.  Este á súa vez convértese nunha das ás dun papagaio. Este dá forma ao corpo dunha lura e finalmente aparece un tucano.



Aínda que o álbum no presenta texto, existe unha historia para cada libro da col. Veo veo. Cando os mercas, trae unhas referencias que te levan a unha páxina onde podes adquirir dita historia. Estes dous exemplos son moi interesantes:
https://www.youtube.com/watch?v=NTYSOXnTREM –Destaca a súa musicalidade grazas á rima e ás repeticións, á hora de contar a historia.
https://www.youtube.com/watch?v=MIRO-SONHNI –Destaca pola imitacións dos sons dos animais.
Estas propostas son de carácter repetitivo é enumerativo. 

Potencialidades: o álbum ilustrado sen palabras, promove a creación de historias de carácter libre. O título é importante para interpretar o sentido do álbum. Coa partícula que nos ofrece a contracuberta: "!non, é un…!", os nenos poden  enumerar os diferentes animais. Por exemplo: ¿un gato?, !non é un pato!.
A partir das imaxes, dános pé a interpretar e a imaxinar o que pode suceder cos diferentes animais, que teñen en común, e á súa vez, cales son ás súas diferenzas.
Promove a interacción dos nenos de forma activa, dando como resultado, distintos sentidos da historia, segundo as experiencias dos máis pequenos.
Debemos ter en conta que nun primeiro contacto, o álbum ilustrado presenta de esquerda a dereita os distintos animais (gato, pato, papagaio, lura e tucano). Máis unha vez coñecidos todos, á historia pódeselle dar a volta  e comezar polo tucano. É unha elección que os nenos poden levar a cabo.
Para os máis pequenos,  poden describir as características dos animais, e idear historias, que segundo a idade, vaian do simple ao máis complexo. Para nenos aínda máis pequenos, favorecer o desenvolvemento dos sentidos, como a vista, a través dos debuxos e as cores, e do oído dicindo o nome do animal ou contando unha historia, coma os exemplos  anteriormente propostos. Podemos imitar o son dos diferentes animais, como o gato ou o papagaio e realizar diferentes recursos que presenten a forma das personaxes desta historia, a través de varias texturas, que favorezan o sentido do tacto.

Ningún comentario:

Publicar un comentario