Giancarlo Macri (2016).Soy un punto, ilustr.Carolina Zanotti , Barcelona:San Pablo (4+), [48pp],
(ISBN: 978-84-2854-906-6).
Atopámonos ante un álbum ilustrado, cun formato cadrado, de tamaño mediano e sen cantos redondeados. Está encadernado con tapas duras feitas de cartón mentras que as páxinas do interior son de papel fino.
Na cuberta, podemos observar un fondo con puntos negros e brancos onde se encontra o título do libro Soy un punto, mentras que na contracuberta aparece o nome da editorial e unha frase que pon: "Os puntos ensínanos que un mundo mellor é posible", polo que podemos anticiparnos ao contido da obra.
Trata sobre a aventura duns puntos negros e brancos que se atopan para construír un mundo mellor. O primeiro en aparecer é un punto negro nunha páxina en branco, este ten moitos amigos, comida e diversión mentres que na páxina da esquerda aparece un punto branco o cal vive nun mundo de inxustizas e soidade asique pidelle ao punto negro se pode ir él e os seus amigos a súa páxina. Este di que sí, pero como non hai espazo para todos son os puntos negros os que se mudan a páxina da esquerda para proporcionarlles todo o que lles fai falta.
Este libro conta con ilustración orixinais feitas integramente a man nas que predominan as cores en branco e negro. Por outro lado, contan con sinxelos e pequenos textos en negriña para chamar máis a atención e a curiosidade do lector que axudan a interiorizar valores como a solidaridade e a amizade.
Potencialidades:
É unha obra que, baixo a súa aparente sinxeleza, ten un gran transfondo xa que é ideal para que os pequenos empecen a coñecer a realidade a través dunha forma gráfica onde podemos traballar valores como a amizade, a solidaridade e a fraternidade.
Nos tempos que corren, mais que nunca é importante axudar aos nenos/as a comprender conceptos como a desigualdade, inmigración...xa que na actualidade nas escolas podemos atopar cativos de diferentes clases sociais, países, relixións etc,polo que é importante fomentarlles desde pequenos a importancia de respectar ao outro, a compartir, a prestar axudar cando o necesiten e a convivir en paz e armonía, xa que ao final dá igual a cor de pel que teñamos, o idioma que falemos ou a clase social na que nos encontremos porque todos somos iguais.
É un conto recomendado para educación infantil posto que case todos os debuxos son fácilmente interpretados para os nenos/as xa que as imaxes falan por sí soas. Non só é característico pola sua sencillez e orixinalidade senon que ten un mensaxe claro que todos deberiamos ter en conta na nosa vida como é: "Coa axuda dos demais creamos un mundo mellor"
Ningún comentario:
Publicar un comentario