-Breve descrición do formato e do contido: atopámonos diante dun conto que trata a dislexia dunha forma natural e explica como se sinte o protagonista que neste caso, é un neno chamado Sam. O libro ten forma alargada e conta con duras tapas tanto na portada como na contraportada. As páxinas son grandes e conteñen moi pouco texto, pois os debuxos correspóndese moi ben ao que o protagonista está a contar e mesmo fai que nos transporte a ese mundo no que él vive.
Sam, ao igual que a súa nai é un neno con dislexia que aínda que ao principio se ve como enfadado e disgustado co que todo ao seu arredor existe, finalmente ve que hai moita xente que ten o seu mesmo problema e chegou moi lonxe. Iso, fai que o protagonista se pense as cousas dúas veces e de que vexa que a meta está nun obstáculo a superar, non nun muro que impide aos nenos e nenas con dislexia desarrollarse como eles queiran.
-Potencialidades: Tengo dislexia, é un libro que serve tanto para nenos como para adultos. Traballaríamos con el os primeiros anos de infantil pois, unha detección temperá pode evitar secuelas emocinais ante unha intervención tardía.
A dislexia é unha dificultade de aprendizaxe e é necesario que o sistema educativo teña en conta este tipo de alumnado para que poida alcanzar todo o seu potencial. Todas as persoas con dislexia son intelixentes, so precisamos saber cómo lles vai mellor aprender. Paréceme un conto interesante pois cada día nas aulas atopámonos con máis nenos con dificultades e con contos coma este axudamos tanto a eses nenos coma aos seus compañeiros e compañeiras a entender que porque sexamos diferentes ninguén é menos que o que está á nosa dereita ou esquerda.
Ningún comentario:
Publicar un comentario