venres, 28 de abril de 2017

Candy la ratita

Jacqueline, Rainaud (1993), Candy la ratita, ilust. Michel Rainaud, adap. Rosa Pichel, Madrid: Edtorial Hemma, (libro recomendado para nenos a partir de 1 ano), (ISBN: 2-8006-3549-5)


Breve descrición do formato e contido da obra: Álbum ilustrado cos cantos redondados, tamaño pequeno, tapas e follas duras e tamaño pequeno. Na cuberta podemos ver á nosa protagonista saudando, chama a atención a variedade cromática e a movilidade dos ollos,  que irán cambiando de animal segundo vaiamos pasando as follas.



Na contracuberta podemos ver ademais dos títulos doutros contos da colección a ilustración da paisaxe rural que deixa atrás a ratiña.


No interior, podemos ver como Candy se atopa con diversos animais mentres procura sen éxito un lugar onde durmir ata que atopa un zapato e decide quedar nel.


Potencialidades: Con este conto os nenos poden participar dicindo o nome dos animais que van aparecendo na historia ademais de poder xogar coa movilidade dos ollos do libro. Por outra banda tamén se xoga coa satisfacción de resolver un problema de forma autónoma. Outra potencialidade a nivel lingüístico desta historia é a práctica do son /z/ xa que inclúe palabras como: "pez,bucear, pecera, caparazón, espacio e zapato".


Ningún comentario:

Publicar un comentario