Ismail, Yasmeen (2014), Unas
gafas para Rafa, traduc. Macarena Salas (2015), Barcelona: Corimbo, (a
partir de 2 anos), [36pp.] (ISBN: 978-84-8470-508-6).
Breve descrición do formato e contido da obra: pola súa estrutura
interna podémolo clasificar nun álbum ilustrado, en relación co formato, é
cadrado de puntas redondeadas e tapa dura. As imaxes non se axustan moito a
realidade pero identifícanse os obxectos dos que fala o conto. Podemos
encontrar unha gran cantidade de imaxes complexas que non seguen ningunha orde,
sen embargo, as imaxes teñen unha gran diversidade de cores vivas que chaman a
atención, xa que se encontran sobre un fondo branco. Os personaxes teñen cara
de animal e corpo de persoa, estamos ante animais humanizados. As imaxes dan
máis información ó oínte, xa que o conto está constituído por frases cortas e sinxelas, polo que podemos
encontrar pouco texto. É un conto onde predomina o diálogo entre Rafa (o
protagonista) e os personaxes secundarios que adquiren un papel de
complementariedade. O conto transcorre en diferentes lugar ó longo dun día de
colexio do protagonista.
En canto ó contido, atopamos a
Rafa, un neno o que non lle gustan as súas novas gafas vermellas e non quere
que ningún o vexa cás súas gafas novas, sobre todo no colexio. Ó longo do día,
no colexio, Rafa intenta esconder as gafas de diferentes maneiras, pero non
atopou ningún lugar adecuado para escondelas. Nun dos momentos que intenta
buscar outro escondite para as súas gafas, atopa o chifro perdido da súa mestra que tanto
levaba buscado. A mestra dálle unha estrela dourada, dille que as novas gafas
funcionan moi ben, e os seus compañeiros dinlle que lle gustan as novas gafas.
Neste intre é cando se decata que non son ningunha vergoña as súas novas gafas
e vaise moi contento para a súa casa.
Potencialidades: con este conto, pódense
traballar os efectos positivos da diversidade e de ser diferentes uns de
outros. Por outra banda, tamén se pode traballar a autoestima, a diversidade de
opinións sen importar o que digan os demais, a resolución positiva de conflitos
internos que poidan ter os nenos/as coa súa imaxe debido a cambios importantes
na súa vida. Para finalizar, podemos destacar a importancia de traballar con
este libro os complexos dos máis cativos e o medo a que os demais se rían
deles.
Ningún comentario:
Publicar un comentario