Vanina Starkoff (2010), Bailar nas nubes, ilust. Vanina Starkoff, trad. Manuela Rodríguez, Pontevedra, Kalandraka Editora. [48 páx]. (ISBN 978-84-8464-742-3)
Breve descripción do formato e contido da obra: Este libro é un álbum ilustrado de forma rectangular, tamaño medio e tapas duras. Ten apenas moi poca letra, en cambio as imaxes son grandes e con moitas cores na que reprensenta a súa aldea.
Na cuberta aparece a nena no teito da súa casa cunha galiña nas pernas mirando cara as nubes. A súa casa está encima de dúas máis polo que se pode entender como a nena está contenta preto das nubes. O fondo e verde que representa o xardín e un cor beis o ceo. Por outro lado a contracuberta so aparece a ceo e o xardín con animais.
O conto narra a historia dunha nena que o seu soño era bailar cas nubes. Todas as mañas se pon no teito da súa casa para intentar tocalas, pero día tras día vanse instalando veciños novos e de diferentes culturas debaixo da súa casa e esta vai subindo. Un día logra chegar a elas pero dase de conta que non se escoita nada todo está en silencio, prodúcelle tristeza polo que decide baixar e volver a súa vida cos seus novos veciños.
Potencialidades: Este conto trasmte que ata os soños máis remotos se poden facer realidade. Mentres os perseguimos, aprendemos sobre multiculturalidade e convivencia, rodeados do colorido deste álbum que bebe das fontes do folclore latinoamerican
o. Este libro transmite os valores sobre o intercambio cultural e o respeto entre persoas de diferentes procedencias. Podemos traballar con el a amizade, a mestizaxe, a multiculturidade, a convivencia, a tolerancia, os soños... e así como decirlle aos nenos/as que sempre hai que loitar polos teus soños sexa o difícil que sea, xa que todo se pode lograr.
Ningún comentario:
Publicar un comentario